Saltar ao contido

Sead Kolašinac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSead Kolašinac

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Karlsruhe, Alemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Premier League e Ligue 1 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2015 FC Schalke 04 II 8(2)
2012–2017 FC Schalke 04
2017–2022 Arsenal F.C. 118
2022–valor descoñecido Olympique de Marsella
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2011   Alemaña sub-18 1(0)
2011–2012   Alemaña sub-19 11(1)
2012–2013   Alemaña sub-20 2(1)
2013–   Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina 13(0)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014 Editar o valor en Wikidata

Twitter: seadk6 FIFA: 376230 UEFA: 250041626 Editar o valor en Wikidata

Sead Kolašinac, nado en Karlsruhe o 20 de xuño de 1993, é un futbolista bosníaco-alemán, lateral esquerda que xoga dende 2017 co Arsenal F.C.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kolašinac naceu en Baden-Württemberg de pais bosníacos[1], seu pai Faik, que traballa na fábrica de Mercedes-Benz, naceu en Nikšić (Montenegro) aínda que a súa familia procedía de Plav. A familia asentouse en Čapljina en Bosnia e Herzegovina, en 1969, de onde é súa nai. Sead estudou na Gesamtschule Berger Feld de Gelsenkirchen[2]. Kolašinac comezou no fútbol nas seccións xuvenís do equipo local do Karlsruher SC. Despois de oito anos pasou en 2009 ao 1899 Hoffenheim para pasar na tempada seguinte ao VfB Stuttgart e en 2011 ao Schalke 04[3].

Schalke 04

[editar | editar a fonte]
Kolašinac adestrando co Schalke 04 en 2015

Logo dunha tempada co equipo xuvenil, Kolašinac saltou ao segundo equipo, o Schalke 04 II, nunha liga rexional, a Regionalliga West e tras marcar dous goles en sete partidos pasou ao primeiro equipo. O 15 de setembro de 2012 debutou na Bundesliga nunha vitoria 2–0 contra do Greuther Fürth[4]. En decembro dese ano xogou por primeira volta en competicións europeas, nun empate 1–1 contra do Montpellier na UEFA Champions League[5].

En xuño de 2013 ampliou o seu contrato ata xuño de 2017[6] pero ao comezar a tempada seguinte por mor dunha lesión no seu xeonllo dereito deixou de xogar durante seis meses[7]. Marcou o seu primeiro gol para o Schalke 04 o 13 de decembro de 2015 nun empate 1–1 contra do FC Augsburg[8]. En maio de 2017 decidiu non renovar o seu contrato[9]. No remate da tempada 2016-17 entrou como un dos votados para o equipo da Bundesliga[10].

Kolašinac e Héctor Bellerín celebrando un gol do Arsenal en 2017

O 6 de xuño de 2017 o Arsenal da Premier League confirmou a sinatura da transferencia do xogador [11]. Kolašinac marcou no seu debut contra do Chelsea no Community Shield, que o Arsenal levou nos penaltis[12][13]. O seu primeiro partido na Premier foi o primeiro día da competición, realizando unha asistencia nunha vitoria 4–3 contra do Leicester City[14] e levou máis da metade dos votos na elección do xogador do mes de agosto do equipo[15]. O 14 de setembro marcou no seu debut na UEFA Europa League contra do 1. FC Köln nunha vitoria do Arsenal 3–1[16]. O seu primeiro gol na Premier League chegou o 28 de outubro contra do Swansea City, e mais tamén asistiu no outro gol do partido que rematou nunha vitoria para o seu equipo por 2 a 1[17]. Kolašinac de novo quedou como mellor xogador do mes, en outubro, coa metade dos votos[18]. Na primeira tempada co club londiniense xogou 27 partidos de liga, 25 como titular, e 9 noutro tipo de competicións, nacionais ou internacionais.

Seleccións nacionais

[editar | editar a fonte]

Seleccións alemás xuvenís

[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 2011 Kolašinac debutou coa selección alemá sub-18 como substituto nun encontro contra Austria. O seu primeiro gol nun partido internacional foi o 1 de setembro de 2011 coa selección sub 19 contra Bélxica. O adestrador Rainer Adrion convocouno para o encontro amigable da selección sub-21 contra Israel o 24 de marzo en Tel Aviv [19] porén non puido acudir. De novo volveron convocalo para a sub-21 para a Eurocopa sub-21 de 2013 en Israel[20]. O torneo remataou para a selección alemá xa na fase de grupos e Kolašinac non chegou a saír ao terreo de xogo.

Selección de Bosnia e Hercegovina

[editar | editar a fonte]

En 2013 o adestrador bosníaco, Safet Sušić, convocouno para a selección de Bosnia e Hercegovina absoluta, debutou o 23 de novembro contra a Arxentina en St. Louis, nun encontro que rematou nunha derrota bosníaca por 2 a 0[21].

En xuño de 2014 participou no Mundial do Brasil[22]. No minuto 3 do primeiro partido da súa selección contra da Arxentina, Sead marcou un autogol, e o encontro rematou coa vitoria arxentina por 2 a 1[23].

Na clasificación para a Eurocopa 2016 de Francia xogou tres partidos no grupo B.

  1. "Sead Kolašinac je bježao iz škole kako bi išao u mekteb". SportSport.ba. 11 de novembro de 2013. 
  2. Sarigul, Emre (27 de marzo de 2018). "Photo: Arsenal Star Invites Former School Students To Spain Match, Former Pupils Include Julian Draxler & Manuel Neuer". Turkish-Football. 
  3. "Meet the Bosnian defender hoping to stop Messi and Aguero". FourFourTwo. 9 de xuño de 2014. 
  4. "Holtby nimmt Fürth endgültig den Mut". Kicker. 15 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21/07/2018. Consultado o 17/08/2019. 
  5. "UEFA Champions League 2012/13 – History – Montpellier-Schalke Lineups". UEFA. 4 de decembro de 2012. 
  6. "FC Schalke 04 extend Sead Kolasinac's contract through 2017". SB Nation. Vox Media. 25 de xuño de 2013. 
  7. "Sead Kolasinac sidelined for six months". BHDragons. 24 de agosto de 2014. 
  8. "Prvijenac Kolašinca u Bundesligi!". SportSport.ba. 13 de decembro de 2015. 
  9. "Kolasinac verlässt Schalke ablösefrei". Süddeutsche Zeitung (Munich). 14 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  10. "Team of the Season 16/17 Results". Bundesliga. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2017. Consultado o 30 de maio de 2017. 
  11. "Sead Kolasinac to sign for Arsenal". Arsenal F.C. 5 June 2017. Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  12. "Arsenal lift Community Shield". The Football Association. 6 de agosto de 2017. 
  13. "Arsenal 1–1 Chelsea". BBC Sport. 6 de agosto de 2017. 
  14. "Arsenal 4–3 Leicester City". BBC Sport. 11 de agosto de 2017. 
  15. "Kolasinac voted August Player of the Month". Arsenal F.C. 5 de setembro de 2017. 
  16. "Arsenal beat Cologne in delayed Europa League match". The Guardian (London). 14 de setembro de 2017. 
  17. "Arsenal 2–1 Swansea City". BBC Sport. 28 de outubro de 2017. 
  18. "Kolasinac tops October Player of the Month poll". Arsenal F.C. 13 de novembro de 2017. 
  19. Bundesliga.de: Sead Kolasinac vor U21-Debüt Arquivado 08 de maio de 2013 en Wayback Machine. bundesliga.de, 14 de marzo de 2013
  20. "Can & Co. – Three newcomers in U21 squad for euros". dfb.de. 16 de maio de 2019. 
  21. Kolasinac: Nein zum DFB, Hoffen auf Brasilien, Kicker, 7 de novembro de 2013
  22. "Bosnia-Herzegovina World Cup 2014 squad". Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  23. "World Cup: Argentina 2-1 Bosnia-Hercegovina". Consultado o 18 de agosto de 2016.