Romanización do ruso
A romanización do alfabeto ruso é o proceso de transliterar a lingua rusa escrita en alfabeto cirílico ó alfabeto latino, como é o caso do galego e outras linguas. Este tipo de transliteración é necesaria para permitir a lectura de palabras escritas orixinariamente en cirílico a lectores afeitos ó alfabeto latino.
A romanización é tamén esencial para os usuarios que, por unha razón ou outra, teñen dificultades para a escritura en caracteres cirílicos, sexa porque non teñen un teclado ou un procesador de textos axeitado ou porque non teñen facilidades para facelo.
Transliteración sistemática do cirílico ó latino
[editar | editar a fonte]Cómpre ter en conta que moitos sistemas de transcrición están pensados para lectores dun alfabeto en particular, e as letras do alfabeto latino difiren en distintas linguas e úsanse para sons diferentes. Por exemplo, a palabra rusa Воронин transcríbese como Voronin en inglés, checo ou español, Voronine en francés e Woronin en alemán ou polaco.
Transliteración científica ou universitaria
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Transliteración científica.
A transliteración científica, tamén coñecida como o International Scholarly System, é un sistema que se usa en Lingüística dende ó século XIX. Baséase no alfabeto checo e no alfabeto latino usado nalgunhas linguas eslavas do sur e forma a base dos sistemas GOST e ISO.
GOST
[editar | editar a fonte]GOST 16876 (1971)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: GOST 16876-71.
Desenvolvido pola Administración Nacional para a Xeodesia e a Cartografía do Consello de ministros da URSS. O GOST 16876-71 estivo en servizo durante uns 30 anos e é o único sistema de romanización que non usa diacríticos. Foi substituído polo GOST 7.79.
GOST ST SEV 1362 (1978)
[editar | editar a fonte]Este estándar é equivalente ó GOST 16876-71 e foi adoptado como estándar oficial polo COMECON.
GOST 7.79 (2002)
[editar | editar a fonte]GOST 7.79-2000 Sistema de estándares sobre información, biblioteconomía, e publicacións – Regras para a transliteración dos caracteres cirílicos usando o alfabeto latino é o sistema sobre transliteración máis moderno dentro dos estándares GOST. Esta normalización é unha adopción da ISO 9:1995 e é actualmente o oficial para Rusia e para CEI.
ISO
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: ISO 9.
ISO/R 9
[editar | editar a fonte]ISO/R 9, feito en 1954 e actualizado en 1968, foi a adopción da transliteración científica pola ISO. Cobre ó ruso e mais outras sete linguas eslavas.
ISO 9
[editar | editar a fonte]ISO 9:1995 é o estándar actual de transliteración da ISO. Baseouse no seu predecesor ISO/R 9:1968, ó cal substitúe. Para o ruso só difire no tratamento de cinco letras modernas. É o primeiro sistema biunívoco (dunha letra a unha letra) e independente da lingua e relaciona os seus equivalentes mediante o uso dos diacríticos. Representa correctamente o orixinal e permite a transliteración de texto nos dous sentidos do cirílico en calquera alfabeto contemporáneo e viceversa.
Sistema de romanización da ONU
[editar | editar a fonte]O UNGEGN (United Nations Conference on the Standardization of Geographic Names), un grupo de traballo da ONU, recomendou en 1987 un sistema de romanización para nomes xeográficos, que se baseou na versión de 1983 do GOST 16876-71. Pódese atopar nalgúns produtos cartográficos internacionais.
ALA-LC
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: ALA-LC romanización do ruso.
As táboas de romanización para os alfabetos eslavos da American Library Association e da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos (ALA-LC) están en uso nas librerías norteamericanas dende a súa creación en 1997. A versión non ambigua do sistema require do uso dalgúns diacríticos e de dígrafos que na práctica non se usan.
BGN/PCGN
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: BGN/PCGN romanización do ruso.
O sistema BGN/PCGN é intuitivo en lectura e escritura para os anglófonos. En varias publicacións úsase un modo simplificado para obter versións inglesas do nome ruso cos seguintes cambios:
- convertendo ë en yo,
- simplificando -iy en -yy e finalmente a -y
- omitindo os apóstrofos de ъ e ь.
Pode escribirse usando só as letras básicas e a puntuación atopadas nos teclados anglosaxóns: non hai diacríticos e non se necesitan caracteres especiais, aínda que o carácter Interpunct (•) pódese usar opcionalmente para evitar ambigüidades.
Este estándar é parte do sistema de romanización BGN/PCGN que foi desenvolvido pola United States Board on Geographic Names e polo Permanent Committee on Geographical Names for British Official Use. A parte do sistema correspondente á lingua rusa foi adoptado polo BGN en 1944, e polo PCGN en 1947.
Táboa de transliteración
[editar | editar a fonte]Cyrillic | Universitaria | ISO/R 9:1968 | GOST 1971 | ONU | ISO 9:1995; GOST 2002 | ALA-LC | BGN/PCGN |
---|---|---|---|---|---|---|---|
А а | a | a | a | a | a | a | a |
Б б | b | b | b | b | b | b | b |
В в | v | v | v | v | v | v | v |
Г г | g | g | g | g | g | g | g |
Д д | d | d | d | d | d | d | d |
Е е | e | e | e | e | e | e | e, ye † |
Ё ё | ë | ë | yo | ë | ë | ë | ë, yë † |
Ж ж | ž | ž | zh | ž | ž | zh | zh |
З з | z | z | z | z | z | z | z |
И и | i | i | i | i | i | i | i |
Й й | j | j | j | j | j | ĭ | y |
К к | k | k | k | k | k | k | k |
Л л | l | l | l | l | l | l | l |
М м | m | m | m | m | m | m | m |
Н н | n | n | n | n | n | n | n |
О о | o | o | o | o | o | o | o |
П п | p | p | p | p | p | p | p |
Р р | r | r | r | r | r | r | r |
С с | s | s | s | s | s | s | s |
Т т | t | t | t | t | t | t | t |
У у | u | u | u | u | u | u | u |
Ф ф | f | f | f | f | f | f | f |
Х х | x | ch | x | h | h | kh | kh |
Ц ц | c | c | cz, c [‡] | c | c | t͡s | ts |
Ч ч | č | č | ch | č | č | ch | ch |
Ш ш | š | š | sh | š | š | sh | sh |
Щ щ | šč | šč | shh | šč | ŝ | shch | shch |
Ъ ъ | ʺ | ʺ | ʺ | ʺ | ʺ | ʺ [*] | ʺ |
Ы ы | y | y | y' | y | y | y | y |
Ь ь | ʹ [††] | ʹ | ʹ | ʹ | ʹ | ʹ | ʹ |
Э э | è | ė | eh | è | è | ė | e |
Ю ю | ju | ju | yu | ju | û | i͡u | yu |
Я я | ja | ja | уа | ja | â | i͡a | ya |
Letras anteriores a 1918 | |||||||
І і | i | i | i, i' ** | ĭ | ì | ī | – |
Ѳ ѳ | f | ḟ | fh | ḟ | f̀ | ḟ | – |
Ѣ ѣ | ě | ě | уе | ě | ě | i͡e | – |
Ѵ ѵ | i | ẏ | yh | ẏ | ỳ | ẏ | – |
Letras anteriores ó século XVIII | |||||||
Ѕ ѕ | dz | – | – | – | ẑ | – | – |
Ѯ ѯ | ks | – | – | – | – | – | – |
Ѱ ѱ | ps | – | – | – | – | – | – |
Ѡ ѡ | ô, o | – | – | – | – | – | – |
Ѫ ѫ | ǫ, u | – | – | – | ǎ | – | – |
Ѧ ѧ | ę, ja | – | – | – | – | – | – |
Ѭ ѭ | jǫ, ju | – | – | – | – | – | – |
Ѩ ѩ | ję, ja | – | – | – | – | – | – |
- † BGN/PCGN: ye e yë úsanse para indicar iotacismo nunha palabra inicial, e logo dunha vogal, й, ъ, ou ь.
- ‡ GOST 7.79-2000: Recoméndase usar C antes de I, Е, Y, J e CZ nos outros casos.
- ** GOST 7.79-2000: o і cirílico no ucraíno e no búlgaro sempre se translitera como a letra latina i, así como nos textos en Ruso Antigo e Búlgaro Antigo onde se usaba antes de vogal. En caso de que caia antes dunha consoante, por exemplo na palabra мiрь, translitérase como i'.
- †† ʹ é o carácter Unicode 02B9, "modifier letter prime". Ver [1].
Alfabeto latino
[editar | editar a fonte]Nunha segunda acepción, a romanización do ruso pode tamén usarse para o caso do uso do alfabeto latino para escribir ruso. Este alfabeto non é necesario que sexa moi semellante á ortografía tradicional cirílica. A transición do alfabeto cirílico ó latino foi proposta moitas veces ó longo da historia, pero nunca a grande escala excepto para transcricións ad hoc da grafía (p.e. volapuk) e da fonética (p.e. translit) debido a restricións técnicas (p.e. ASCII, SMS, IRC).
Así e todo, houbo propostas sistemáticas, algunhas do final dos anos 1990, cando a caída da Unión Soviética coincidiu coas restricións tecnolóxicas. Algúns suxeriron harmonizar os glifos das vogais dentro dos cinco pares. Baseándose nos glifos latinos comúns a, e, i/ı, o, u/y, isto levaríase a cabo poñendo marcas diacríticas (p.e. diéreses, caron, circunflexo) nas duras e nas brandas, unificándoas e deixando que o contexto decida cal delas é a correcta, ou deixando as máis comúns sen acento e adoptando diacríticos separados ou caracteres especiais para as duras e as brandas. Outra opción sería usar dígrafos coa y ou a j -escollendo un deles- para as vogais brandas mentres que й podería representarse co outro glifo. Suxeriuse o uso obrigatorio de marcas para sinalar a vogal tónica, especialmente no caso da о.
Base | Dura | Branda | ||
---|---|---|---|---|
a | ă, å | а | я | ä, â |
e | ĕ, ə | э | е | ë, ê |
ı (i) | ĭ, ı | ы | и | ï/i, î |
o | ŏ, ø | о | ё | ö, ô |
u (y) | ŭ, ů | у | ю | ü, û |
•, ’, | | ъ | ь | :, ~, - |
O concepto representado polo signo duro e o signo brando é alleo ó alfabeto latino, polo que hai quen opina que a mellor opción é amosar marcas diacríticas (p.e. til) tamén nas consoantes (p.e. ñ, ł).
Algunhas letras latinas, como o w e o q, e mesmo o x ou h, non teñen equivalente no alfabeto cirílico moderno e poden, polo tanto, usarse libremente para sons que doutro xeito requirirían diacríticos ou dígrafos.
A táboa seguinte amosa as consoantes, non na orde tradicional senón onde sexa posible un par de consoante xorda coa súa correspondente sonora. Moitas das adaptacións son directas e incuestionables. A aproximación diacrítica, á esquerda da táboa, está orientada máis ó checo ou ó turco. A aproximación con dígrafos, dereita da táboa, está máis orientada ó polaco, inglés, alemán ou francés. Como se explicou arriba, non dá unha correspondencia biunívoca senón que aproxima equivalentes para moitas propostas.
b | б | п | p |
---|---|---|---|
v | в | ф | f |
g (ğ, w) | г | к | k |
d | д | т | t |
z | з | с | s |
ц | c, ţ; ts | ||
ч | č, ç, ť, ţ; q; ch, cz, tsh, tš, tş | ||
ž, ʒ, ƶ, ż; j, x; zh | ж | ш | š, ş; w; sh, sz |
щ | ŝ; w; šč, şç, šh, şh, shh, sch … | ||
j, y | й | х | h, x |
l | л | р | r |
m | м | н | n |
Onde г adoita máis ben como /v/ ou /w/, proponse usar ğ ou ģ.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Romanizacións informais do ruso
- Romanización do búlgaro
- Romanización do ucraíno
- Rusificación dos ordenadores
- Codificación Volapuk
- Alfabeto de chat ruso
- Faux Cyrillic
- Kyrillisches Alphabet (de [:de:Hauptseite Wikipedia Alemá]) amosa como transliterar entre ó ruso e o alemán.
- Estándares GOST
- Lingua rusa
- Lingua búlgara
- Lingua ucraína
- Latinización na Unión Soviética
Notas
[editar | editar a fonte]- U.S. Board on Geographic Names Foreign Names Committee Staff, 1994. Romanization Systems and Roman-Script Spelling Conventions, pp. 84–85.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resumo dos sistemas de romanización para o ruso (Adobe PDF) por Thomas T. Pedersen.
- Sistema recomendado pola ONU para o ruso (Adobe PDF)
- American Library Association & Library of Congress Romanization.
- Transliterador en liña entre o Cirílico e o Latino GOST 7.79-2000 Arquivado 05 de abril de 2008 en Wayback Machine..
- Disposición de teclado ruso transliterado (fonético)[Ligazón morta].
- Base de datos de translacións e transliteracións de topónimos rusos.
- Comparativa da transliteración do ruso en varias linguas europeas, morse, braille, xeorxiano e árabe.
- Umschrift des russischen Alphabets—Transliteración do ruso en varios sistemas incluíndo DIN 1460 (1982) [=ISO/R9:1968], GOST ST SEV 1362 (1978), e BSI BS 2979 (1958)
- GOST 7.79-2000[Ligazón morta] (en ruso) — Sistema de estándares na información, bibliotecomía e publicacións. Regras para a transliteración da escritura co alfabeto cirílico no alfabeto latino.