Resident Evil 3: Nemesis
Resident Evil 3: Nemesis | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Lanzamento | 22 de setembro de 1999 |
Xénero | survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation, GameCube e Dreamcast |
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/bio_series/biohazard3.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil 3: Nemesis é un videoxogo producido por Capcom, pertencente á serie Resident Evil. Cronoloxicamente está situado antes e despois do Resident Evil 2. Tamén está ambientado en Raccoon City. Foi lanzado para PlayStation, Dreamcast, GameCube, PC e en breve sairá en Wii. Pódese descargar desde PlaySation Network na Store nipoa.
Historia
[editar | editar a fonte]Narra a fuxida de Jill Valentine de Raccoon City. Jill xa se vira mesturada nos incidentes da mansión Spencer, contados no primeiro Resident Evil. A axente dos S.T.A.R.S. abandona o seu domicilio e diríxese á comisaría de policía. Durante o traxecto atópase cun antigo compañeiro das unidades especiais, Brad Vickers, que é asasinado por unha nova arma biolóxica, o Némesis. Jill atravesa diversos escenarios de Raccoon City fuxindo de Némesis. Coñece ademais a un grupo de mercenarios de Umbrella, que foran enviados a tentar eliminar o gromo de virus T, así coma acabar con calquera proba da súa implicación nestes feitos. Estes tres mercenarios son Carlos Oliveira, Mikhail Viktor e Nikholai Gianovaef. Únese a eles e xuntos buscan unha saída da cidade. Mikhail morre a mans de Némesis e Nikholai é un traidor.
Nun dos encontros, Némesis fere a Jill e inféctaa co virus T. Inmediatamente despois, Carlos acode ao hospital, onde atopa unha vacina. Sae del xusto cando estoupa unha bomba nel. Jill, xa recuperada, e Carlos entéranse de que o goberno norteamericano planea "esterilizar" a cidade co uso de mísiles. Faise urxente saír canto antes. Tras unha dura batalla con Némesis, logran fuxir nun helicóptero antes da destrución da cidade.
Características do xogo
[editar | editar a fonte]Segue un estilo similar ao dos dous xogos anteriores: punto de vista en terceira persoa, cámara fixa, escenarios estreitos e agobiantes, restos de sangue e cadáveres pola cidade... A diferenza dos xogos anteriores, hai un maior volume de munición. En momentos puntuais hai que resolver certos crebacabezas para poder avanzar.
Unha vez rematado o xogo é posible desbloquear novos traxes (por exemplo, o traxe de Regina, a protagonista doutro xogo de Capcom, Dino Crisis). Xogando na maior dificultade, poden desbloquearse novas armas, de maior potencia e cadencia de disparo cas normais.
Crítica e vendas
[editar | editar a fonte]Cando foi lanzado en 1999 para PlayStation diversos medios especializados déronlle boas notas. En Metacritic acadou un 71 a versión de PC[1], un 62 a de GameCube[2] e un 79 a de Dreamcast[3].
A versión orixinal de PlayStation vendeu máis de 3 millóns e medio de unidades[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2009.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4161®ion=All