Queronea
(grc) Χαιρώνεια (el) Κάπραινα (el) Χαιρώνεια | ||||
Tipo | aldea | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Livadia Municipality, Grecia (en) e Commune of Cheronia, Viotia, Grecia (en) | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 133 m | |||
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia | ||||
Sitio web | heronia.gr | |||
Queronea (grego antigo Χαιρώνεια, Khairốneia) foi unha antiga cidade de Grecia situada na rexión de Beocia, na desembocadura do río Cefiso e contigua á rexión da Focea. Esta cidade fíxose famosa na historia por ter sido o escenario de batallas moi importantes e decisivas para o devir de Atenas.
Historia e características
[editar | editar a fonte]No ano -447, Queronea estaba en poder dos partidarios de Atenas que exercían a supremacía en Beocia. Por medio dun golpe de estado, o poder quedou en mans dos inimigos da principal pole grega. Os atenienses enviaron entón a Tólmides cun pequeno exército para que recuperase a cidade, pero foi derrotado, nas inmediacións, entre Queronea e Coronea, por unha alianza beocia contraria a Atenas. Tólmides morreu nesa batalla e Atenas perdeu a súa supremacía en Beocia.
En -424, a través dun complot intentouse que a cidade quedase en poder os atenienses. O plan foi descuberto e fracasou, polo que a cidade foi ocupada por unha forza beocia. Durante a guerra focidia, a cidade foi asediada sen éxito por Onomarco, o estratego focidio, e despois ocupada polo seu fillo Faleco.
O 7 de agosto de -338 desenvólvese a máis cruenta das batallas, na que Filipo II de Macedonia derrota ás forzas atenienses e beocias e, deste modo, comprométese a liberdade de Grecia, que queda baixo a influencia macedonia.
A última gran batalla de Queronea tivo lugar no ano -86, entre o exército romano mandado por Sila e o rei do Ponto, Mitrídates VI Eupátor
En Queronea naceu Plutarco, quen tamén morreu nesta mesma urbe. A cidade existiu durante todo o Imperio Romano e foi un centro de refinamento de aceites e perfumes de flores, que se usaban como remedios contra diverso tipo de dores. Queronea desapareceu durante a Idade Media.