Vitoria Ogando
Aparencia
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1956 (68 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora, wikimedista |
Familia | |
Cónxuxe | Anxo González Guerra |
Fillos | Paulo González Ogando |
Premios | |
| |
María Vitoria Ogando Valcárcel, nada en Buenos Aires o 2 de xuño de 1956, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con cinco anos, trasladouse a Ourense por mor da morte do seu pai. Estudou o bacharelato no IES Rosalía de Castro de Santiago e logo Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente de lingua e literatura galegas no IES Valle Inclán de Pontevedra até a súa xubilación.[1] Dende 2005 coordina canda o seu home, Anxo González Guerra, a páxina web ogalego.eu. Dende 2017 colabora de forma activa na Galipedia.
En 2018 Vitoria e Anxo foron galardoados co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra[2] e en 2021 co Premio Cidade de Pontevedra.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Tradución: Que fai o poder no teu leito?. Galiza Editora, 1986, Sanxenxo. ISBN 84-86129-07-9.[4]
- Colaboración en: Dicionário da lingua galega de Isaac Alonso Estraviz et al.. Alhena, 1986, ISBN 84-7707-000-8.
- Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Anxo González Guerra). ISBN 978-84-86531-36-1
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vitoria Ogando Valcárcel: «Hai alumnos que me lembran porque lle dei valor a que falaran galego»". Programa Prensa-Escuela. 2021-11-30. Consultado o 2021-12-09.
- ↑ "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018.
- ↑ "Pleno de entrega dos Premios Cidade de Pontevedra 2021". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-01-22.[Ligazón morta]
- ↑ Do castelán ¿Qué hace el poder en tu cama?, 1981, de J. Vicent.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitoria Ogando |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.ogalego.eu, páxina web adicada á lingua galega.
- galegos.galiciadigital.com