Rennell
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Rennell e Bellona, Illas Salomón | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 15 () × 86 () km | ||||
Superficie | 660 km² | ||||
A illa Rennell, localmente coñecida como Mugaba, é a illa principal das dúas illas habitadas que conforman a provincia Rennell e Bellona das Illas Salomón. A illa Rennell ten unha superficie de 660 km². É o segundo atol de coral máis alto no mundo[1] e posúe o lago máis grande de todas as illas do Pacífico, o lago Tegano,[2] que está recoñecido como Patrimonio da Humanidade. A illa Rennell ten unha poboación de preto de 3.000 habitantes descendentes de polinesios que principalmente falan renbelian, pijin e inglés. As illas Rennell e Bellona son dúas das poucas illas das polinesias Illas Salomón clasificadas como melanesias (as outras son Sikaiana, Ontong Java, Tikopia, Anuta, Illas Duff e as Reef Islands).
A illa atópase a 236 km ao sur de Honiara e a 1900 km ao nordeste de Brisbane. A capital da provincia, Tigoa, está no extremo occidental da illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre o 2000 e 1600 antes de Cristo, fixeron a súa aparición os primeiros poboadores que pertencían á cultura Lapita. Unha segunda ocupación produciuse tanto en Rennell e Bellona ao redor de 130 a.C., con outra ocupación ao redor do 1.000 d.C.[3]
O último asentamento de Renbel ocorreu antes do 1400 d.C. por polinesios de Uvea (agora Illa Wallis). O Capitán Butler, do HMS Walpole descubriu as illas en 1801, logo de descubrir e bautizar a illa Walpole de Nova Caledonia. En 1933, o Expedición Templeton Crocker descubriu varias especies endémicas das illas. Durante a campaña do Pacífico na segunda guerra mundial hidroavións Rufe xaponeses operaron desde o lago Tegano e a partir de 1943 o lago foi utilizado como base polos Catalinas americanos. A batalla da illa Rennell foi a última batalla naval da Campaña de Guadacanal que ocorreu entre o 29 de xaneiro de 1943 e o 30 de xaneiro de 1943. Ao final da guerra, oito Catalinas afundíranse no lago e pódense ver desde a superficie do lago. A illa foi posteriormente visitado por unha serie de expedicións de científicos daneses.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As illas son de orixe volcánica con baseamento formado entre finais do Cretáceo e principios do Eoceno. Movementos tectónicos elevaron o leito mariño para permitir a construción de coral. A illa é o segundo maior atol de coral elevado do mundo. Está en gran parte sen modificar e inclúe o lago máis grande do Pacífico Sur.
A illa está a aproximadamente unha hora de voo ao sur de Honiara. Está case totalmente rodeada por cantís de 120–150 m, co extremo oriental dominado por un gran lago, mentres que o extremo occidental é relativamente plano, con outeiros boscosos. Unha estrada, coñecida como a Ruta de Copperhead, atravesa a illa desde a pista de aterraxe de Tigoa no oeste ata a zona portuaria de Labagu no sur, cun ramal cara ao leste ata o lago.
Lago Tegano
[editar | editar a fonte]Os mapas oficiais das Illas Salomón nomean este lago como Te Nggano, mentres que os locais se refiren ao lago como Tegano, Tungano ou Big Water. O lago ten 29 km de lonxitude e 10 km de largo, cunha superficie de 155 km², que ocupa o 17,6% da superficie total da illa Rennell. O lago está situado na conca central de Rennell, que era a antiga lagoa.
O fondo duro está cuberto por varios metros de lodo en suspensión. O lago ten unha concentración de sal elevada está mantido por un sistema de condutos subterráneos que o conectan co mar.
A profundidade da auga é de 44 metros e consiste nunha mestura de auga doce e salgada. A distancia media desde a beira do lago ao océano está a 2 km, o lago está catalogado como Patrimonio da Humanidade.
En 2013, o World Heritage Committee engadiu a East Rennell á Lista do patrimonio mundial en perigo debido á ameaza de realizar actividades de talla de árbores polo excelente valor universal do sitio. [4]
No punto máis oriental do lago está Tigoa a antiga base aérea da segunda guerra mundial. Os habitantes afirman que hai 9 avións no fondo do lago, cinco visibles en barca.[5]
Clima
[editar | editar a fonte]A temperatura media é de 23-28 graos Celsius con preto de 4.000 mm de choiva ao ano e unha alta humidade durante ambas tempadas. Os ventos alisios do sueste prevalecen desde abril ata finais de novembro. A illa atópase dentro da banda das traxectorias de ciclóns e está suxeita aos ciclóns a intervalos relativamente frecuentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joshua Calder (2006). "Largest Coral Atoll in the world". World Island Information. Consultado o 2008-10-10.
- ↑ UNEP World Conservation. "Largest lake in the Pacific". Protected Areas Programme. United Nations. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 2008-10-10.
- ↑ Wingham, E.J (1997). Nomination of East Rennell, Solomon Islands for inclusion in the World Heritage List - Natural sites. NZ: New Zealand Official Development Assistance Programme, Ministry of Foreign Affairs and Trade. p. 47. UN Protected areas Programme Arquivado 18 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Comité do Patrimonio Mundial. Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, ed. [https: //whc.unesco.org/en/news/1034 "O Comité do Patrimonio Mundial inscribe a East Rennell na Lista do patrimonio mundial en perigo"]
|url=
incorrecto (Axuda). Consultado o 13 de agosto de 2013. - ↑ Joseph Puia Niupuni Village, discussion July 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rennell |