Río Yangtzé
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | República Popular da China | ||||
División administrativa | Qinghai, República Popular da China, Tíbet, República Popular da China, Yunnan, República Popular da China (pt) , Sichuan, República Popular da China, Chongqing, República Popular da China, Hubei, República Popular da China, Hunan, República Popular da China, Jiangxi, República Popular da China (pt) , Anhui, República Popular da China, Jiangsu, República Popular da China (pt) e Shanghai, República Popular da China | ||||
Localización | Altiplano do Tíbet | ||||
Final | |||||
División administrativa | República Popular da China | ||||
Localización | Shanghai | ||||
Desembocadura | Mar da China Oriental | ||||
| |||||
Afluentes | 34 | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Yangtzé (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 6.300 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.808.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 31.900 m³/s | ||||
O Yangtzé é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes.[1] É navegábel nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, até Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.
Nomes
[editar | editar a fonte]O seu nome oficial en chinés é Chang Jiang, que quere dicir simplemente «río longo». Adoita denominarse tamén Yangzi Jiang (en pinyin Yángzǐ Jiāng), que corresponde coa antiga transcrición Wade-Gilles Yang-tze-kiang; este nome alternativo é usado na zona do seu curso final e foi a primeira coñecida polos europeos, e ten sido traducido erradamente como Río Azul. En cantonés a súa denominación é Cheung Kong. En tibetano é coñecido como Dri Chu ou "Río da femia de iak" (dri designa o iak femia).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Curso alto
[editar | editar a fonte]O Yangtzé nace a 5.405 m de altitude, no glaciar Gangjiajubu[2], sito na cara sur do pico Geladandong (6.621 m), que forma parte do cordal Tanggula Shan, na provincia de Qinghai. Aquí é denominado río Tuotuo, comezando xa a recoller os primeiros tributarios por baixo dos 5.000 m de altura.
Moi encaixado, corre cara ao sur, delimitando a fronteira entre o Tíbet e a provincia chinesa de Sichuan, nun curso practicamente paralelo ao Mekong e ao Saluen. Aquí e denominado Jinsha (ou "río das areas douradas"). Nesta rexión atravesa as gargantas do Salto do Tigre, un canón de máis de 2.000 m de profundidade.
Curso medio
[editar | editar a fonte]Nas proximidades da cidade de Dongchuan, vira bruscamente para o norte, serpenteando polos montes Hengduanshuan en Yunnan. Logo vira de novo, esta vez para o leste, e recibe importantes afluentes como o Yalong, o Min e o Jialing, que o transforman nun xigantesco curso de auga lamacento, impetuoso e cargado de refugos e lixos, orixinados polos 120 millóns de habitantes e labregos da conca de Sichuan.
Atravesa a inmensa aglomeración de Chongqing, a cuxa altura se lle xunta o Jialing, unha das maiores cidades do interior da China, con máis de 5 millóns de habitantes, pero que é tamén un gran foco contaminador.
Xusto na altura desta metrópole, o Yangtzé atravesaba as Tres Gargantas, tres enormes canóns no curso medio, e onde se construíu o que constitúe un dos maiores encoros do planeta. As Tres Gargantas forman un espectáculo extraordinario que atrae numerosos turistas, posibilitando o desenvolvemento da industria turística, baseada na navegación entre Chongqing e Yichang. As gargantas ofrecen unha atmosfera misteriosa, en especial cando a brétema e o orballo forman pinguiñas que envolven os cantís e as penedías rochosas que enmarcan o río. Na época das choivas estivais, o nivel das augas pode subir máis de 100 metros, tornando a navegación moi perigosa.
Curso baixo
[editar | editar a fonte]Pasado ese tramo, o Chang Jiang continúa o seu curso cara á costa, mais agora anchéase e móvese con maior vagar, atravesando varios grandes lagos como os de Poyang e de Dongtin. Neste sector era onde se comezaban a ver os golfiños de auga doce (Lipotes vexillifer), practicamente xa dados por extintos. Porén, aínda se poden ver esturións, cullereiros e os crocodilos da China (Alligator sinensis).
En achegándose á costa do Mar da China oriental o río serpentea a través dos seus «nove meandros con forma de intestino» antes de desaugar nun enorme delta, ocupado por terras agrícolas, lagos e estanques, numerosos illotes e millares de hectáreas de canaveirais. Na desembocadura érguese a cidade portuaria de Shanghai, a maior metrópole chinesa. Ademais, está a conformarse a conurbación do Delta do Yangtzé.
Explotación hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Encoro das Tres Gargantas
O encoro das Tres Gargantas, en Yichang (宜昌), Hubei, está sobre o Yangtzé. Levántase no límite da rexión montañosa do alto Yangtzé e a chaira do Yangtzé medio, onde agora está o encoro de Ghezouba, nun punto no que o río posúe un caudal de 14.300 mModelo:Exp/s. A potencia prevista para o ano 2009 é de 22.500 MW. A central debería producir, a partir de entón, arredor de 85 TWh de electricidade por ano, é dicir 85.000 millóns de kw/h.
O Encoro das Tres Gargantas foi proposto polo político chinés Sun Yat-sen en 1919. O sitio foi inspeccionado en 1932 e 1939 polos chineses e xaponeses, respectivamente. Os xaponeses deseñaron un plan (o plan Otani) para o encoro, para despois decatarse de que seguiría baixo control chinés. Máis tarde, en 1944, os Estados Unidos axudaron a planificar o encoro, pero todo traballo cesou en 1947 debido á Guerra Civil Chinesa. En 1949 reanudáronse os traballos de planificación, aínda que moi lentamente debido aos problemas económicos do país.
En 1980 os traballos de planificación ían a bo ritmo, pero en 1992 moita xente votou en contra do encoro. Porén, o goberno aprobou o proxecto, e o 14 de decembro de 1994 comezaron as obras. O encoro xa estaba a plena capacidade a finais de 2008.
Outro importante encoro, o de Xiluodu, está en curso de construción a 770 km río arriba, entre os distritos de Yongshan, provincia de Yunan, e de Leibo, provincia de Sichuan. A misión desta presa é aliviar a presión que o Yantzé exercerá sobre o encoro das Tres Gargantas. A inauguración da central completa está prevista para 2015, cunha potencia de 12.600 MW[3][4].
Hidrometría
[editar | editar a fonte]Caudais medios do Yantgsé (en m³/s) medidos na estación hidrométrica de Datong
(Datos calculados no período de 1923-86, 64 anos)
Afluentes
[editar | editar a fonte]O Yangtzé conta con máis de 700 tributarios, mais os principais son[5]:
- Pola dereita:
- Wujiang, con 1.018 km de percorrido.
- Lishui.
- Yuangjiang.
- Zijiang.
- Xiangjiang, ten 801 km de lonxitude.
- Gangjiang, cun percorrido de 760 km.
- Pola esquerda:
Ramal | Nome do afluente | Chinés | Lonxitude (km) | Conca (km²) | Caudal (m³/s) | Desembocadura | Provincias que atravesa | |||||||
Cabeceiras | - | D | Sistema Jinsha–Tongtian–Tuotuo[6] | 340.000 | Yangtsé | |||||||||
- | - | Jinsha (Chang Jiang) | 长江 - 金沙江 | 2.308 | 340.000 | 31.900 | Yangtsé | |||||||
- | - | - | Río Guan (Guan He ou Yokoe) | 横江 | 305 | 14.780 | Río Jisha | |||||||
- | - | - | Río Niulan (ou Kraal) | 牛栏江 | 461 | 13.787 | Río Jisha | |||||||
- | - | - | Río Pudu | 普渡河 | 294 | Río Jisha | ||||||||
- | - | - | Río Yalong | 雅砻江 | 1.323 | 128.444 | Río Jisha | Yunnan | ||||||
- | - | - | Río Xianshui | 鲜水河 | 680 | Río Yalong | Sichuan | |||||||
- | - | - | Río Anning | 安寧河 | 320 | 11.000 | Río Yalong | |||||||
- | - | - | Río Tongtian | 通天河 | 813 | 138.000 | Río Jisha | |||||||
- | - | - | Río Qumar (o Qu Mar o Chumar) | 玛尔 | 527 | 20.800 | Río Tongtian | |||||||
- | - | - | Río Tuotuo | 沱沱河 | 375 | Río Tongtian | ||||||||
- | - | - | Río Danqu | 当 曲 | 352 | 30.220 | Río Tongtian | |||||||
I | - | Río Min | 岷江 | 735 | 140.000 | Río Jisha | Sichuan | |||||||
- | - | - | Río Dadu | 大渡河 | 1.155 | 92.000 | Río Min | |||||||
- | - | - | Río Qingyi | 284 | 12.897 | Río Dadu | ||||||||
Curso Superior | - | D | Río Nanguang | Yangtsé | ||||||||||
- | D | Río Changning | Yangtsé | |||||||||||
- | D | Río Yongning | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Tuo | 沱江 | 655 | 27 500 | Yangtsé (en Luzhou) | Sichuan | |||||||
- | D | Río Chishui | 436 | 20.400 | 430 | Yangtsé | ||||||||
- | D | Río Shangxi | Yangtsé | |||||||||||
- | D | Río Qijiang | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Jialing | 嘉陵江 | 1.119 | 230.000 | Yangtsé | Chongqing | |||||||
- | - | - | Río Fu | 涪江 | 700 | 36.400 | 572 | Río Jialing | ||||||
- | - | - | Río Qu | 渠江 | 720 | 39.200 | 663 | Río Jialing | ||||||
- | - | - | Río Bailong | 白龙江 | 576 | 31.800 | Río Jialing | Gansu Sichuan | ||||||
- | - | - | Río Baishui | 白水 | Río Jialing | |||||||||
- | D | Río Wu (xunto co Sancha e o Yachi) | 乌江 | 1.150 | 80.300 | Yangtsé | Guizhou Chongqing | |||||||
I | - | Río Pengxi | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Tangxi | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Meixi | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Shennongxi | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Longmen Xia | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Shennongxi | Río Yangtsé | Hubei | ||||||||||
I | - | Río Huangbo (ou Huangbai) | Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Qingjiang | 沱江 | 423 | 16.700 | Yangtsé | ||||||||
Curso Medio | - | D | Lago Dongting | 162.225 | Yangtsé | |||||||||
- | - | - | Río Li (ou Lishui) | 澧水 | 388 | 18.500 | Lago Dongting | Hunan | ||||||
- | - | - | Río Yuan (inclúe ao Qingshui) (ou Yuanjiang) | 沅江 | 1.033 | 89 163 | Lago Dongting | |||||||
- | - | - | Río You (ou Youshui) | 酉水) | 477 | 18.350 | Río Yuan | |||||||
- | - | - | Río Wu | 巫水 | 168 | Río Yuan | ||||||||
- | - | - | Río Zi (Zijiang) | 资江 | 653 | 28.100 | Lago Dongting | |||||||
- | - | - | Río Miluo | 汨罗江 | 400 | Lago Dongting | ||||||||
- | - | - | Río Xiang | 湘江 | 856 | 96.400 | Lago Dongting | Guangxi Hunan | ||||||
- | - | - | Río Xiao | 瀟水 | 354 | 12.099 | Río Xiang | |||||||
- | - | - | Río Liuyang | 234 | 4.665 | Río Xiang | ||||||||
- | - | - | Río Lian | 涟水 | 232 | 7.150 | Río Xiang | |||||||
- | - | - | Río Mi | 洣水 | 296 | 10.305 | Río Xiang | |||||||
- | - | - | Río Zheng | 蒸水 | Río Xiang | |||||||||
- | - | - | Río Lei | 耒水 | 439 | 11.905 | Río Xiang | |||||||
I | - | Río Dongjing | Río Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Huangsi | Río Yangtsé | |||||||||||
I | - | Río Han (Hànshǔi) | 汉江 - 汉水 | 1.532 | 176.000 | 1.200 | Río Yangtsé | Shaanxi Hubei | ||||||
- | - | - | Río Dan | 丹江 | 443 | 16.810 | Río Han | Shaanxi | ||||||
- | - | - | Río Tangbai | 唐白河 | 24.215 | Río Han | ||||||||
I | - | Río Fushui | 富水 | 196 | Yangtsé | Hubei | ||||||||
Curso inferior | - | D | Lago Poyang | Yangtsé | Jiangxi | |||||||||
- | - | - | Río Xiushui | 357 | 14.793 | Lago Poyang | ||||||||
- | - | - | Río Gan (ou Ganjiang) | 赣江 | 991 | 81.600 | Lago Poyang | Jiangxi | ||||||
- | - | - | Río Heshui | Río Gan | ||||||||||
- | - | - | Río Zhang | 章江 | 466 | Río Gan | ||||||||
- | - | - | Río Gong | 貢水 | 278 | 26.589 | Río Gan | |||||||
- | - | - | Río Meihe | 梅河 | Río Gong | |||||||||
- | - | - | Río Xiang | 湘水 | Río Gong | |||||||||
- | - | - | Río Xiu | 修水 | 357 | 14.793 | 483 | Lago Poyang | Jiangxi | |||||
- | - | - | Río Fu (ou Fuhe) | 抚河 | 312 | 15.800 | 483 | Lago Poyang | Jiangxi | |||||
- | - | - | Río Shun | 信江 | 360 | 17.600 | Lago Poyang | Jiangxi | ||||||
- | - | - | Río Xinjiang | Lago Poyang | ||||||||||
- | - | - | Río Raohe | 40 | 15.000 | Lago Poyang | ||||||||
- | - | - | Río Changjiang | 267 | 7.036 | 181 | Río Raohe | |||||||
- | - | - | Río Le'an | 279 | 8.456 | 489 | Río Raohe | |||||||
I | - | Río Huai He-lagos Shaobohu-Gaoyou-Hongze | 1.100 | 174.000 | Yangtsé |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ quote="Today, the Yangtze region is home to more than 400 million people, or nearly one-third of China's population. Some of China's largest cities" Arquivado 2017-12-13 en Wayback Machine. [1][Ligazón morta]. Consultado o 10 de setembro de 2010.
- ↑ O xeólogo alemán D. Ortlam probou, en agosto de 1989, que o Chang Jian nacía nese glaciar
- ↑ A central hidroeléctrica de Xiluodu aliviará a presión sobre do encoro das Tres Gargantas, Le Quotidien du Peuple en ligne, 9 decembro 2007
- ↑ Construction of Xiluodu Hydropower Station Starts, China.org.cn, 27 décembre 2005 (en inglés)
- ↑ Debe lembrarse que o chinés jiang vale por "río"; é transcrito ás veces kiang mesmo no nome do río aquí descrito, Yangtzé-kiang, ao que se lle apón, tautoloxicamente, río.
- ↑ a cabeceira principal do Yangtsé, formada polo Jinsha, que continúa augas arriba chamándose río Tongtian (813 km) e cuxa fonte máis lonxana é o río Tuotuo (375 km).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Yangtzé |