Saltar ao contido

Richard Leakey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Leakey

(1986) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Erskine Frere Leakey Editar o valor en Wikidata
19 de decembro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Nairobi, Kenya Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Nairobi, Kenya, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNgong Hills (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director National Museums of Kenya (en) Traducir
1974 – 1989
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLenana School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleoantropoloxía, conservação da natureza (pt) Traducir, animal protection (en) Traducir, política, Parque nacional, museo nacional, paleontoloxía e Monumento natural Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleoantropólogo, profesor universitario, autobiógrafo, paleontólogo, ecoloxista, político, conservacionista, antropólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Stony Brook (2002–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSafina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoHumanismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMeave Leakey (1970–) Editar o valor en Wikidata
FillosLouise Leakey Editar o valor en Wikidata
PaisLouis Leakey Editar o valor en Wikidata  e Mary Leakey Editar o valor en Wikidata
IrmánsPhilip Leakey
Jonathan Leakey Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Leakey, Richard E., 1944-,
Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:2) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2611466 BNE: XX965183 Discogs: 461097 WikiTree: Leakey-110 Find a Grave: 235497909 Editar o valor en Wikidata

Richard Erskine Frere Leakey, nado en Nairobi (Kenya) o 19 de decembro de 1944 e finado o 1 de xaneiro de 2022, foi un paleontólogo e conservacionista kenyano de orixe británica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Leakey comezou a súa carreira seguindo os pasos dos seus pais, Louis e Mary Leakey, coa descuberta dos fósiles de homínidos na África Oriental, entre os que destaca o neno de Turkana, atopado en Koobi Fora, preto do Lago Turkana, dunha antigüidade de 1,5 millóns de anos. É o esqueleto de Homo erectus máis completo que se atopou ata o de agora. Leakey e Roger Lewin describiron este descubrimento e a súa interpretación no seu libro Origins Reconsidered (1992).

En 1989 o presidente de Kenya, Daniel Arap Moi nomeouno xefe do Kenyan Wildlife Service (KWS), en resposta ás críticas internacionais pola progresiva desaparición dos elefantes e o impacto que estaba tendo na vida salvaxe do país. Leakey creou unidades ben armadas e adestradas para loitar contra da caza ilegal, que procuraba o marfil, do elefante, que resultaron moi eficaces, pero que tamén lle ocasionou incontables inimizades con parte da poboación e políticos locais pola firmeza en aplicar a súa política e polo seu carácter incorruptible.

En 1993 Leakey perdeu ambas as pernas nun accidente de avioneta, sospeitouse que fora unha sabotaxe, pero non se puido probar, diante o anuncio do goberno kenyano de evidencias de corrupcións no KWS, Leakey dimitiu en xaneiro de 1994. Foi substituído por David Western. As súas experiencias no KWS contounas no seu libro Wildlife Wars: My Battle to Save Kenya's Elephants (2001).

En maio de 1995 Richard Leakey uniuse a un grupo de intelectuais kenyanos para lanzar un novo partido, Safina, do que foi secretario xeral e deputado dende 1997. En 1999 a insistencia internacional nomeou a Leakey secretario do gabinete e xefe do servizo civil, posto no que permaneceu ata 2001.