Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1989 (35 anos) Cartaxena, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,88 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte, nado en Cartaxena o 30 de abril de 1989, é un futbolista español que xoga como dianteiro no UCAM Murcia.
É sobriño do escritor e xornalista Arturo Pérez-Reverte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista en varios clubs de base da súa Cartaxena natal, como o Ciudad Jardín ou o CD Dolorense, antes de debutar na Terceira División co Club Deportivo Bala Azul.[1][2] A súa boa tempada co equipo de Mazarrón fixo que Paco Sánchez, director do fútbol base do FC Cartagena, o levase para o club, para xogar no seu filial, o FC Cartagena-La Unión. Na tempada 2010/11 comezou a adestrar co primeiro equipo dirixido por JIM e entrou nalgunha convocatoria, pero non chegou a debutar.[2]
No verán de 2011 fichou polo Caravaca, de Segunda B, no momento no que o club se trasladou a La Unión. Con 11 goles, foi o máximo anotador do equipo, pero non evitar o descenso á Terceira División. A continuación pasou polo Getafe B, co que marcou nove goles antes de recalar no La Roda. No equipo albaceteño converteuse nun dos xogadores revelación da Segunda B,[3] colocándose como o máximo goleador da categoría na primeira volta, con 15 goles en 19 partidos.[4] Os seus grandes números valéronlle para fichar no mercado invernal polo Córdoba, da Segunda División.[5]
Debutou na categoría de prata nun partido ante o Recreativo de Huelva no Nuevo Arcángel, no que entrou na segunda parte como substituto de Xisco, marcando poucos minutos despois o definitivo 2-0.[6] Contribuíu cun total de 15 partidos e dous goles ao ascenso do equipo do Chapi Ferrer á Primeira División. Na seguinte campaña, a chegada de xogadores como Cartabia ou Ghilas deixárono sen sitio no equipo, polo que saíu cedido ao Alcorcón de Bordalás, onde apenas contou con minutos.[7] En xaneiro cambiou de equipo, xogando cedido na UE Llagostera ata o final da tempada. Na 2015/16, co Córdoba de novo en Segunda, non entrou nos plans de Oltra, co que disputou só tres encontros, polo que en xaneiro volveu saír cedido, desta vez ao Dundee escocés.[7]
En xullo de 2016 regresou ao FC Cartaxena, co que finalmente debutou nun partido ante o Linares Deportivo.[8][9] Con oito dianas, foi o máximo goleador do equipo dirixido por Monteagudo, e disputou a fase de ascenso a Segunda. Ao remate da campaña chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo UCAM Murcia, da mesma categoría.[10] Disputou 24 partidos co equipo murciano, co que marcou tres goles, pero en xaneiro de 2018 uniuse ao Sabadell, co que continuou tamén durante a tempada 2018/19. Na 2019/20 militou no Atlético Baleares, co que se proclamou campión do Grupo I da Segunda B, aínda que non logrou o ascenso.[11]
Na tempada 2020/21 fichou polo San Sebastián de los Reyes, club no que xogou durante dous anos e medio, o primeiro deles na Segunda División B e os seguintes na Primeira RFEF, acumulando un total de 81 partidos e 17 goles.
O 31 de xaneiro de 2023 deixou o club madrileño para fichar polo Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[12] Apenas tivo presenza no equipo galego, disputando só 164 minutos repartidos en 8 partidos.[13] Ao remate da tempada anunciouse o seu regreso ao UCAM Murcia.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (1 de febreiro de 2023). "Así es el nuevo fichaje del Deportivo: Arturo, un futbolista de novela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "El canterano Arturo, 'pichichi' en la pretemporada, está en la convocatoria" (en castelán). 4 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ Rodríguez, Ángel (27 de setembro de 2013). "El Alatriste de La Mancha". Marca (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Levante interesado en Arturo" (en castelán). 3 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2013. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Córdoba ficha a Pérez Reverte y Teixeira se va cedido al Castilla" (en castelán). 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Córdoba doblega a un Recreativo que acusó la expulsión de Ruymán". Marca (en castelán). 4 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 De la Virgen, Martín (21 de xaneiro de 2016). "Arturo se marcha cedido al Dundee FC escocés" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2023.
- ↑ "El FC Cartagena ficha al delantero Arturo" (en castelán). 7 de xullo de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Cartagena vence y convence (2-0)". Sport (en castelán). 20 de agosto de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "Arturo deja el FC Cartagena y llegará al UCAM" (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ Pellicer, Victoria (11 de xullo de 2019). "Arturo Rodríguez nuevo jugador del Atlético Baleares" (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "Arturo, novo xogador do Dépor 22-23". 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ Zautúa, Israel (2 de xullo de 2023). "Análisis de la plantilla: 14. Narro no contaba para Cano; Arturo jugó 164 minutos". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "El delantero Arturo Rodríguez regresa al UCAM CF desde La Coruña" (en castelán). 8 de agosto de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- Nados en Cartaxena
- Nados en 1989
- Futbolistas da Rexión de Murcia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Getafe CF B
- Xogadores do La Roda CF
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do UE Llagostera
- Xogadores do Dundee FC
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do UCAM Murcia
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do CD Atlético Baleares
- Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes
- Xogadores do Deportivo da Coruña