Saltar ao contido

Isaac Alonso Estraviz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaac Alonso Estraviz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Vilaseca, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica, Filoloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX855441 AELG: 128 BUSC: alonso-estravis-isaac-1935 Dialnet: 1012005

Isaac Alonso Estraviz, nado en Vilaseca (Trasmiras) o 26 de xaneiro de 1935, é un lexicógrafo galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1947 ingresou como oblato no mosteiro de Oseira. Viviu en Francia, Alemaña e Navarra, onde traduciu ao galego os Salmos, e na súa estancia en Albacete traduciu as Encíclicas e o Misal. En Madrid estudou Filosofía pola Universidade de Comillas, e convalidou o título pola Universidade Complutense[2], onde foi alumno de Manuel Alvar López.

Licenciouse en Filoloxía Románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999, coa tese O Falar dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro[3]. É diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa [1]

Entre 1975 e 1977 deu clases de Lingua e Literatura Galegas no Ateneo de Madrid, e desde 1977 a 1984 na Irmandade Galega-Lôstrego desa cidade. Despois foi profesor de bacharelato na Rúa, Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, Santiago, Vigo, A Coruña, Ordes e desde 1987 en Ourense, no IES Otero Pedrayo. Foi tamén profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo desde 1992 nos campus de Pontevedra e Ourense.[4]

Foi membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL, partidaria do reintegracionismo) e do consello de redacción da revista Agália, na que publicou numerosos artigos. Publicou tamén en O Ensino, Encrucillada, Raigame e Grial,[4] Boletim de Filologia de Lisboa, Nós (Revista Internacional Galego-Portuguesa de Cultura), Temas de Linguística e Sociolinguística, Cadernos do Povo, Revista de Guimarães, A Nosa Terra.[5]

En 1986 formou parte da delegación galega que participou como observadora no Encontro sobre a Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa. É membro da Comissom Linguistica da Associaçom Galega da Língua, Vice-Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa e do Boletim da AGLP. Como lexicógrafo, é autor de varias obras sobre o léxico da lingua galega, destacando o Dicionário da língua galega, editado orixinalmente por Alhena (1986) e posteriormente nunha edición resumida por Sotelo Blanco (1995). Este dicionario apareceu inicialmente na normativa do galego chamada de reintegracionismo de mínimos, pero desde 2005 está dispoñíbel para consulta en liña na ortografía coñecida como reintegracionismo de máximos (máis próximo á ortografía da lingua portuguesa) e propugnada pola AGAL.[6]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Dicionarios

[editar | editar a fonte]

Conversas

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Os Salmos (1966). SEPT.
  • Pacem in terris, de Xoán XXIII (1968). SEPT.
  • Poppulorum progressio, de Paulo VI (1968). SEPT.
  • Concilio Vaticano Segundo. A eirexa no mundo moderno (1973). SEPT.
  • O problema político de Galiza, de Vicente Risco (1976). SEPT.
  • La Sibila, de Agustina Bessa-Luís (1981). Alfaguara.
  • Gran libro de San Cipriano o los tesoros del hechicero (1986). Akal.
  • Antonio de Puga, pintor ourensano na corte de Filipe IV, de Xesús Ferro Couselo (1996). Ourense: Livraria Torga.
  • De Roncesvales a Compostela: um percurso por valores, habilidades, recursos e atitudes, de Manuel Rivero Pérez (2008). Ourense. AGAL.
  • Lo siento mucho, de Nuno Lobo Antunes (2009). Santillana Ediciones Generales.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Isaac Alonso Estraviz Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-07-10. 
  2. "3. Cales son os referentes, as lecturas, que alimentan a túa obra e que circunstancias biográficas chas facilitaron?". AELG. 2017. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de xaneiro de 2022. 
  3. "Professor Estraviz". Estraviz. 
  4. 4,0 4,1 "Dicionário Estraviz - Professor Estraviz". www.estraviz.org. Consultado o 2022-07-10. 
  5. "Isaac Alonso Estraviz Museo da Limia" (en castelán). Consultado o 2022-07-10. 
  6. "Isaac Alonso Estraviz". Portal Galego da Língua - PGL.gal. Consultado o 2022-07-10. 
  7. "Isaac Estraviz, el religioso que confesó «bastantes veces» el pecado de hablar gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-21. Consultado o 2022-07-10. 
  8. "Isaac Alonso Estraviz obtén o Premio Brais Pinto da A. C. Auriense". AELG. 4 de decembro de 2014. 
  9. "Isaac Alonso Estraviz Prémio Arraiano Maior 2015". Academia Galega da Língua Portuguesa. 23 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2023. Consultado o 22 de abril de 2023. 
  10. "Isaac Alonso Estraviz recibirá a Medalla de Ouro da Deputación de Ourense". El Correo Gallego. Consultado o 2019-10-27. 
  11. "O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibe a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense". Novas do Eixo Atlántico. 2022-07-18. Consultado o 2022-07-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]