Viktor Onopko
Víktor Onopko | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Víktor Savélievich Onopko | ||
Nacemento | 14 de outubro de 1969 (54 anos) | ||
Lugar de nacemento | Luhansk | ||
Altura | 1.89 m | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1988–1991 | Shakhtar Donetsk | 48 | (1) |
1992–1995 | Spartak Moscova | 108 | (23) |
1995–2002 | Real Oviedo | 217 | (8) |
2002–2003 | Rayo Vallecano | 28 | (1) |
2003 | Alania Vladikavkaz | ||
2004–2006 | Saturn | ||
Selección nacional | |||
1992 | Selección de fútbol da CEI | 4 | (0) |
1992–2004 | Rusia | 109 | (7) |
Adestrador | |||
2009– | CSKA Moscova (asistente) | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Víktor Savélievich Onopko, nado o 14 de outubro de 1969 en Luhansk é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol ucraíno con nacionalidade rusa que xogaba na demarcación de defensa. No seu momento foi considerado como un dos mellores de Europa na súa posición.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro club profesional foi o FC Shakhtar Donetsk con apenas 19 anos, tres anos despois fichou polo Spartak Moscova, sendo unha peza clave no equipo que gañou tres tempadas seguidas a Liga rusa e alcanzou as semifinais da Liga de Campións. Militando no Spartak gañou o premio ao futbolista ruso do ano en 1993 e 1994.
En 1995 fichou polo Real Oviedo, onde militou sete anos. En 2002 fichou polo Rayo Vallecano antes de deixar a Liga Española ao ano seguinte. Retirouse en 2006 tras xogar na Liga rusa no FC Alania Vladikavkaz e no FC Saturn.
No ano 2007 asumiu o cargo de Director Deportivo da Unión de fútbol de Rusia, posto que desempeñou ata 2009, cnado pasou a ser segundo adestrador do PFC CSKA Moscova, por aquel entón dirixido por Juande Ramos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
- Nados en Luhansk
- Nados en 1969
- Futbolistas da Unión Soviética
- Futbolistas de Rusia
- Futbolistas de Ucraína
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Shakhtar Donetsk
- Xogadores do FC Spartak de Moscova
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores da selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes
- Xogadores da selección de fútbol de Rusia
- Directores deportivos de fútbol