Saltar ao contido

Vespoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vespoidea»)
Vespoideos
Vespoidea

Vespula vulgaris, a avespa común
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Vespoidea
Latreille, 1802
Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos vespoideos (Vespoidea) é unha superfamilia de insectos himenópteros, unha das integradas na suborde dos apócritos.[1][2]

Os membros máis coñecidos deste taxon son as avespas e as formigas.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Crustacés et des Insectes, Tome Troisième.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Vespoidea está formado pola unión dos elementos Vesp- e -oidea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Vespa, e o segundo é o sufixo empregado na formación dos nones das subfamilias de animais.[5]

A subdivisión da superfamilia en familias estivo controvertida durante moito tempo. Na actualidade (2021), segundo o ITIS e o BioLib, considéranse as seguintes:[1][2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome válido na actualidade, a superfamilia coñeceuse tamén polos sinonimos:[2]

  • Formicoidea
  • Pompiloidea
  • Scolioidea
  • Tiphioidea

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Estudos xenéticos recentes indican que o grupo necesita unha profunda revisión taxonómica. Rhopalosomatidae e Vespidae son clados irmáns dentro dos vespoideos. Á súa vez, este grupo é irmán das restantes avespas (e abellas) vespoideas e apoideas. Ademais, os Apoidea están dentro dos Vespoidea, o que suxire que hai que desmantelar a Vespoidea (sensu lato) e formar unha serie de superfamilias menores: Formicoidea, Scolioidea, Tiphioidea, Thynnoidea e Pompiloidea, incluíndo unha Vespoidea de definición máis estreita. Finalmente, as familias Mutillidae, Tiphiidae e Bradynobaenidae parecen ser parafiléticas.[3] Outro estudo recente confirma a necesidade dunha revisión das relacións a alto nivel, aínda que as relacións dos grupos menores dentro de Vespoidea van ben co patrón orixinal do estudo de 2008, incluídos os grupos parafiléticos Bradynobaenidae e Tiphiidae.[6]

Posición filoxenética posíbel dos vespoideos nos aculeados

[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma propón unha posición filoxenética probábel dos vespoideos nos aculeados.[7]

Aculeata

Chrysidoidea

 
 

Vespidae

Rhopalosomatidae

 
 

Pompilidae

Tiphiidae

 

Scoliidae

 

Apoidea

Formicidae

  1. 1,0 1,1 Vespoidea no ITIS. Consultado o 29 de xuño de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vespoidea en BioLib. Consultado o 29 de xuño de 2021.
  3. 3,0 3,1 Pilgrim, E. M.; von Dohlen, C. C. & Pitts, J. (2008). "Molecular phylogenetics of Vespoidea indicate paraphyly of the superfamily and novel relationships of its component families and subfamilies". Zoologica Scripta 37 (5): 539–560. 
  4. Superfamily Vespoidea Latreille 1802 Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  5. Vespoidea no Merriam-Webster Dictionary.
  6. Johnson, B. R. (2013). "Phylogenomics Resolves Evolutionary Relationships among Ants, Bees, and Wasps". Current Biology 23 (20): 2058–2062. 
  7. Johnson, Brian R.; Borowiec, Marek L.; Chiu, Joanna C.; Lee, Ernest K.; Atallah, Joel; Ward, Philip S. (2013). "Phylogenomics resolves evolutionary relationships among ants, bees, and wasps". Current Biology 23: 1–5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]