Saltar ao contido

Plasma sanguíneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O plasma sanguíneo supón o 55% do volume do sangue total. O 45% restante corresponde aos elementos figurados (celulares).
Tubos con sangue e EDTA. O da esquerda está sedimentado e o sobrenadante é o plasma. O segundo ten as células sanguíneas aínda en suspensión.

O plasma sanguíneo é o compoñente líquido do sangue de cor amarelada no que están en suspensión as células sanguíneas. Por tanto, non contén células, pero si moitas substancias orgánicas e inorgánicas en disolución. O plasma supón o 55% do volume sanguíneo total.[1] É a parte intravascular (dentro dos vasos) do fluído extracelular do corpo (todos os fluídos que están fóra das células). Está composto principalmente de auga (ata o 95% do volume do plasma), e contén en disolución proteínas (6-8%) (por exemplo, albuminas, globulinas, e fibrinóxeno),[2] glicosa, factores de coagulación, electrólitos (Na+, Ca2+, Mg2+, HCO3-, Cl- etc.), hormonas, e dióxido de carbono.

O plasma serve como medio de transporte de produtos de excreción, nutrientes, gases, hormonas e como reserva de proteínas. Xoga un papel vital no efecto osmótico intravascular que mantén os electrólitos en niveis equilibrados. Protexe o corpo de infeccións (contén proteínas do sistema do complemento e anticorpos) e doutros trastornos sanguíneos.[3]

O plasma sanguíneo obtense por centrifugación (fraccionamento do sangue) a partir do sangue completo con anticoagulante engadido. As células sedimentan no fondo do tubo de centrifugación e no sobrenadante queda o plasma.[4] A densidade do plasma é de aproximadamente 1,025 g/mL.[5]

O soro sanguíneo é plasma sanguíneo que carece de factores de coagulación.[4]

A plasmaférese é unha terapia médica na que se extrae o plasma, trátase e reintégrase ao corpo.

O fluído corporal simulado (SBF) é un plasma sanguíneo sintético consistente nunha solución con similar concentración iónica á do plasma sanguíneo humano. Utilízase normalmente para a modificación superficial de implantes metálicos, e máis recentemente na introdución de xenes alleos nas células.

Composición

[editar | editar a fonte]
Concentración en masa dos constituíntes do plasma sanguíneo.

O plasma sanguíneo está composto en máis do 91% do seu volume de auga, e contén unha gran variedade de solutos. Entre eles están :

  1. Solutos minerais : oligoelementos e ións disoltos. A concentración total dos ións é un factor importante para o mantemento do equilibrio osmótico do sangue. Certos ións teñen tamén un efecto tampón que contribúe, xunto coas proteínas plasmátcias, a manter o pH do sangue arterial entre 7,35 e 7,45 en humanos.
    En mmol/L : Na+ (140), Cl- (105), K+ (5), PO43- (4), Ca2+ (2), Mg2+ (1), SO42- (0,2).
  2. Gases respiratorios (principalmente CO2, xa que a maior parte do O2 está nos eritrocitos).
  3. Solutos orgánicos. Hai dúas grandes clases destes solutos no plasma:
  1. Dennis O'Neil (1999). "Blood Components". Palomar College. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. Tuskegee University (May 29, 2013). "Chapter 9 BLOOD". tuskegee.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  3. "Ways to Keep Your Blood Plasma Healthy". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o November 10, 2011. 
  4. 4,0 4,1 Maton, Anthea; Jean Hopkins; Charles William McLaughlin; Susan Johnson; Maryanna Quon Warner; David LaHart; Jill D. Wright (1993). Human Biology and Health. Englewood Cliffs, New Jersey, USA: Prentice Hall. ISBN 0-13-981176-1. 
  5. The Physics Factbook – Density of Blood

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]