Saltar ao contido

Silvio Piola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSilvio Piola

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Robbio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Gattinara, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ89604385 Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata - 1954 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1929–1934 Unione Sportiva Pro Vercelli Calcio 1892 127(51)
1934–1943 SS Lazio 227(143)
1943–1944 Torino FC 23(27)
1945–1947 Juventus FC 57(26)
1947–1954 Novara F.C. 185(86)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1935–1952   Italia 34(30)
Participou en
xuño de 1938Mundial de Fútbol Francia 1938 Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 174862 Editar o valor en Wikidata

Silvio Piola, nado o 29 de setembro de 1913 en Robbino, Provincia de Pavia, e finado o 3 de outubro de 1992 en Gattinara foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de dianteiro. É o máximo anotador da Serie A italiana e o terceiro máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Italia, con esta selección foi campión do Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final.

Por algún é considerado o inventor da chilena, xunto con Carlo Parola.[1][Verificar credibilidade]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no Pro Vercelli, debutando co primeiro equipo o 16 de febreiro de 1930.

En 1934 foi traspasado ao SS Lazio, equipo no que militaría nove tempadas, anotando 143 goles e declarándose Capocannoniere (máximo goleador da Serie A) en dúas ocasións (1937 e 1943)

En 1944 fichou polo Torino FIAT, porén a competición foi interrompida pola segunda guerra mundial, o resto do ano xogaría no Novara Calcio pero en 1945 fichou polo Juventus FC. Militou no club turinés ata 1947 cando fichou polo Novara Calcio, onde se retirou despois de sete tempadas no club.

Coa selección

[editar | editar a fonte]

Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1935 ante Austria, anotando tamén o seu primeiro tanto. Ao longo dos dezasete anos nos que foi convocado coa selección xogou un total de 34 encontros e anotou 30 goles, converténdose no terceiro máximo anotador do combinado.

Coa selección gañou o Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final ante Hungría. Tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central en 1935.

Finalmente o seu último encontro foi en 1952.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Comezou como adestrador pouco despois de colgar as botas, dirixindo á selección durante os anos 1953 e 1954, porén non chegaría a participar no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

Despois dirixiría ao Cagliari Calcio en dúas etapas, 1955/56 e 1957.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]