Rubén Díez
Rubén Díez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rubén Díez Adán | ||
Nacemento | 18 de agosto de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Zaragoza | ||
Altura | 1,66 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Ibiza | ||
Carreira xuvenil | |||
–2012 | Stadium Casablanca | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2013 | Valdefierro | 27 | (8) |
2013–2014 | Almudévar | 30 | (4) |
2014–2015 | Ebro | 23 | (6) |
2015–2016 | Deportivo Aragón | 41 | (2) |
2016–2018 | Tarazona | 68 | (15) |
2018–2019 | Teruel | 18 | (1) |
2019–2021 | Castellón | 85 | (14) |
2021– | Tenerife | 28 | (1) |
2022–2023 | → Deportivo da Coruña | 34 | (3) |
2023– | → Ibiza | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de agosto de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rubén Díez Adán, en ocasións coñecido como Jamelli, nado en Zaragoza o 18 de agosto de 1993, é un futbolista español que xoga no Tenerife. Desenvólvese principalmente como mediocampista central, aínda que tamén pode xogar como centrocampista ofensivo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Zaragoza, formouse como futbolista no Stadium Casablanca de dita cidade, co que competiu na División de Honra Xuvenil. Na tempada 2012/13 pasou ao Valdefierro, debutando con este conxunto na Tercera División. Alcumado nos seus inicios Jamelli, en referencia a Paulo Jamelli, nos seguintes anos pasou polo Almudévar, o Ebro, o Deportivo Aragón e o Tarazona, todos eles de Terceira, antes de fichar en 2018 polo Teruel, da Segunda División B.[1][2][3][4] Xogou co equipo turolense ata xaneiro de 2019, cando foi traspasado ao Castellón, da mesma categoría.[5]
Militou no equipo castellonenco durante dúas campañas e media, e na segunda delas logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo con seis goles en 29 partidos. O 12 de setembro de 2020, aos 27 anos, debutou na categoría de prata, ao saír de inicio na vitoria por 1-2 ante a Ponferradina na primeira xornada.[6] Marcou o seu primeiro gol dúas semanas despois, facendo o único tanto do seu equipo no empate 1-1 contra a UD Logroñés. Foi titular en case tódolos partidos da tempada 2020/21, sendo o xogador con máis minutos do equipo, que, con todo, acabou descendendo ao rematar penúltimo. Deixou o club tralo descenso, cun balance de 86 partidos oficiais e 14 goles.
En agosto de 2021 asinou un contrato de catro anos co Tenerife tamén da Segunda División.[7] No equipo adestrado por Ramis, os seus números reducíronse respecto á tempada anterior, sobre todo na segunda volta, pero contribuíu á clasificación para a promoción de ascenso a Primeira, promoción na que non chegou a participar.[8] Para a seguinte campaña non entrou nos plans do técnico, polo que saíu cedido ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[9]
Mostrou un bo nivel de xogo na primeira metade da súa tempada na Coruña, pero acabou baixando o seu rendemento na segunda. Disputou un total de 34 partidos e marcou 3 goles.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Capablo, Raúl (17 de xullo de 2014). "El CD Ebro ficha a Jamelli y a Gascón, del Almudévar" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "'Jamelli', Aitor, Carlos Valencia y Jesús Bernal, al Zaragoza B" (en castelán). 18 de xuño de 2015. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez "Jamelli" y Pablo Moreno procedentes del Real Zaragoza B; Miguel Mallada de la SD Huesca fichan por la SD Tarazona" (en castelán). 17 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "El CD Teruel inicia su preparación para el asalto a la Segunda B" (en castelán). 17 de xullo de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Fichaje: Rubén Díez, nuevo jugador del CD Castellón" (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Otero, Francisco Roberto (12 de setembro de 2020). "La victoria del debutante Castellón llega en la última jugada y de rebote" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez, nuevo refuerzo del CD Tenerife" (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez no entra en los planes de Ramis" (en castelán). 28 de xuño de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Rubén Díez, novo xogador do Dépor 22-23". 3 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Antelo, Iván (12 de xuño de 2023). "Así fue la temporada de los 30 jugadores del Deportivo y esta es su situación contractual". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023.