Saltar ao contido

Presidente da República Popular da China

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidente da República Popular da China
中华人民共和国主席
Titular
Xi Jinping
Dende o 14 de marzo de 2013

Designado porAsemblea Popular Nacional da República Popular da China
Nomeado porPresidium da Asemblea Nacional
Duración5 anos, renovable
Creación27 de setembro de 1954
Primeiro titularMao Zedong

O Presidente da República Popular da China é o xefe de Estado da República Popular da China.

Segundo a constitución do país, a presidencia é un cargo cunhas funcións en gran parte cerimoniais con poderes limitados.[1][2][3] É elixido pola Asemblea Popular Nacional para un mandato de cinco anos. O cargo está oficialmente considerado como unha institución do Estado máis que un posto administrativo. O Presidente actual é Xi Jinping, que tomou posesión do cargo en marzo de 2013.[4]

Dende 1993, excepto en breves períodos de transición, os presidentes ocuparon ao mesmo tempo o cargo de Secretario Xeral do Partido Comunista da China e de comandante en xefe do exército (como Presidente da Comisión Militar Central).

O cargo foi creado co establecemento da Constitución da República Popular da China en 1954 e foi ostentado sucesivamente por Mao Zedong e Liu Shaoqi. Liu caeu en desgraza política durante a Revolución Cultural e o cargo foi ocupado interinamente por Soong Ching-ling e Dong Biwu ata que foi abolido baixo a Constitución de 1975. Foi máis tarde restabelecido coa Constitución de 1982, mais con poderes reducidos.

Entre 1982 e 2018, a constitución estipulou que o presidente non podería exercer máis que dous mandatos consecutivos. Durante a era Mao e na actualidade dende 2018, non hai límites de mandatos.[5]

Requisitos e elección

[editar | editar a fonte]

Segundo a actual Constitución da República Popular da China, o Presidente ten que ser un cidadán chinés en posesión de todos os seus dereitos electorais e con máis de 45 anos.

O Presidente é elixido pola Asemblea Popular Nacional da República Popular da China (APNRPC), o corpo estatal máis alto da China, o cal tamén ten o poder de destituír o Presidente e outros cargos estatais. Os nomeamentos e destitucións son decididos por un voto de maioría simple.[6]

Segundo a Lei Orgánica da APNRPC, o Presidente é nomeado polo Presidium da APNRPC, o órgano executivo do Congreso.

En caso de que o cargo de Presidente quede vacante, o Vicepresidente sucédeo no cargo. En caso de que ambos os dous fiquen vacantes, o presidente da APNRPC actuará temporalmente como presidente até que a APNRPC poida elixir novos Presidente e Vicepresidente.[7]

Antes de marzo de 2018, o Presidente e o vicepresidente tiñan limitados a dous os seus mandatos consecutivos, pero estes límites foron eliminados na Asemblea Nacional Popular en 2018.[8]

Poderes e deberes

[editar | editar a fonte]

Baixo a constitución actual, establecida en 1982 con revisións menores en anos posteriores, o Presidente ten o poder de promulgar leis, seleccionar e destituír o primeiro ministro así como os ministros do Consello de Estado, outorgar indultos, declarar o estado de emerxencia, ordenar mobilización masivas, e conceder honras estatais. Ademais, o Presidente nomea e destitúe embaixadores en países estranxeiros, asina e anula tratados con entidades estranxeiras. Segundo a Constitución, todos estes poderes requiren da aprobación ou confirmación da APNRPC. Como a maioría de poderes presidenciais están subordinados á ratificación da APNRPC, o Presidente é, en esencia, un posto simbólico sen unha función directa no exercicio do poder. Está por tanto concibido principalmente como unha institución simbólica do Estado máis que un cargo con poderes executivos reais.[9]

Lista de xefes de Estado

[editar | editar a fonte]

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Outros xefes de Estado

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
# Presidente Data de nacemento Idade ao acceder ao cargo

(primeiro mandato)

Tempo no cargo (total) Idade ao deixar o cargo

(último mandato)

Data de morte Lonxevidade
1 Mao Tse Tung 26 de decembro de 1893 60 anos, 275 días 4 anos, 212 días 64 anos, 122 días 9 de setembro de 1976 82 anos, 258 días
2 Liu Shaoqi 24 de novembro de 1898 60 anos, 154 días 9 anos, 187 días 69 anos, 342 días 12 de novembro de 1969 70 anos, 353 días
Presidencia vacante
Interino Dong Biwu 5 de marzo de 1886 88 anos, 318 días 2 anos, 327 días 88 anos, 318 días abril 1975 89 anos, 28 días
Interino Soong Ching-ling 27 de xaneiro de 1893) 83 anos, 161 días 1 anos, 242 días 85 anos, 37 días maio 1981 85 anos, 37 días
Presidencia abolida
3 Li Xiannian 23 de xuño de 1909 73 anos, 360 días 4 anos, 295 días 78 anos, 290 días 21 de xuño de 1992 82 anos, 364 días
4 Yang Shangkun 3 de agosto de 1907 80 anos, 250 días 4 anos, 352 días 85 anos, 236 días 14 de setembro de 1998 91 anos, 42 días
5 Jiang Zemin 17 de agosto de 1926) 66 anos, 222 días 9 anos, 353 días 76 anos, 210 días Vive 98 anos e 85 días
6 Hu Jintao 21 de decembro de 1942 60 anos, 84 días 10 anos, 0 días 70 anos, 84 días Vive 81 anos e 325 días
7 Xi Jinping 15 de xuño de 1953 59 anos, 272 días 11 anos e 241 días Presente Vive 71 anos e 148 días
  1. "Ending Term Limits for China’s Xi Is a Big Deal. Here’s Why.". The New York Times (en castelán). 10 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  2. "Xi's here to stay: China leader tipped to outstay term" (en inglés). 9 de agosto de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  3. "China sets stage for Xi to stay in office indefinitely" (en inglés). 25 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  4. "Does Chinese leader Xi Jinping plan to hang on to power for more than 10 years?" (en inglés). 6 de outubro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  5. "CPC proposes change on Chinese president's term in Constitution" (en inglés). 25 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  6. Constitución da República Popular da China, Artigos 62, 63. (en inglés)
  7. Constitución da República Popular da China, Artigo 84. (en inglés)
  8. "China's Xi allowed to remain 'president for life' as term limits removed". BBC (en inglés). 11 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  9. Constitución da República Popular da China, Artigo 62, Sección 5. A APNRPC non ten o poder de nomear o primeiro ministro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]