Buru
(id) Pulau Buru | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Molucas | |||
Localización | ||||
División administrativa | provincia das Molucas, Indonesia | |||
Localización | Mar de Banda | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Ceram e Mar de Banda | |||
Características | ||||
Altitude | 551 m | |||
Punto máis alto | Monte Kapalatmada (pt) (2.700 m ) | |||
Superficie | 8.473 km² | |||
Buru é unha illa indonesia pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambón. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Con 9.505 km², Buru é a terceira illa máis grande das Illas Molucas. O centro da illa é montañoso, cunha plana chaira costeira, onde viven un oitenta por cento dos seus 124.084 habitantes (2003). O punto máis alto é o Gunung Kaplamada en 2729 m.
Ébano, teca, sagú, e cocos son produtos máis importantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da colonización holandesa, Buru estaba dentro do reino de Ternate. A illa foi ocupada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais (COV) en 1658. Os colonos trasladaron pola forza a gran parte da poboación dos seus pobos do interior á chaira costeira, onde poderían estar máis estreitamente controlados. No século XIX, o control do goberno pasa da COV aós oficiais holandeses, os neerlandeses nomean líderes indíxenas, chamados raja en Buru, para administrar a illa para eles.
Buru converteuse nunha parte de Indonesia logo da independencia da nación en 1950. Durante a administración do presidente Suharto (1965-1998), a illa foi o lugar de explotación de campos de prisioneiros supostamente comunistas e outros disidentes. En 1977, ao redor de catorce mil prisioneiros residian na illa. O máis famoso dos internos foi o autor Pramoedya Ananta Toer. Sen lapis nin papel, compuxo as historias que se converteron no seu Cuarteto de Buru, contándoas verbalmente aos outros prisioneiros.
Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buru |