Provincias dos Países Baixos
Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos desta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.
División
[editar | editar a fonte]Hoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).
As doce provincias están listadas a continuación:
|
Historia
[editar | editar a fonte]Case tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grao de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.
O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.
Os Departamentos do Período Francés
[editar | editar a fonte]Durante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos entre 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.
Nome galego | Nome neerlandés | Capital | Contidas nos territorio de |
---|---|---|---|
Departamento do Ems | Departement van de Eems | Leeuwarden | Norte de Frisia, Groninga |
Departamento do Vello IJssel | Departement van de Oude IJssel | Zwolle | Sur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria |
Department do Rin | Departement van de Rijn | Arnhem | Gueldria Central, Utrecht Leste |
Departamento do Amstel | Departement van de Amstel | Ámsterdam | Área arredor de Ámsterdan |
Departamento de Texel | Departement van Texel | Alkmaar | Holanda Setentrional menos Ámsterdan, noroeste de Utrecht |
Departmento do Delft | Departement van de Delft | Delft | Holanda Meridional até o Mosa, suroeste de Utrecht |
Departmento do Dommel | Departement van de Dommel | 's-Hertogenbosch | Parte leste do Brabante Bátavo, sur de Gueldria |
Departmento do Escalda e Mosa | Departement van de Schelde en Maas | Middelburg | Zelandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Bátavo |
Despois de só tres anos, a raíz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu a república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.
Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, principalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.
Nome galego | Nome francés | Nome neerlandés | Provincias modernas |
---|---|---|---|
Departamento do Zuiderzee | Département du Zuyderzée | Departement van de Zuiderzee | Holanda Setentrional e Utrecht |
Departamento da Foz do Mosa | Département des Bouches-de-la-Meuse | Departement van de Monden van de Maas | Holanda Meridional |
Departamento da Foz do Escalda | Département des Bouches-de-l'Escaut | Departement van de Monden van de Schelde | Zelandia |
Departamento dos Dous Nethen | Département des Deux-Nèthes | Departement van de Twee Nethen | Oeste do Brabante Norte e Anveres |
Departamento da Foz do Rin | Département des Bouches-du-Rhin | Departement van de Monden van de Rijn | Leste do Brabante Norte e sur de Gueldria |
Departamento do IJssel Superior | Département de l'Yssel-Supérieur | Departement van de Boven IJssel | Norte de Gueldria |
Departamento da Foz do IJssel | Département des Bouches-de-l'Yssel | Departement van de Monden van de IJssel | Overijssel |
Departamento de Frisia | Département de la Frise | Departement Friesland | Frisia |
Departamento do Ems Occidental | Département de l'Ems-Occidental | Departement van de Wester Eems | Groninga e Drenthe |
Departamento do Ems Oriental | Département de l'Ems-Oriental | Departement van de Ooster Eems | Frisia Oriental |
Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antigas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Regionale Kerncijfers Nederland" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.
- ↑ "Bevolking per regio naar leeftijd, geslacht en burgerlijke staat" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.