Estudio de gravación
Un estudio de gravación é un lugar adaptado para o rexistro de voces e música, polo que debe reunir unhas condicións de acústica e electrónica.
Unha das condicións máis importantes no seu deseño é a insonorización, de forma que o son interior non se propague cara ao exterior nin que o son exterior penetre e interfira nas gravacións. Isto conséguese mediante a aplicación de diversos materiais especiais (absorbentes e illantes) e o uso de cámaras de aire. Por outro lado, ditos materiais empréganse tamén para conseguir certas condicións acústicas específicas no interior, como tempos de reverberación determinados, optimización da difusión do campo sonoro, prevención de formación de ondas estacionarias etc.
Composición
[editar | editar a fonte]Un estudio común está formado por dous espazos acusticamente illados entre si:
- Sala ou salas de captación (ou simplemente estudio), para á toma de son, que se equipada coa microfonía axeitada para o que se vaia captar e posúe liñas de envío cara á sala de control.
- Sala de control, na que se encontran os dispositivos destinados á gravación (mesa de mesturas, multipistas, ordenadores, racks de proceso, equipo de monitores etc).
Historia
[editar | editar a fonte]Dende a década de 1890 aos anos 30, na era das gravacións acústicas (antes da introdución de micrófonos, da gravación eléctrica e a amplificación) os estudios de gravación eran instalacións moi básicas. As gravacións eran feitas por un proceso de corte do xiradiscos, agrupando os músicos fronte un corno acústico, a enerxía acústica pasa polo diafragma do corno ata un torno mecánico de corte, inscribindo o sinal nun suco modulado directamente sobre o disco. Trala aparición do micrófono, do amplificador e mais do altofalante a industria da gravación acústica pasou gradualmente a ser gravación eléctrica.
De década de 1940 ós anos 70, os estudios eran deseñados para a gravación en vivo de orquestras sinfónicas e outros conxuntos musicais grandes conforme ás tendencias da época. Os enxeñeiros descatáronse de que os espazos grandes e reverberantes creaban unha firma acústica característica. Debido ás limitacións tecnolóxicas na gravación, os estudios dos anos 50 foron deseñados segundo o concepto de agrupar músicos e cantantes, en vez de separalos, e de colocar os micrófonos de forma estratéxica para capturar a interacción acústica e harmónica perfecta. Debido a súa acústica, moitos estudios eran igrexas adaptadas.[Cómpre referencia]
Os estudios de gravación eléctricos non contaban con cabinas de illamento e non foi ata a década dos 60, cando apareceu a alta fidelidade (auriculares). O uso de distinta microfonía e mais a súa colocación no contorno do estudio eran partes fundamentais no proceso de gravación. Os máis destacados, os micrófonos de cinta ou de condensador coma o Neumman U47. Na década dos 60 os enxeñeiros comezaron a experimentar a colocación dos micrófonos preto do instrumento.
Moitos dos mellores estudios incorporaron un cuarto especial para o comportamento do eco que foron construídos a miúdo debaixo do estudio principal. Estes eran espazos rectangulares longos e baixos construídos con materiais duros e reflexivos como o cemento, cun altofalante nun extremo e un ou máis micrófonos no outro. Durante unha sesión da gravación, un sinal dun ou máis dos micrófonos no estudio podíase encamiñar ó altofalante, o son reverbera a través do compartimento e o sinal era realzado e recollido polo micrófono no outro extremo, podendo entón ser mesturado co sinal orixinario no estudio e ser mesturado na pista mentres que a gravación principal era feita.
O equipo era outra característica notable do estudio “clásico”. Os estudios máis grandes foron posuídos e usados polas compañías grandes dos medios como RCA, Colombia e a EMI, que tiñan as súas propias divisións de investigación e desenvolvemento da electrónica, que deseñaban e construían o equipo de gravación e as consolas por encargo. Así mesmo, os estudios independentes máis pequenos foron posuídos a miúdo polos enxeñeiros electrónicos expertos que deseñaron e construíron os seus propios equipos. Durante os anos 50 e os anos 60 o son das gravacións foi definido máis a fondo pola introdución do son procesado por dispositivos como: equalizadores e compresores.
Coa introdución da gravación multimicrofónica, chegou a ser posible rexistrar os instrumentos e os cantantes por separado, en diversas horas e en diversas pistas da cinta, aínda que non foi até os anos 70 que as grandes compañías da gravación comezaron a adoptar esta práctica. Nos anos 60, as gravacións eran analóxicas feitas en ¼ de polgada ou ½ en cinta magnética. Polos anos 70, a tecnoloxía progresou e pasouse a cinta análoxica de 2 polgadas, capaz de conter até 24 pistas individuais.
Hoxe en día o éxito dunha produción musical depende en gran medida da boa acústica da sala onde se realice así como do equipo utilizado. Tendo en conta os seguintes aspectos da acústica: absorción, reverberación, illamento sonoro, control de ruído e vibracións.
O estudio de gravación divídese en dúas seccións: Sala de Gravación e Sala de Control. Ademais do equipo adecuado requírese dun tempo determinado de reverberación, dunha adecuada difusión do son, un illamento do ruído externo e un illamento entre as salas. Moitos dos estudios de gravación son deseñados por músicos, dando as características acústicas que eles cren agradables aos seus oídos. As salas de gravación de empresas importantes contan co deseño adecuado. Co bo deseño acústico dun estudio de gravación, búscase obter os mellores resultados á hora da gravación, edición e mesturas de calquera produción musical.
O deseño do estudio de gravación está baseado na necesidade de dar unha calidade competitiva ás gravacións, así mesmo, ofrecer unha excelente Imaxe e ambiente, a cal forma parte fundamental para o desenvolvemento do músico durante a súa gravación
Análise de parámetros
[editar | editar a fonte]- Reverberación: O tempo de reverberación (RT) é o tempo que transcorre (en segundos) dende que o foco emisor se detén até o momento en que o nivel de presión sonora (SPL) cae 60 dB con respecto ao seu valor inicial. Para controlar o tempo de reverberación aumentamos a absorción, ademais, baséase na seguinte fórmula para determinar o devandito tempo: RT=0,161 V/ A Onde: V= volume total do recinto (en m³) A= absorción total do
recinto.
- Absorción: Defínese a absorción como a enerxía que incide nun obstáculo e non é devolta ao medio de transmisión, senón que se transforma en calor. O grao de absorción pódese especificar como o cociente entre a enerxía absorbida e a incidente. A absorción sonora esténdese desde 0 (reflexión total) até 1.00 (absorción total.
- Illamento. As perdas por transmisión indican a capacidade dunha parede para non transmitir as ondas sonoras. Estas perdas dependen sobre todo da súa masa por unidade de área, a súa rixidez e o efecto de enmolecemento sobre o material. Nas construcións típicas, estas perdas varían entre 30 e 70 dB de tal maneira que o illamento sonoro consiste basicamente en dividir mediante barreiras físicas preferentemente con peches totais, o sector que contén á fonte sonora do que se desexa protexer. Mídese o illamento acústico en diferentes frecuencias, normalmente 100–3150 Hz. en normas ISO. Recoméndase un illamento acústico entre salas adxacentes de 45 a 50 dB para conseguir unha privacidade razoable entre salas.
- Difusores. Consisten nunha serie de fendas paralelas de forma rectangular, de igual anchura e diferente profundidade. Cando unha onda sonora cunha dirección calquera incide sobre unha das súas fendas, esta propágase polo seu interior seguindo un camiño paralelo ás paredes da fenda até alcanzar o fondo da mesma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oceano estudio
- Estudio Abrigueiro
- osondeabaixo.myartsonline Arquivado 22 de outubro de 2010 en Wayback Machine.