San Miguel de Castro, A Estrada
San Miguel de Castro | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Castro | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′52″N 8°22′43″O / 42.78119184, -8.37849628 |
Poboación | 254 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2022 tiña 254 habitantes (125 mulleres e 129 homes).[2] Limita coas parroquias veciñas de Arnois e Oca, tamén limita con Santa Baia de Cira (Silleda). A parroquia posúe 13 núcleos de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Cruceiro do cemiterio
- Castro de San Miguel
- Miradoiro do Coto de Castro
- Igrexa de San Miguel de Castro, de orixe románica
- Cruceiro en Carballeira
- Muíños no regueiro do Castelo
- Muíños de Lagos
- Capela de nosa señora das Angustias
- Camiño Real (Vía da Prata)
- Hórrea de prado
- Ruta de Sendeirismo (PR-G 196)
- Serra da Bugalleira
- Fontes parroquiais
Igrexa parroquial
[editar | editar a fonte]É de orixe románica, xa que se sabe que estaba en pé antes do 1115. Daquela época consérvase a planta rectangular, o arco triunfal e a ábasida rectangular, na que se sabe que, debaixo de grosas capas de cal, se atopan pinturas románicas[Cómpre referencia]. Nesta igrexa exíste o culto a san Miguel (o patrón), san Roque e A Nosa señora do Perpetuo Socorrro. Ademais na igrexa existen tallas de santos como san Xosé ou á Inmaculada Concepción de María.
A igrexa atópase no lugar de San Miguel, que recibe o nome do patrón. O via crucis da igrexa está rodeado do vello cemiterio, máis tarde engadíronse outros dous.
Capela da Nosa Señora das Angustias
[editar | editar a fonte]Antigamente localizada no lugar da Alberguería, e chamada capela de Santiago, foi un albergue de peregrinos. Máis tarde transladouse ao lugar do Seixo onde está situada actualmente. Nela dáse culto a santo Alberte, A Nosa Señora das Angustias e a san Franco.
O couto de Castro
[editar | editar a fonte]No lugar de Castro érguese un monte de case 300 metros de altura onde antigamente estivo localizado un castro. Non se conservan restos, pero é un dos mellores miradoiros da comarca, coas vistas do Pico Sacro e do val do Ulla.
Muíños
[editar | editar a fonte]Esta parroquia está atravesada por cinco regueiros principais, os cales contan con numerosos muíños como o de Louzao ou o de Reimóndez.
O camiño Real
[editar | editar a fonte]Tamén chamado Vía da Prata, provén do suroeste do país e entra á parroquia polo lugar da Carballeira, atravesando os lugares de Prado, o Seixo, Castro, e saíndo por Gundián, que xa pertence á Ulla, para encamiñarse a cruzar o río Ulla.
Hórrea de prado
[editar | editar a fonte]Situada no lugar de Prado, atópase unha hórrea (unha das únicas da bisbarra).
Festas parroquiais
[editar | editar a fonte]- 22 de abril (ou domingo seguinte): A Nosa Señora das Angustias, avogosa das mulleres en parto.
- 8 maio (ou domingo seguinte): Corpus Christi (Santísimo).
- Último domingo de maio: Inmaculada Concepción (As Flores)
- 25 de xullo: Festa do bolo preñado.
- 7 de agosto: Santo Alberte de Sicilia, avogoso da sorte do millo e da pataca.
- 29 de setembro: San Miguel (o patrón).
- 30 de setembro: San Roque.
- 1 de outubro: Virxe do Socorro
Orografía
[editar | editar a fonte]San Miguel de Castro está atravesada por unha cadea montañosa, derivada do Pico Sacro, con principais cumios o Couto de Castro (287 m), a 172 m unha pequena elevación onde a igrexa parroquial, e a serra da Bugalleira, con tres picos principais de 275, 268 e 273 metros de altitude. Tamén está no centro da parroquia, o monte maior con 317 m.
Centros sociais
[editar | editar a fonte]Os principais puntos de encontro que hai na parroquia están no lugar do Seixo, onde se atopa o campo da festa cun pequeno palco, e inmediata a antiga escola, e o teleclub, unha pista de petanca e un parque. Tamén existe un campo de fútbol. Así como a antiga casa reitoral onde a igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Miguel de Castro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Miguel de Castro no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Adoufe | A Alberguería | A Burata | A Carballeira | Castro | Costenla | A Cova | Lagos | Ponte | Prado | San Miguel | O Seixo | A Silva |
Parroquias da Estrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Miguel de Castro, A Estrada |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada. RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Consultado o 14 de abril de 2019.