Saltar ao contido

Héctor Bellerín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHéctor Bellerín

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Héctor Bellerín Moruno Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2022 transferencia Arsenal F.C. 183(8)
2013–2014 cesión Watford F.C. 8(0)
2021–2022 cesión   Real Betis Balompié 23(0)
2022–2023   FC Barcelona 3(0)
2023–2023   Sporting CP 10(1)
2023–   Real Betis Balompié
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2011   España sub-16 6(1)
2012–2012   España sub-17 6(0)
2013–2014   España sub-19 9(0)
2015–2017   España sub-21 14(0)
2016–2020   España 4(0)

IMDB: nm7098064 Twitter: HectorBellerin Instagram: hectorbellerin Youtube: UCNT51REVqX4rmVfOuVZeZaA UEFA: 250047082 Editar o valor en Wikidata

Héctor Bellerín Moruno, nado en Barcelona o 19 de marzo de 1995, é un futbolista catalán que xoga como lateral dereito. Dende a tempada 2022-2023 xoga no FC Barcelona. Previamente integrara os equipos británicos do Arsenal da Premier League e do Watford F.C. en Inglaterra, e do Real Betis Balompié.

É internacional absoluto coa selección española dende 2016, coa que foi convocado para a Eurocopa 2016. Previamente, pasou polas categorías inferiores da selección nacional, proclamándose subcampión de Europa sub-21 en 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Barcelona, Bellerín comezou a súa carreira futbolística no colexio Jesús María de Badalona.[1] En 2003 pasou ao prebenxamín do Barcelona, pasando por todas as categorías do fútbol formativo do Barça até Cadete. No verán de 2011, con 16 anos, trasladouse ás categorías inferiores do Arsenal. Asinou o seu primeiro contrato profesional co club en xullo de 2013, facendo o seu debut en competición o 25 de setembro de 2013 ante o West Bromwich, ingresando como substituto de Mikel Arteta no 95'. O 22 de novembro de 2013, anunciouse a súa cesión ao Watford, retornando ao Arsenal o 18 de febreiro de 2014, onde milita desde entón.[2][3]

Polas lesións de Mathieu Debuchy, Calum Chambers e Nacho Monreal, Bellerín debutou na liga de Campións o 16 de setembro de 2014 na derrota de visita por 2-0 ante o Borussia Dortmund.[4]

O seu primeiro gol co Arsenal foi o 1 de febreiro de 2015, na vitoria por 5-0 ante o Aston Vila.[5] En 2016 asinou unha renovación de contrato co club ata 2022.[6] En 2019, sufriu unha lesión ao romper o ligamento cruzado nun encontro da Premier contra o Chelsea.[7]

Durante a temporada 2021-2022 foi cedido polo equipo londiniense ao Real Betis, club co que gañou a Copa do Rei.[8] En setembro de 2022 o F.C. Barcelona anunciou a contratación de Ballerín ata o 30 de xuño de 2023 cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros.[9]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional nas categorías da selección española dende sub-16 até sub-21. En 2016 foi chamado por primeira vez coa selección absoluta como xogador de apoio aos seleccionados para a Eurocopa 2016. Debutou, así, ante Bosnia nun amigable que finalizou 3-1 para España.[10] Finalmente, Vicente del Bosque decidiu integralo na convocatoria definitiva debido á lesión de Carvajal.[11]

Participacións en Europa

[editar | editar a fonte]
Copa Sede Resultado
Campionato de Europa Sub-19 da UEFA 2013  Lituania Semifinalista
Campionato Europeo da UEFA Sub-19 2015  Grecia Campión
Eurocopa Sub-21 de 2017  Polonia Final
Eurocopa 2016  Francia Oitavos de Final

Partidos Internacionais

[editar | editar a fonte]

Actualizado até o 7 de xuño de 2016.[12]

Club País Ano
Arsenal F. C. Inglaterra Inglaterra Inglaterra 2013 - actualidade
Watford F. C. (cedido) Inglaterra Inglaterra Inglaterra 2013 - 2014

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Actualizado ao 19 de xaneiro de 2019[13].

Club Div. Tempada Liga FA Cup League Cup Europa Outras Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Arsenal
Inglaterra Inglaterra
1.ª 2013-14 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 1 0
2014-15 20 2 3 0 1 0 4 0 0 0 28 2
2015-16 36 1 1 0 0 0 6 0 1 0 44 1
2016-17 33 1 4 0 0 0 5 0 0 0 42 1
2017-18 35 2 0 0 3 0 8 1 1 0 47 3
2018-19 19 0 0 0 0 0 0 0 0 0 19 0
Total club 143 6 8 0 5 0 23 1 2 0 181 7
Walford (cedido)
Inglaterra Inglaterra
2.ª 2013-14 8 0 0 0 0 0 - - 0 0 8 0
Total club 8 0 0 0 0 0 - - 0 0 8 0
Total carreira 151 6 8 0 5 0 23 1 2 0 189 7

Internacional

[editar | editar a fonte]

Actualizado ao 3 de novembro de 2018[12].

Selección de España
Ano P J Goles
2016 3 0
Total 3 0

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
FA Cup Arsenal  Inglaterra Inglaterra 2015
Community Shield Arsenal  Inglaterra Inglaterra 2015
FA Cup Arsenal  Inglaterra Inglaterra 2017
Community Shield Arsenal  Inglaterra Inglaterra 2017

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Bellerín fíxose vegano en 2017, dieta que atribúe a unha mellora na súa saúde.[14]

  1. VAVEL.com (16 de marzo de 2016). "Héctor Bellerín, el último "Cesc"". VAVEL (en castelán). Consultado o 9 de noviembre de 2018. 
  2. "Bellerin joins Watford on loan". www.arsenal.com (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  3. "Bellerin recalled by Gunners". Watford Observer (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  4. "Borussia Dortmund 2-0 Arsenal". BBC Sport (en inglés). 16 de setembro de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  5. "Arsenal 5-0 Aston Villa". BBC Sport (en inglés). 1 de febreiro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  6. "Bellerin signs new deal with Arsenal". BBC Sport (en inglés). Consultado o 2023-01-04. 
  7. "Bellerín se rompe el cruzado y se perderá el resto de la temporada". El País (en castelán). 2019-01-22. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-01-04. 
  8. "OFICIAL: Bellerín jugará cedido en el Betis". sport (en castelán). 2021-08-31. Consultado o 2023-01-04. 
  9. "Acord per a la incorporació d'Héctor Bellerín". www.fcbarcelona.cat (en catalán). Consultado o 2023-01-04. 
  10. "Gran debut de Bellerín con la Roja". Mundo Deportivo. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  11. "Confirmado: Bellerín estará en la Eurocopa". Mundo Deportivo. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  12. 12,0 12,1 "Héctor Bellerín - Selección (Vista en detalle)" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  13. "Hector Bellerin | Football Stats | Arsenal | Age 23 | Soccer Base". www.soccerbase.com (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  14. Moreno, Jonathan (30 de marzo de 2018). "La dieta de Héctor Bellerín para evitar lesiones". Sport. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2019. Consultado o 3 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]