Pyrococcus
Pyrococcus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P. furiosus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Pyrococcus é un xénero de arqueas da familia Thermococcaceae.[1] Pyrococcus ten características similares ás doutras arqueas termoautotróficas como Archaeoglobus, e Methanococcus con respecto ao seu carácter termófilo e anaeróbico. Pyrococcus diferénciase na súa temperatura de crecemento óptima, que é próxima aos 100 °C e habita a maiores profundidades no mar ca outras arqueas. O estudo de Pyrococcus serve para comprender mellor os posibles mecanismos utilizados para vivir en condicións ambientais extremas de presión e temperatura.
Xenoma
[editar | editar a fonte]Secuenciáronse tres especies de Pyrococcus. P. furiosus é o que ten o xenoma meirande, de 1,9 Mb, seguido de P. abyssi con 1,8 Mb e P. horikoshii con 1,7 Mb. Os xenomas codifican moitos encimas metabólicos, o que lles dá un amplo espectro de condicións de vida, e poden transportar e metabolizar unha ampla variedade de substancias. Tamén se detectaron variacións entre as especies.
Estrutura celular e metabolismo
[editar | editar a fonte]As células de Pyrococcus son dun tamaño de 0,8–2 μm e con forma de cocos lixeiramente irregulares. Presentan un grupo polar de flaxelos e están envoltos por unha capa S que encerra un espazo periplásmico arredor da membrana citoplasmática. As especies de Pyrococcus son anaeróbicas pero o seu metabolismo varía lixeiramente. A fermentación de péptidos é a principal vía metabólica, e observouse o crecemento de P. furiosus e P. abyssi con amidón, maltosa, e piruvato pero non no caso de P. horikoshii. Aínda que non precisan xofre elemental para crecer, o crecemento mellora coa adición de xofre.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]As especies de Pyrococcus viven en ambientes con temperaturas extremadamente altas como as chemineas termais submarinas. As súas condicións óptimas de crecemento son pH de arredor de 7, concentracións salinas de arredor de 2,5%, e temperatura de aproximadamente 98 °C. Como crecen a tan altas temperaturas teñen que ser organismos anaeróbicos, xa que a esas temperaturas de practicamente ebulición non hai oxíxeno dispoñible na auga. No caso das fontes termais submarinas, onde se encontrou a especie P. abyssi, non chega luz solar e a presión é dunhas 200 atm, o que se engade ás elevadas temperaturas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver no NCBI a páxina para Pyrococcus. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-06-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Revistas científicas
- Zillig W, Holz I, Klenk HP, Trent J, Wunderl S, Janekovic D, Imsel E, Haas B (1987). "Pyrococcus woesei, sp. nov., an ultra-thermophilic marine Archaebacterium, representing a novel order, Thermococcales". Syst. Appl. Microbiol. 9: 62–70. doi:10.1016/S0723-2020(87)80057-7.
- Fiala G, Stetter KO (1986). "Pyrococcus furiosus sp. nov. represents a novel genus of marine heterotrophic archaebacteria growing optimally at 100 °C". Arch. Microbiol. 145: 56–61. doi:10.1007/BF00413027.
- Bases de datos científicas
- Referencias de PubMed para Pyrococcus.
- Referencias de PubMed Central para Pyrococcus.
- Referencias de Google Scholar para Pyrococcus.