Tidore
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Molucas | |||
Situado na entidade xeográfica | Molucas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tidore, Indonesia | |||
| ||||
Bañado por | Mar das Molucas | |||
Características | ||||
Altitude | 408 m | |||
Superficie | 116 km² | |||
Sitio web | tidorekota.go.id | |||
Tidore é o nome dunha illa e unha cidade nas illas Maluku, en Indonesia oriental, pouco ao oeste da illa maior de Halmahera. Na época precolonial, Tidore foi un importante centro político e económico rexional, fieramente enfrontado coa súa veciña setentrional, Ternate.
Os sultáns de Tidore gobernaron gran parte dela rexión meridional de Halmahera, e ocasionalmente estenderon o seu dominio a Buru, Ambón e varias das illas da costa de Papúa. Tidore estableceu unha alianza pouco estreita cos españois no século XVI, co que os españois erixiron unha fortaleza de escasa importancia na illa. Aínda que a desconfianza mutua entre tidoreses e españois era intensa, a presenza española resultaba de proveito para Tidore ao proporcionarlle axuda para resistir as incursións de Ternate, o seu inimigo, así como as forzas neerlandesas que contaban cunha base nesa illa.
A medida que a forza española na rexión diminuíu, o que concluiría coa súa eventual retirada da rexión en 1660, Tidore converteuse nun dos reinos máis independentes da rexión, resistindo os intentos de control directo por parte da Compañía Holandesa das Indias Orientais. En particular, baixo o reino do sultán Saifudín, entre 1657 e 1689, a corte de Tidore empregou o diñeiro obtido dos holandeses pola venda de especias en presentes que consolidaron os lazos tradicionais que mantiña coas rexións periféricas. Obtivo así o respecto e a gratitude de moitas poboacións locais, co que non requiriu da axuda militar holandesa para manter a orde no reino, a diferenza de Ternate.
Tidore continuou sendo un reino independente, aínda que con frecuentes intervencións por parte de Holanda, ata fins do século XVIII. Do mesmo xeito que Ternate, Tidore permitiu que o programa holandés de erradicación dos cultivos de especias destinado a consolidar o monopolio do comercio de especias grazas á restrición da produción tivese lugar nos seus territorios. Debido a iso, o reino se empobreceú no longo prazo, e diminuíu a súa capacidade de controlar os territorios lindeiros.