Saltar ao contido

Unión do Magreb Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUnión do Magreb Árabe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Creación1989 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmaghrebarabe.org Editar o valor en Wikidata

A Unión do Magreb Árabe (en árabe: اتحاد المغرب العربي, Ittiḥād al-Magrib al-ʿArabī) é un acordo de interacción comercial asinado o 17 de febreiro de 1989 en Marrakech polos xefes de Estado de Marrocos, Alxeria, Tunisia, Mauritania e Libia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A súa orixe inmediata e o primeiro cumio magrebí, celebrado en Alxer o 10 de xuño de 1988. As súas institucións máis relevantes son: o Consello Presidencial, composto polos xefes de Estado do cinco países membros baixo a presidencia por quendas de cada un deles durante seis meses; o Consello de Ministros de Asuntos Exteriores; o Comité de Seguimento, composto por un membro de cada goberno; o Consello Consultivo, composto por dez deputados de cada parlamento nacional; un órgano xudicial formado por dous xuíces de cada país, encargado de arbitrar os litixios entre Estados membros e unha Secretaría Xeral do Consello Presidencial.

Os xefes de Estado asinantes do tratado orixinal foron: o rei Hasan II de Marrocos; o presidente tunisiano Zine el-Abidine Ben Ali, o presidente alxerino Chadli Bendjedid, o líder libio Muammar al-Gaddafi e o presidente mauritano Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya.

A rivalidade tradicional entre Marrocos e Alxeria, ademais da cuestión sen resolver sobre a soberanía do Sáhara Occidental bloquearon as reunións deste organismo desde o ano 1994. A última conferencia de alto nivel, que debería ter lugar en 2005, foi cancelada pola negativa de Marrocos a participar debido ao apoio verbal de Alxeria á independencia do Sáhara Occidental. O Sáhara Occidental foi unha colonia española até que foi invadida por Marrocos e Mauritania en 1974. Dende entón Alxeria apoiou sempre ao movemento de liberación saharauí, o Fronte Polisario.[1]

En 2023 o proxecto de moeda única considerábase "tecnicamente viable pero politicamente unha quimera".[2]

Estado Dende Capital Poboación [cando?] Área Densidade [cando?] Linguas oficiais
Alxeria 1989 Alxer 34.895.000 2.381.741 14,6 Árabe
Libia 1989 Tripoli 6.420.000 1.759.541 3,6 Árabe
Mauritania 1989 Nouakchott 3.291.000 1.030.700 3,2 Árabe
Marrocos 1989 Rabat 446.550 31.993.000 71,6 Árabe
Tunisia 1989 Tripoli 10.432.500 163.610 63,8 Árabe
  1. Aggad, Faten (6 de abril de 2004). "The Arab Maghreb Union: Will the Haemorrhage Lead to Demise?". African Insight (en inglés). 
  2. Jamel Benjemia (14 de maio de 2023). "Monnaie commune pour le Maghreb: techniquement faisable, politiquement une chimère". Le Temps (en francés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]