Ángel Senra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 Barro, España |
Morte | 2 de abril de 1932 (71/72 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Alcalde da Coruña | |
17 de abril de 1931 – 26 de agosto de 1931 (dimisión) ← Antonio Lens Viera – Juan González Rodríguez → | |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político |
Ángel Senra Fernández, nado en Santa Cristina de Barro (Noia) en 1860 e finado na Coruña o 2 de abril de 1932, foi un empresario e político galego. Foi alcalde da Coruña en 1931.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como aprendiz e despois como operario en Brión, Santiago, Ordes e Oza dos Ríos. Estableceu o seu primeiro taller no Burgo. Trasladouse ao Portádego e de alí a Monelos, establecéndose finalmente na rúa da Alameda da Coruña. Pasou despois a Santo André e o Cantón Grande, onde instalou a súa primeira fábrica de calzado, que trasladou en 1912, a un local edificado nas hortas de Pernas. Durante a primeira guerra mundial subministrou ao exército francés. En 1924 montou unha gran fábrica de calzado na Parromeira. A fábrica chegou a exportar ata mil pares de zapatos diarios, unha gran parte para países suramericanos.
Membro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, durante moito tempo foi vicepresidente primeiro. Republicano, foi concelleiro e tenente de alcalde en varias corporacións. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado gobernador civil interino. E o 17 de abril foi elixido, por unanimidade, alcalde da cidade. Mantívose no cargo ata o 26 de agosto de 1931, cando presentou a súa dimisión por motivos de saúde. Faleceu un ano despois.
Predecesor: Antonio Lens Viera |
Alcalde da Coruña 1931 |
Sucesor: Juan González Rodríguez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Empresario modelo y alcalde republicano artigo en La Voz de Galicia (en castelán)