Unión do Magreb Árabe
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | |||
Creación | 1989 | |||
Páxina web | maghrebarabe.org |
A Unión do Magreb Árabe (en árabe: اتحاد المغرب العربي, Ittiḥād al-Magrib al-ʿArabī) é un acordo de interacción comercial asinado o 17 de febreiro de 1989 en Marrakech polos xefes de Estado de Marrocos, Alxeria, Tunisia, Mauritania e Libia.
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa orixe inmediata e o primeiro cumio magrebí, celebrado en Alxer o 10 de xuño de 1988. As súas institucións máis relevantes son: o Consello Presidencial, composto polos xefes de Estado do cinco países membros baixo a presidencia por quendas de cada un deles durante seis meses; o Consello de Ministros de Asuntos Exteriores; o Comité de Seguimento, composto por un membro de cada goberno; o Consello Consultivo, composto por dez deputados de cada parlamento nacional; un órgano xudicial formado por dous xuíces de cada país, encargado de arbitrar os litixios entre Estados membros e unha Secretaría Xeral do Consello Presidencial.
Os xefes de Estado asinantes do tratado orixinal foron: o rei Hasan II de Marrocos; o presidente tunisiano Zine el-Abidine Ben Ali, o presidente alxerino Chadli Bendjedid, o líder libio Muammar al-Gaddafi e o presidente mauritano Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya.
A rivalidade tradicional entre Marrocos e Alxeria, ademais da cuestión sen resolver sobre a soberanía do Sáhara Occidental bloquearon as reunións deste organismo desde o ano 1994. A última conferencia de alto nivel, que debería ter lugar en 2005, foi cancelada pola negativa de Marrocos a participar debido ao apoio verbal de Alxeria á independencia do Sáhara Occidental. O Sáhara Occidental foi unha colonia española até que foi invadida por Marrocos e Mauritania en 1974. Dende entón Alxeria apoiou sempre ao movemento de liberación saharauí, o Fronte Polisario.[1]
En 2023 o proxecto de moeda única considerábase "tecnicamente viable pero politicamente unha quimera".[2]
Membros
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Estado | Dende | Capital | Poboación [cando?] | Área | Densidade [cando?] | Linguas oficiais | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alxeria | 1989 | Alxer | 34.895.000 | 2.381.741 | 14,6 | Árabe | ||
Libia | 1989 | Tripoli | 6.420.000 | 1.759.541 | 3,6 | Árabe | ||
Mauritania | 1989 | Nouakchott | 3.291.000 | 1.030.700 | 3,2 | Árabe | ||
Marrocos | 1989 | Rabat | 446.550 | 31.993.000 | 71,6 | Árabe | ||
Tunisia | 1989 | Tripoli | 10.432.500 | 163.610 | 63,8 | Árabe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aggad, Faten (6 de abril de 2004). "The Arab Maghreb Union: Will the Haemorrhage Lead to Demise?". African Insight (en inglés).
- ↑ Jamel Benjemia (14 de maio de 2023). "Monnaie commune pour le Maghreb: techniquement faisable, politiquement une chimère". Le Temps (en francés).