Stay Homas
Stay Homas | |
---|---|
Na rede | |
https://www.stayhomas.org/ | |
Stay Homas é un trío musical catalán que xurdiu como consecuencia do confinamento preventivo para reducir os casos de COVID-19.[1] Os seus integrantes son Klaus Stroink (trompetista en Buhos, Nil Moliner e Horny Section, amais de actor de dobraxe), Guillem Boltó (ex-trombón e ex-cantante en Doctor Prats)[2] e Rai Benet (baixista en Buhos e Nil Moliner).[3] Os tres músicos compartían piso no Eixample de Barcelona dende uns meses antes do confinamento. O nome deriva da expresión inglesa stay home, é dicir, «queda na casa».[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e inicios
[editar | editar a fonte]A primeira canción, Confainament I, publicouse o 14 de marzo de 2020 na canle de Instagram de Benet. O día seguinte subiron Confainament II dende a conta de Boltó, e a terceire, Del confineo III, dende a de Stroink. A partir de aí, ante o éxito que tiveron, abriron contas co nome do grupo en diferentes redes sociais.[1] As cancións, gravadas na terraza da súa casa, lembran con humor as medidas preventivas para loitar contra a pandemia de Covid-19, a vida illada na casa e a frustración derivada das actividades que xa non se podían realizar. Mesturan diferentes idiomas, entre eles o catalán, o inglés, o castelán e o portugués.[5]
Os membros convidaron decote a outros músicos a colaboraren a través do móbil. Entre eles figuran Judit Neddermann,[6] Sílvia Pérez Cruz, Macaco, Nil Moliner, Manu Chao, Oques Grasses ou Sr. Wilson.[1]
A rápida difusión da súa música polas redes sociais traspasou fronteiras. Fixéronse eco dela medios como a revista The New Yorker, a canle de televisión CNN ou a radio NPR, entre outros.[1][7] As súas cancións foron versionadas en varias partes do mundo. Michael Bublé adaptou «Gotta be patient» xunto co grupo Barenaked Ladies e a cantante mexicana Sofía Reyes.[8][9]
Primeiros traballos publicados
[editar | editar a fonte]A principios de xuño publicaron a canción XXIX: Let it out, a última antes dunha parada que coincidiu coa flexibilización das medidas de confinamento en España. Gravaron cinco das súas pezas con calidade de estudio e publicáronas a principios de xullo no EP Desconfination.[10] O grupo anunciou nun vídeo en directo de Instagram que as entradas para o seu primeiro concerto, o 31 de xullo de 2020 na sala Apolo de Barcelona, esgotáronse en só 10 minutos. Ante o éxito, decidiron programar máis concertos.[11]
En decembro de 2020 lanzaron o álbum Agua co selo Sony Music.[3] Dos seus doce temas, seis eran adaptacións de cancións que cantaran na terraza.[12][13] Stay Homas mantiveron o eclecticismo musical, o multiculturalismo e o multilingüismo que os fixeron famosos.[14]
Para celebraren o seu primeiro aniversario e quentaren motores para a xira estival, o grupo lanzou a partir de mediados de marzo unha segunda quenda de dez cancións. De novo dende a terraza continuaron co seu estilo, esta vez con colaboradores como Rita Payés, Juanito Makandé, Albert Pla ou Rubén Blades.[15][16]
A xira de Agua
[editar | editar a fonte]A xira de presentación levou á banda a realizar concertos desde maio por todo o Estado. Destacando os directos no Vida Festival (Vilanova i la Geltrú) e Canet Rock (Canet de Mar), que causaron certa polémica pola gran afluencia de público malia as preocupantes estatísticas de contaxio.[17] Tamén destacou o concerto do 4 de novembro en Razzmatazz, que marcou a reapertura da sala principal tras o confinamento.[18]
Discografía
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Premios ARC 2020:[20]
- Grupo ou artista revelación
- Proxecto artístico máis anovador realizado durante o confinamento
- Premios Enderrock 2021:[21]
- Mellor canción pop-rock, «The bright side» (con Oques Grasses)
- Mellor Artista revelación
- Mellor directo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Michael Bublé fa una versió de la cançó "Gotta be patient" dels catalans Stay Homas". 324 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Doctor Prats diu “adéu fins aviat” al seu trombonista Guillem Boltó amb un vídeo musical". Terrassadigital.cat (en catalán) (Terrassa). 7 de abril de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Vidal, Guillem (25 de decembro de 2020). "“Fa mandra ser encara per a molts els ‘tíos’ de la terrassa”". El Punt Avui (en catalán) (Barcelona). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Marseillan, Jimena (14 de abril de 2020). "“Stay homas”, la banda más viral de la cuarentena española". Infobae (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Linés, Esteban (1 de abril de 2020). "El secreto de las canciones de Stay Homas, la banda sonora del confinamiento". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Michael Bublé versiona els Stay Homas... i gairebé s’oblida de citar-los". RAC1 (en catalán). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas, viralitat des del terrat de casa i banda sonora del confinament". TV3 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). 5 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Michael Bublé versiona una de las ‘confination songs’ de los Stay Homas". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Les cançons de Stay Homas recorren el món". Enderrock (en catalán). 28 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas publican su EP ‘Desconfination’ y lanzan el single ‘Gotta Be Patient’". MusicUP (en castelán). 3 de xullo de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Coll, Bernat (5 de abril de 2020). "Stay Homas vende todas las entradas de su primer concierto en 15 minutos". El País (en castelán) (Prisa). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "El desconfinament musical dels Stay Homas". Betevé (en catalán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ 13,0 13,1 "Stay Homas, el grup icònic del confinament, publica el seu primer disc, ‘Agua’". Betevé (en catalán). 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas estrena 'Agua', un disc eclèctic que vol "tocar tots els pals possibles"". Diari de Barcelona (en catalán) (Universitat Pompeu Fabra). 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas: “Donem gràcies al confinament perquè mai havíem treballat tant”". RAC1 (en catalán). 15 de marzo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Bernis Prat, Laura (7 de xuño de 2021). "Stay Homas sorprèn amb una cançó amb Rubén Blades: "Es por ti"". TV3 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "El risc de contagi entre els assistents al Vida, Canet Rock i Cruïlla va ser superior a la mitjana". Diari de Barcelona (en catalán) (Universitat Pompeu Fabra). 4 de agosto de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Bianciotto, Jordi (5 de novembro de 2021). "Stay Homas, fiesta grande en Razzmatazz". El Periódico (en catalán) (Barcelona: Prensa Ibérica Media). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas". Viasona (en catalán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas, doblement guardonats als Premis ARC 2020". Enderrock (en catalán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Stay Homas triunfa en los Premis Enderrock 2021 con tres galardones". 20 Minutos (en castelán). 8 de abril de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023.