Saltar ao contido

Aigarchaeota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aigarchaeota
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Filo: Candidatus "Aigarchaeota"
Xéneros

Aigarchaeota é un novo filo candidato de arqueas que se coñece só por mostras con fragmentos de xenes de ARNr 16S e polo xenoma reconstruído a partir dunha libraria xenética da especie candidata Caldiarchaeum subterraneum non cultivada,[1] atopada nas profundidades dunha mina de ouro no Xapón. Mostras tomadas en ambientes xeotermais terrestres e mariños por todo o mundo conteñen material xenético de Aigarchaeota, que permitiría clasificalos en polo menos tres familias. Algúns autores opinan que en realidade forman parte dos Thaumarchaeota e Caldiarchaeum subterraneum é ás veces clasificado como Thaumarchaeota.[2][3]. As análises xenéticas realizadas apoian a idea de que os Aigarchaeota pertencen ao clado TACK (formado por Thaumarchaeota, Aigarchaeota, Crenarchaeota e Korarchaeota, as iniciais dos cales forman a sigla).[4] No candidato C. subterraneum o xenoma presenta características bastante diferentes ao doutras arqueas, e atopáronse proteínas como Ub, E1, E2 e unha pequena proteína da familia de dedo RING de cinc que pertencen a un sistema modificador similar ao da ubiquitina, todas as cales teñen motivos estruturais que se parecen aos dos sistemas eucarióticos e se apartan dos procarióticos. Os xenes atopados no xenoma de Caldiarchaeum subterraneum suxiren que podeía crecer quimiolitotroficamente utilizando hidróxeno ou monóxido de carbono como doante de electróns, e oxíxeno e nitrito como aceptores de electróns.[1]

  1. 1,0 1,1 Takuro Nunoura, Yoshihiro Takaki, Jungo Kakuta, Shinro Nishi, Junichi Sugahara, Hiromi Kazama, Gab-Joo Chee, Masahira Hattori, Akio Kanai, Haruyuki Atomi, Ken Takai e Hideto Takami. Insights into the evolution of Archaea and eukaryotic protein modifier systems revealed by the genome of a novel archaeal group. Nucleic Acid Research (2011). [1]
  2. Taxonomía do NCBI
  3. The ISME journal. Spotlight on the Thaumarchaeota
  4. Alba, T. W.; Goertz, G.; Williams, A. J.; Cole, J. K.; Murugapiran, S. K.; Dodsworth, J. A.; Hedlund, B. P. Diversity and Habitat Niche Modeling of Candidate Archaeal Phylum Aigarchaeota. American Geophysical Union, Fall Meeting 2013, en The Smithsonian/NASA Astrophysics Data System. [2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bases de datos científicas

[editar | editar a fonte]