Saltar ao contido

Sarrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarrio dental nun ser humano
Radiografía que mostra (frechas) calcificacións do sarrio.

O sarrio ou cálculo dental, é a acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental. Tamén recibe os nomes vulgares galegos de pedra, charrizo e tártaro[1].

Trátase do resultado da mineralización da placa bacteriana, isto é, do conxunto de microorganismos, saliva e restos alimentarios que se van depositando sobre das pezas dentais.

O sarrio componse dunha parte orgánica e outra inorgánica, onde predominan o calcio e o fósforo.

Segundo a súa localización, distínguese entre o sarrio supraxinxival (amarelo), cando se atopa por riba da liña da enxiva, e o infraxinxival ou subxinxival (marrón), cando se atopa por baixo desa liña.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Unha vez detectado o sarrio nos dentes o único xeito de tiralo é mediante un proceso chamado tartrectomía realizado por un odontólogo (dentista).

  1. Sinónimos galegos en Portal das Palabras da RAG- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=299396&sinom=0 Arquivado 17 de marzo de 2014 en Wayback Machine.