The Fame
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
The Fame | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Lady Gaga | ||||
Publicado | 19 de agosto de 2008 | |||
Gravación | 2008 | |||
Duración | 50:38 | |||
Xénero(s) | Pop, electrónica, electronic dance music | |||
Selo(s) | Intercope, Streamline, Kon Live, Cherrytree | |||
Produtor | RedOne, Rob Fusari, Martin Kierszenbaum, Space Cowboy, Brian Kierulf, Josh Schwartz, Lady Gaga | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Fame é o primeiro álbum de estudio da cantante de pop estadounidense Lady Gaga. Todas as cancións están escritas pola propia cantante, coa axuda dos produtores.
Debutou o 28 de outubro de 2008, chegando ó #2 na Billboard 200,#1 no Reino Unido e #3 en España. Recibiu boas críticas, sinalando moi positivamente o contido lírico do álbum e a capacidade vocal de Gaga. Gañador do Grammy a mellor álbum dance/electrónico en 2010, 'The Fame' ten vendido a día de hoxe máis de 15.000.000 de copias, converténdose así en disco de diamante e sendo o disco máis vendido da historia dixital nos Estados Unidos. En España ten vendido máis de 100.000 exemplares (disco de platino).
Composición
[editar | editar a fonte]Gaga comezou a escribir este álbum en 2006, traballando con varios produtores (RedOne, Fusari, Kierszebaum). As cancións deste álbum están inspiradas, na súa maioría, no amor de Gaga á fama, e máis polo miúdo, ao estilo de vida da clase rica e famosa de Nova York. Musicalmente, ten influencias do electropop e synthpop da década dos anos 80, mesturando este estilos co dance. En canto ao título e concepto do álbum, a mesma Gaga explicou: The Fame é sobre como calquera se pode sentir famoso. A cultura pop é arte. A fama que canto no álbum é unha fama compartibel, quérovos invitar a todos á festa, quero que a xente se sinta parte deste estilo de vida.
Promoción
[editar | editar a fonte]O primeiro single foi Just Dance (8 de abril de 2008), foi a canción que deu a coñecer a Gaga internacionalmente, estaba no top 10 de máis de 30 países. Ten vendidos, ata a data de hoxe, 7.700.000 copias a nivel mundial. O segundo single foi Poker Face (25 de setembro de 2009). Esta canción foi #1 en 15 países e deulle un gran recoñecemento mundial a Gaga, converténdose na súa canción máis coñecida. Hoxe en día, as súas vendas sitúanse nos 10.000.000 de exemplares. Eh, Eh (Nothing Else I Can Say) foi lanzada como terceiro sinxelo do álbum en Suecia, Australia e Nova Zelandia (xaneiro de 2009). Máis tarde, sería lanzada en Francia. LoveGame foi seleccionada como o terceiro single mundial en marzo de 2009, acadando o top 5 nas principais listas mundiais. O último sinxelo extraído do álbum debut da neoiorquina foi Paparazzi en xullo de 2009. Esta canción contou cun impresionante vídeo dirixido por Jonas Akerlund e converteuse no cuarto número un de Gaga na lista estadounidense Pop Songs. Á par, Gaga saía a promocionar o disco nunha pequena xira que a levaría a percorrer pequenos escenarios de Europa e Norteamérica, o The Fame Ball Tour .
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Just Dance (8 de abril de 2008) #3 en España
- Poker Face (23 de setembro de 2008) #2 en España
- Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (31 de xaneiro de 2009)
- LoveGame (24 de marzo de 2009)
- Paparazzi (6 de xullo de 2009) #46 en España
Créditos
[editar | editar a fonte]- Produtor executivo - Vincent Herbert (Streamline Records)
- Produtores - Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Lady Gaga, Josh Schwartz
- Escritores - Lady Gaga, Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Josh Schwartz.
Premios
[editar | editar a fonte]Cerimonia de premiación | Premio | Resultado |
---|---|---|
Billboard Year End Chart Awards (2009) | Mellor álbum dance/electrónica | Gañador |
Premios Oye (2009) | Álbum do ano | Gañador |
Virgin Media Music Awards (2009) | Álbum do ano | Gañador |
Brit Awards (2010) | Álbum Internacional | Gañador |
Grammy Awards (2010) | Álbum do ano | Nomeado |
Grammy Awards (2010) | Álbum dance/electrónica | Gañador |
World Music Awards (2010) | Mellor álbum de 2009 | Gañador |
Cancións
[editar | editar a fonte]- Just Dance (Lady Gaga, RedOne, Akon) – 4:04
- LoveGame (Lady Gaga, RedOne) – 3:33
- Paparazzi (Lady Gaga, Rob Fusari) – 3:28
- Poker Face (Lady Gaga, RedOne) – 3:59
- Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 2:57
- Beautiful Dirty Rich (Lady Gaga, Rob Fusari) – 2:54
- The Fame (Lady Gaga, Kierszenbaum) – 3:44
- Money Honey (Lady Gaga, RedOne, Bilal Hajji) - 2.50
- Starstruck (Lady Gaga, Kierszenbaum, Space Cowboy) - 3:37
- Boys Boys Boys (RedOne,Lady Gaga ) – 3:22
- Paper Gangsta ( Lady Gaga, RedOne) - 4:23
- Brown Eyes (Lady Gaga, Rob Fusari) – 4:05
- I Like It Rough (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 3:22
- Summerboy (Lady Gaga, Josh Schwartz, Brian Kierulf) – 4:16
Bonus Tracks
- Again Again (Lady Gaga) – 3:06 (Reino Unido e Irlanda)
- Disco Heaven (Lady Gaga, Rob Fusari, Tom Kafafian) - 3:41 (Europa, Oceanía e América)
- Retro Dance Freak (Lady Gaga, Rob Fusari) - 3:22 (Xapón e versión internacional de The Fame Monster)