Ragnall Guthfrithsson
- Non confundir con Ragnald Godfredsson de Mann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 945 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Familia | |
Pai | Gofraid ua Ímair |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Ragnall Guthfrithsson (nórdico antigo: Røgnvaldr Guðrøðsson, irlandés antigo: Ragnall mac Gofraid), finado en 944 ou 945, foi un monarca hiberno-nórdico do reino viquingo de York que gobernou en diarquía co seu primo Amlaíb Cuarán no século X.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gofraid ua Ímair, bisneto de Ímar, e irmán do rei viquingo de Dublín Blácaire mac Gofrith, por tanto pertence á lendaria e poderosa dinastía Uí Ímair[1].
Ragnall e Amlaíb gobernaron York até 944 cando son expulsados. A cronoloxía dos feitos entre a morte de Aethelstan, rei de Inglaterra, e a expulsión de Amlaíb e Ragnall non está clara, xa que as diferentes versións da Crónica Anglosaxoa non se poñen de acordo[2]. A Crónica Anglosaxoa relata que:
- O rei Edmund conquistou toda Northumbria e puxo en fuga aos dous reis Olaf e Rægnald[3].
É posíbel que a presunta rivalidade entre ambos os caudillos viquingos contribuíse á súa caída[4]. Ragnall morreu no seu intento de recuperar York.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Downham, Viking Kings, pp. 43, 241 & 248; Costambeys, "Ragnall Guthfrithson"; Hudson, "Óláf Sihtricson"; Hudson, Viking Pirates, pp. 33–34; Woolf, Pictland to Alba, p. 181; Annals of Clonmacnoise, s.a. 933.
- ↑ Higham, "Five Boroughs"; Higham, Kingdom of Northumbria, p. 193; Miller, "Edmund"; Woolf, Pictland to Alba, p. 174; pero que Amlaíb controlase o Danelaw de Mercia é cuestionado por Downham, Viking Kings, pp. 108–109.
- ↑ Swanton, Anglo-saxon Chronicle, pp. 110–111, Ms. A, s.a. 944, Ms. E., s.a. 944.
- ↑ Downham, Viking Kings, pp. 46 & 111–112; Woolf, Pictland to Alba, p. 182.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Annals of the Four Masters". Corpus of Electronic Texts (16 decembro 2013 ed.). University College Cork. 2013. Consultado o 23 novembro 2014.
- "The Annals of Ulster". Corpus of Electronic Texts (15 agosto 2012 ed.). University College Cork. 2012. Consultado o 23 novembro 2014.
- Thorpe, B, ed. (1861). The Anglo-Saxon Chronicle. Rerum Britannicarum Medii Ævi Scriptores. Vol. 1. London: Longman, Green, Longman, and Roberts. acceso vía Internet Archive.
- Murphy, D, ed. (1896). The Annals of Clonmacnoise. Dublin: Royal Society of Antiquaries of Ireland. Consultado vía Internet Archive.
- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Costambeys, Marios (2004). "Ragnall Guthfrithson (fl. 943–944)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/23314. Consultado o 23 maio 2016. Subscription or UK public library membership Arquivado 29 de abril de 2013 en Wayback Machine. required.
- Skingley, Philip, ed. (2014). Coins of England & the United Kingdom: Standard Catalogue of British Coins 2015. Spink & Sons Ltd. ISBN 978-1-907427-43-5.