Pingüín de Humboldt
Pingüín de Humboldt | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Spheniscus humboldti Meyen, 1834 | |||||||||||||||
O pingüín de Humboldt (Spheniscus humboldti) é unha especie de ave non voadora esfenisciforme da familia Spheniscidae. Habita no océano Pacífico ó longo da costa oeste de Suramérica no Perú e Chile a que é percorrida pola Corrente de Humboldt ou Peruana, dende os 5º ós 41º 55' graos de latitude sur. Moi raramente atopáronse exemplares divagantes nas costas do Pacífico de Ecuador e Colombia. Mencionouse o seu achado na Patagonia arxentina e mesmo un espécime recadado en Punta Quilla, que en realidade pertence a Speniscus magellanicus. Nos últimos anos as súas poboacións reducíronse drasticamente a consecuencia da escaseza de lugares de nidificación, redución na oferta de alimentos, depredación por parte do home e, sobre todo, o impacto de fenómenos climáticos severos, como El Niño.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É endémico da corrente de Humboldt; nidifica na costa occidental de América do Sur, dende o Perú até Chiloé, en Chile.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Spheniscus humboldti". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Araya; Millie. Guía de campo de las aves de Chile (9na ed.). Editorial Universitaria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pingüín de Humboldt |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pingüín de Humboldt |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en BirdLife Arquivado 03 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Pingüín de Humboldt en Marwell