Saltar ao contido

Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Modelo de ano

[editar a fonte]

Creei un novo ano, 1412, e collín o modelo, no que agora está incluído o template de

< Século XIX Século XX Século XXI >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00

; entón collín e fixen o

< Século XIV Século XV Século XVI >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00
e incluíno e comecei a cambiar e incluílo en outros anos do século. pero atopei que ahi outro template que se solapa con el, Modelo:NavegadorAnos8; coido que se debera de retirar un dos dous. Que vos parece?--Agremon(contacto) 21:51, 8 xaneiro 2006 (UTC)

5 anos de Wikipedia

[editar a fonte]

saíu no Wikizine que o próximo 15 a Wikipedia está de cumpreanos:

[Wikipedia Day] Sunday the 15th will once again be Wikipedia Day. 5 years of Wikipedia! If people are interested to do something to celebrate this, it is now high time to prepare.

http://thread.gmane.org/gmane.science.linguistics.wikipedia.misc/26214 http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikipedia_Day

Marcador CategoríaOficial

[editar a fonte]
  • Como un elemento de axuda no proceso de revisión da Galipedia, para distinguir aquelas categorías que están de acordo co proceso de debate, harmonización, e elaboración dun mapa de categorías coherente e unitario temos o marcador {{CategoríaOficial}}. As categorías marcadas con este modelo de marcador son as categorías oficiais da Galipedia que están reseñadas en Wikipedia:Categorías (xunto con aquelas aprobadas de xeito implícito). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:17, 12 febreiro 2006 (UTC)
Existe alguma página que relacione automaticamente as páginas não-categorizadas? A special:uncatogerizedpages demora para atualizar... --Slade T 18:42, 12 maio 2006 (UTC)
  • Creamos hai pouco a categoría Category:Pendente categoría para poder controlar mellor as páxinas que nos quedan por categorizar pero polo de agora usámola moi pouco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:47, 12 maio 2006 (UTC)
Tomei a liberdade de criar template:sencat, o que automaticamente categoriza páginas sem categoria apropriada. --Slade T 19:02, 12 maio 2006 (UTC)

Userboxes

[editar a fonte]

Estou a facer etiquetas de usuarios (userboxes) na páxina Wikipedia:Etiquetas de usuario e fai falta xente. Algún interesado? --MiguelSR 21:54, 19 marzo 2006 (UTC)

  • Na wikipedia inglesa estase a debater unha política sobre userboxes dada a proliferación de marcadores dese tipo. Na miña opinión as etiquetas Babel teñen sentido na medida que informan aos usuarios do wiki en que idiomas poden comunicarse cos outros, pero unha proliferación de etiquetas de todo tipo pode ser contraproducente. Quizais sería mellor abrir un debate sobre o tema antes de continuar creando etiquetas de usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:18, 19 marzo 2006 (UTC)
  • Estou de acordo con Prevert, na wiki inglesa os userboxes están proliferando dunha forma desmesurada (aínda que eu mesmo teño postos "uns cantos" na miña páxina de usuario). Deberiamos debatilo con calma e, polo menos, por certos límites --Alyssalover(fálame) 17:00, 20 marzo 2006 (UTC)
  • Penso que deberan estar en uso só aquelas caixas de usuario que supoñan unha información útil para os outros colaboradores: por exemplo a de localización, se alguén está facendo un artigo dun concello determinado pódelle ser útil preguntar a alguén que resida nese concello; área de coñecemento: por exemplo unha caixa que diga que un é cristián ou ateo non é algo que beneficie a outros, pero si unha caixa que diga que un ten coñecementos sobre o cristianismo ou o ateísmo, ou sobre a física, ou a historia...--Rocastelo(fálame aquí) 18:14, 20 marzo 2006 (UTC)
  • Non ten sentido común este estilo de caixas, o usuario que (inclinándome o que dí Rocastelo) podeo reflexar na súa páxina de usuario; e xa postos o tema. Que tal unha minibiografía de cada un de nos?. Aposto a que ninguén esta dacordo neste aspecto. Como xa o espresaba enriba, segue a non ter sentido que unha persoa lle guste unha cor (non tendo en conta que en determinados momentos lle poidan atraer outras cores segundo o seu estado de ánimo). Estes determinados templates restamlle credibilidade a "cromoterápia" que, xa saberedes, adicase a mellora da saúde a persoa utilizando as cores sengun o estado de ánimo da mesma en determinadas situacións. Polo que abogo que non vai a pena facer este tipo de caixas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:16, 20 marzo 2006 (UTC)
  • Estou de acordo co exposto ata agora, unha das vantaxes deste proxecto —que asumen a maioría dos colaboradores— é traballar cun obxectivo común con independencia das opinións e crenzas personais. Que as páxinas se enchan de caixas que clasifiquen aos usuarios en distintas categorías penso que é perxudicial. Iso non quere dicir que cada persoa non poida incluir a mesma información das caixas dun xeito individual como apunta Xelo2004, pero sería moi distinto a promover a clasificación dos usuarios en categorías. Concordo tamén coa idea como di Rocastelo dunha orientación das caixas á procura de utilidade e non aos gustos ou crenzas. Un cordial saludo. --Prevert(talk) 15:52, 21 marzo 2006 (UTC)
MiguelSR, basta salvar suas userboxes com código puro. --Slade T 18:42, 12 maio 2006 (UTC)

Voz de Galicia

[editar a fonte]

edmund hillary

[editar a fonte]

Na lista de artigos que toda galipedia debera ter, aparece como un deles o de "Edmund Hilary". O problema é que o seu apelido é con dúas "l". Eu non sei cambiar isto, que o cambie algúen que sepa que eu escribo o artigo

En galego, por favor

[editar a fonte]

Paréceme moi ben que haia determinados usuarios que estén a favor do emprego de formas portuguesas nesta páxina (formas como "nom"). Permítanme recordarlles que esta é unha páxina en galego, e non en portugués: as formas que empregades non son galegas nin o serán ata que as admita a Real Academia Galega. Polo tanto, facede o favor de escribir de forma correcta

  • Estupenda observación, pero polo que vexo, no te paraches a leer ben as normas da wiki xa que coido que nelas expresase ben claro que entre todos facemos artigos, pero tamén é deber de todos correxilos (sexa ortografía ou gramática). Se viñeches e espoñelo caso, tamén podías haber feito a corrección, non?. Por outras, non é de boa educación espoñelas cousas e non firmalas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:43, 21 maio 2006 (UTC)
  • Slade é brasileiro, e o seu uso do portugués non ten nada que ver con sexa partidario dun xeito de escribir ou doutro. A súa contribución está sendo de moita axuda no mantemento do wiki. Non se adica a editar artigos porque como él mesmo manifestou non ten suficiente coñecemento do galego. Que escriba nas páxinas de discusión ou mesmo nesta páxina en portugués non ten que ser ningún problema. Todo o que chega á Galipedia con ánimo de axudar é benvido e na miña opinión é iso o que está facendo Slade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:49, 21 maio 2006 (UTC)
Eu só não escrevo em galego porque não sei, se soubesse é claro que escreveria. Até já consegui decorar algumas palavras para montar introduções nos artigos aqui da Galipedia. Entendo galego e acho que isto não deve ser um empecilho neste projeto (que eu estou tentando ajudar). --Slademsx 22:30, 21 maio 2006 (UTC)

Sintoo, Slade. Tes razon. Vaian por diante as miñas desculpas. De todas formas, eu non sabia de onde eras. Pero ó feito, peito: fun eu, e estivo mal o que dixen. Supoño que non o pensei ben. Un saúdo. Norrin_Strange

Coordenadas dos colaboradores

[editar a fonte]

Slade creou un mapa para situar os colaboradores da Galipedia (polo de agora está en probas). Quen queira engadirse pode facelo na páxina User:Slade/Cartografia. Na páxina hai instrucións sobre como facelo, pero se alguén quere situarse no mapa e ten dificultades pode preguntar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:37, 23 maio 2006 (UTC)

Pais Vasco

[editar a fonte]

Se buscamos Pais Vasco na Galipedia, atopámonos cunha definicion que non se adecua ben a realidade. O autor do artigo identifica Pais Vasco con Euskal Herria. Teño que dicir que estou case completamente de acordo co artigo, pero deberíase titular Euskal Herria e deixar o nome Pais Vasco para o que é actualmente Euskadi (para o que esta actualmente recoñecido).Por outra parte, se a memoria non me falla, a bandeira correspondente á totalidade de Euskal Herria non é a mesma que a oficial da actual de Euskadi. Espero que se faga algo, xa que eu non sei como facelo

Norrin strange
  • A bandeira é a mesma tanto para a Comunidade Autónoma coma para o territorio histórico. Sobre o que di Norrin Strange, non estou moi dacordo en chamarlle Euskal Herria ao artigo xa que en galego temos a propia traducción. Deixeime aconsellar polo modelo doutras wikipedias e penso que é o máis correcto. Saúdos, --Porto 13:56, 30 maio 2006 (UTC)
  • Creo que pode resultar tremendamente desconcertante para calquer internauta que o mire que se lle chame ó que é Euskal Herria País Vasco, porque este é o nome oficial da comunidade autónoma que hai co nome de comunidade autónoma vasca. Ademais, País Vasco nin sequera é unha fiel traducción de Euskal Herria, porque este nome tradúcese literalmente ó galego por Pobo Vasco, según teño entendido. --O Tin 15:11, 30 maio 2006 (UTC)
  • Paréceme un error que o usuario Porto (cuxo traballo sobre provincias que formarían Euskal Herria me parece moi bo e moi positivo) califique ás provincias que formarían Euskal Herria como provincias históricas. Se ben se fala vasco neses lugares, nunca pertenceron históricamente a ningún país para ser así chamadas. Durante a Idade Media, existía o Reino de Pamplona, que se ben abarcaba o que sería a Heuskal Herria actualmente español, non tiña as 3 provincias francesas que se tratan de históricas. Cando existía o reino de Navarra, tiña o territorio actualmente francés de Ultraportos, mais as provincias que forman hoxe a comunidade autónoma vasca xa eran do reino de Castela. As outras dúas provincias actualmente francesas que son dúas das provincias históricas de Eukal Herria foron sempre francesas ou, se retrocedemos máis no tempo, tribus desunidas de vascos, que nunca formaron un territorio unificado. Polo tanto, non me parece correcto que sexan calificadas como provincias históricas. --O Tin 16:37, 30 maio 2006 (UTC)
  • Non penso que sexa un erro calificar a Euskal Herria de territorio histórico (creo que non aparece por ningures o termo "provincia histórica"). É ben certo que pode crear confusión entre a Comunidade Autónoma e o territorio histórico vasco, pero é que é dese xeito, e a xente ten que aprender a diferencialos a pesar da coincidencia no nome. Nos artigos aclárase esa posíbel confusión, ademáis de ampliar o apartado de "ver tamén" para unha posíbel dúbida. A información saqueina da wikipedia catalana, vasca e inglesa; e en ningunha delas atopei problemas de parcialidade nas súas páxinas de discusión. Iso é todo. Por certo, a palabra "herria" tradúcese como patria ou país. --Porto 11:07, 1 xuño 2006 (UTC)


Penso que cando algun usuario di que Euskal Herria non son provincias históricas esta equivocado. Son provincias históricas no sentido de que sempre falaron a lingua vasca, ainda que hoxe en dia o seu número de falantes. Non esta claro que fosen unidade politica pero si natural. pOr iso penso que a clasificacion esta ben feita. Norrin Strange

Novas estatíticas

[editar a fonte]

O 23 de maio publicaronse as novas estatísticas baseadas no estado da base de datos o 10 de maio de 2006. Poden consultarse neste enlace. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:04, 25 maio 2006 (UTC)

Provincias españolas

[editar a fonte]

Dinme conta hai pouco do escaso número de artigos sobre as provincias de España que hai na Galipedia. Conteinas e hai 35 provincias españolas sen artigo. Anuncio que intentarei facer un artigo con cada unha delas. Se hai uns cantos usuarios ós que lles interese a xeografía e queiran colaborar, entre todos tardaríamos moito menos en cubrilos todos. Saúdos. --O Tin 18:46, 25 maio 2006 (UTC)

Traductor

[editar a fonte]

Aquí vos deixo un traductor (cuya dirección me du un usuario na miña páxina de discusión), por se non tedes nada que facer e vos apetece colaborar ca wikipedia. O malo é que solo hai para as linguas ibéricas romances. E diredes ¿e qué me sirve a min ese traductor, que total xa entendo o castelán e podo traducir artigos sin ter un traductor? Pois na máis que hai que leer o artigo para ver se traduciu todo correctamente, porque é moi bo. Acabo de traducir un artigo con este traductor: Krak dos Cabaleiros. Bueno, xa me estou enrollando. Aquí esta o traductor:

¡Veña, a qué esperades, a facer máis artigos! :-). Saúdos --O Tin 18:01, 29 maio 2006 (UTC).

  • Moi bo o do traductor, e agradéceseche o consello, pero tamén hai que pararse un pouco e ollar as traducción que fai xa que sempre quedan elemento non ben traducidos. Outras das visión particulares que temós na Galipedia é procurar (na medida das nosas posibilidades) engrosa-la información proveñente das wiki's de fora con máis información doutros puntos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 18:56, 29 maio 2006 (UTC)
  • Subscribo o dito por Xelo. A Galipedia non só debe fornecerse de traduccións, senón ter entidade propia no que ó enriquecimento se refire. Un bo punto de partida pode ser o artigo doutra wikipedia, pero a partires daí completar de xeito independiente.
  • Eu de feito a maioría dos artigos que fixen foron a base de documentación obtida de moitas páxinas web ou libros. Pero se os das outras wikipedias traducen os artigos da Galipedia, nós tamén temos dereito a facelo, ¿non? --O Tin 17:06, 3 xuño 2006 (UTC)

CommonsTicker

[editar a fonte]

Xa está en funcionamento o Wikipedia:CommonsTicker, un sistema para facer un seguimento das imaxes de Commons inseridas na Galipedia. Se vedes que en Commons eliminaron algunha das imaxes que está nalgún dos artigos da Galipedia, por favor retirade o enlace á imaxe da páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:32, 1 xuño 2006 (UTC)

Template:Illados

[editar a fonte]

En Special:Lonelypages poden atoparse aquelas páxinas coas que non enlaza ningún artigo, tamén se pode comprobar na ligazón do lateral esquerdo Páxinas que ligan con esta. Se unha páxina está orfa pódese usar o marcador {{Illado}} para indicalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:05, 1 xuño 2006 (UTC)

Novas lapelas

[editar a fonte]

De xeito provisorio, para mellorar a xestión das imaxes, engadín unhas cantas lapelas contextuais como hai en Commons para poder facer un seguimento das imaxes máis sinxelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:40, 2 xuño 2006 (UTC)

Premio á Galipedia

[editar a fonte]

A III Edición das Resakas das Letras, premio que concede a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, premia á Galipedia como mellor sitio web en galego [2]. --Rocastelo(fálame aquí) 20:58, 2 xuño 2006 (UTC)

Nacións

[editar a fonte]

Quixera saber por que desfixeron as miñas edicións en Bretaña, Escocia, Asturias...O cambio que fixen foi definilas como nacións e, no caso de Escocia, nomear ás outras tres nacións presentes na Illa de Gran Bretaña. Segundo a maioria dos diccionarios, lingüistas e escritores, unha nación é unha "Comunidade de individuos cunha lingua, territorio, vida económica e idiosincrasia colectivos, con vínculos culturais e historia común". Tanto Bretaña como Asturias cumplen esta definición. Polo tanto paréceme inxusto que se cambie isto.

Norrin_Strange

Se nos atamos á definición de diccionario esa definición é moi ampla, e polo tanto inútil. Os albaceteños poderían ser nación ¿? Prefiro que decidan os máis veteráns. --Adalbertofrenesi 17:15, 15 xuño 2006 (UTC)

  • Tes razón todo o que dis, pero nación é un termo que, para ser incluído nunha enciclopedia, debería, na miña opinión, ser oficial. No caso de Escocia, Inglaterra e Gales, creo que son oficialmente nacións; pero ningún organismo oficial español recoñece a Asturias como nación, nin sequera a Cataluña (mentres non se aprobe o Estatut). Por certo, isto recórdame que nos artigos Galiza e Galicia (o outro, Galicia - Galiza utiliza nacionalidade histórica) lle chamamos nación a Galicia. E, ante todo, debemos de ser coherentes e, se lle chamos a Galicia nación, non borrar chamarlle nación a Asturias se alguén quere facelo (aínda que na miña opinión era millor respetar os termos oficiais). --O Tin -- Contradíceme se te atreves 17:22, 15 xuño 2006 (UTC)
  • Ningún membro do Parlamento asturiano reclama a definición de Asturias como Nación. Só unha pequena parte da poboación, sen representación parlamentaria, o fai. A lingua (neste caso a asturiana) é un dos máximos elementos diferenciadores dunha nación, e neste caso non está extendida polo territorio e nin ten status oficial no Principado, por non dicir moitas cousas máis... Sería inxusto para os asturianos dicir que Asturias é unha nación cando nin sequera unha parte representativa da sociedade asturiana o reclama. No caso de Galicia hai un sentimento popular apoiado polos dous partidos políticos do actual goberno, os cais representan a máis da metade da sociedade galega, que está dacordo en recoñecer a Galicia como unha nación. --PortoFaládeme aquí 18:23, 15 xuño 2006 (UTC)
  • Non me gusta entrar neste tipo de discusións porque penso que requiren moita enerxía cando hai unha chea de temas que están abertos e necesitan atención. Ademais dificilmente se pode atopar unha solución satisfactoria para todos. A cuestión principal ten que ver cun dos principios fundadores da Wikipedia, o Punto de Vista Neutral (Wikipedia:Neutral point of view -en inglés-), iso significa que temos que renunciar a un punto de vista propio en busca da neutralidade, incluso ás veces procurando unha redacción aséptica. Todo iso vai en beneficio da credibilidade do proxecto e mesmo fai que sexa útil. A cuestión sobre si utilizar o termo nación ou non referido a certos territorios penso que ten que ver máis con cuestións xurídicas que con outro tipo de consideracións. Segundo iso chamar nación a Asturias sería inapropiado, e no caso de Galicia, País Vasco e Cataluña utilizar a expresión Nacionalidade Histórica debería ser suficiente, sobre todo tendo en conta que segundo as declaracións dalgunhas das persoas que redactaron a Constitución de 1978 ese termo agocha precisamente o sentido de Nación. No caso de Cataluña axiña saberemos se incorporar Nación está vixente ou non. Fago todas esas consideracións independentemente da miña opinión personal, de feito espero que a redacciónn desta mensaxe non de a entender que sexa unha ou outra. O que si creo que se pode facer para solucionar o tema e mellorar os artigos Nación, Nacionalidade Histórica e mesmo chegar a un acordo sobre o contido dalgúns artigos aos que afecta este debate e nos que están abertas outras discusións tanxenciais. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:29, 16 xuño 2006 (UTC)

Cornualles-Kernow

[editar a fonte]

Xa fixen a páxina Cornualles-Kernow. O problema é que en moitos casos hai tamén a entrada "Cornualles" que hai que dirixir cara a "Cornualles-Kernow". Eu non o fixen porque non sei. Por favor, que alguén o faga. Norrin Strange.

Rematou a primeira fase da revisión de imaxes, comeza a segunda

[editar a fonte]

A primeira fase da revisión de imaxes rematou co marcado e clasificación de centos de imaxes. Quero dar as grazas a Rocastelo e Lmbuga polo enorme traballo feito para conseguir marcar todas as imaxes pendentes. Comeza agora a segunda fase coa revisión das imaxes Sen Licenza e Sen Orixe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:50, 23 xuño 2006 (UTC)

Wikiproxecto NBA

[editar a fonte]

Pois iso, para facer, digamos..., oficial o traballo que estou -e continuarei- a facer coa NBA, creei este Wikiproxecto. Xa sei que quizá non é dos máis necesarios na Galipedia, pero é o único no que ademáis de traducir, podo ampliar algo. Un saúdo. --Fryant 03:54, 27 xullo 2006 (UTC)

Ata o xoves 20 de setembro está aberto o proceso de votación para substituír a Angela (que dimitiu recentemente) no Consello de Administración (Board of Trustees) da Fundación Wikimedia. O Consello encárgase de axudar a marcar as directrices da Fundación e de tomar descisións coma aquelas referidas á distribución dos fondos.

Para poder votar é preciso ter realizado 400 edicións como mínimo. Só pode votarse desde un dos proxectos aínda que se teña ese número de edicións tamén en outros. É moi importante participar porque dita participación serve para comprobar a implicación dos proxectos locais no conxunto dos proxectos Wikimedia, por iso anímovos a que emitades o voso voto. Quedo á vosa disposición para aclarar calquera dúbida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:07, 1 setembro 2006 (UTC)

Non sei como cambia-lo aquel que parece en cada páxina, pero vou intentar traducir a páxina das eleccións (candidates 2006/Gl) en Meta.--Dannycas 08:37, 2 setembro 2006 (UTC)

Non sei como cambiar nada en Meta, pareceme moi complicado. --Dannycas 08:49, 2 setembro 2006 (UTC)

Creei a páxina meta:Elections for the Board of Trustees of the Wikimedia Foundation, 2006/Gl para comezar a tradución galega das páxinas referidas á elección. A partir de aí podemos ir creando o resto das páxinas que faltan se somos capaces de facer todo o traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:58, 5 setembro 2006 (UTC)

non teño moito tempo para ler todos os programas, sabedes se hai algún candidato especialmente sensibilizado coas linguas minorizadas?. Graciñas.--Nanotrasno 12:07, 6 setembro 2006 (UTC)

Estamos traballando en Meta na tradución das presentacións de cada candidato, en canto estean listas poremos un enlace aquí. Se houbera tempo quizais se pudera facer un resumo do conxunto dos candidatos (non o aseguro). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:18, 6 setembro 2006 (UTC)

Importación entre wikis activada

[editar a fonte]

Desde hoxe a importación entre os proxectos en galego está activada (Galipedia, Galizionario, Galicitas, Wikisource, Galilibros), iso signfica que poden transferirse automaticamente páxinas entre os wikis sen perder o historial de edicións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:44, 16 outubro 2006 (UTC)

Blog da Galipedia

[editar a fonte]

Os 20.000 artigos trouxeron outro espazo para a reflexión e o debate, o Blog Galipedia. Está en http://galipedia.blogspot.com Abriu hoxe precisamente coa nova do artigo 20.000. Por certo, tamén hpode verse outro logo novo alí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:48, 5 decembro 2006 (UTC)

Template:cita libros

[editar a fonte]

Ola. Despois de facer Template:Cita libros polas citas de Físico-Química, atopo que vai referido dereitamente ó ISBN, co que debe haber unha plantilla anterior equivalente. Non sei se hai unha lista de templates e polo tanto, non podo procurar se existe unha plantilla equivalente ou non para tentar facer as correccións ou redireccións pertinentes. Existe a lista?--Agremon(contacto) 20:07, 30 decembro 2006 (UTC)

MediaWiki converte directamente o ISBN nun enlace sen necesidade de ningún template. Por outra banda os modelos están clasificados na categoría Marcadores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:17, 30 decembro 2006 (UTC)