Haarlem
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Holanda Setentrional | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 162.543 (2021) (5.065,22 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 75.959 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,09 km² | ||||
Auga | 8,72 % | ||||
Bañado por | Spaarne (en) e Jan Gijzenvaart (en) | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Comparte fronteira con | Heemstede Haarlemmermeer (pt) Velsen (pt) Bloemendaal (pt) Haarlemmerliede en Spaarnwoude (en) (–2019) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1185 (Gregoriano) | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | São Bavão (pt) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | college van burgemeester en wethouders of Haarlem (en) | ||||
• Alcalde | Jos Wienen (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2000–2037 e 2063 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 023 | ||||
Código NUTS | NL324 | ||||
Código BAG | 2907 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | haarlem.nl | ||||
Haarlem é un concello e cidade dos Países Baixos, sendo a capital da provincia de Holanda Setentrional, a parte norte de Holanda, a cal foi unhas das máis poderosas das sete provincias da República Neerlandesa. A cidade está ás beiras do río Spaarne, ao redor de 20 km ao oeste de Ámsterdan e preto das dunas costeiras.
Foi o centro histórico do distrito de cultivo de tulipáns durante séculos e é alcumada por este motivo "Bloemenstad" (Cidade Flor). O concello de Haarlem tamén comprende parte da vila de Spaarnwoude, unha nova urbanización que forma parte da municipalidade de Haarlemmerliede en Spaarnwoude. O lema da cidade é Vicit vim virtus, en latín A virtude superou á violencia.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía desta cidade holandesa céntrase na industria floral (sobre todo tulipáns), cervexeira, téxtil e chocolateira.
Edificios famosos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]A cidade é famosa polos seus moitos hofje, asilos construídos ao redor de patios, que eran principalmente hospicios de fundación privada para anciás solteiras. Hoxe en día quedan 19 en Haarlem, moitos abertos ao público durante fins de semana. Moitos deles seguen pertencendo ás fundacións orixinais, e aínda se usan para mulleres solteiras anciás.
- Praza Grote Markt (Praza do Mercado Central), coa Casa do Concello, o Vleesha, o Hoofdwacht e o Grote ou Sint-Bavokerk. Aquí está a estatua de Cooster.
- Catedral de San Bavo.
As principais visitas de interese son dous museos:
- Museo Teylers (Teylers Museum). é o museo máis antigo dos Países Baixos. Está dedicado ás artes e as ciencias.
- Museo Frans Hals (Frans Hals Museum99), adicado a obras de Frans Hals e outros pintores da Idade de Ouro da pintura holandesa.
Ademais, poden verse:
- Muíño de vento De Adriaan.
- A ponte da cidade, o Amsterdamse Poort.
- A estación de ferrocarril de Haarlem, de estilo modernista.
- Teatro De Toneelschuur.
- A casa Corrie ten Boom.
- Vila Welgelegen.
- Os barrios Bosch e Vaart.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haarlem |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 19 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- Guía turística de Haarlem
- Imaxes de Haarlem
- Imaxes de HaarlemArquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- Viaxe a HaarlemArquivado 08 de abril de 2009 en Wayback Machine.