Paul Karrer
Paul Karrer, nado o 21 de abril de 1889 en Moscova (Rusia) e finado o 18 de xuño de 1971 en Zürich (Suíza), foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.
Biografía
[editar | editar a fonte]Karrer naceu en Moscova, fillo dos cidadáns suízos Paul Karrer e Julie Lerch e en 1892 a familia volveu a Suíza, onde se educou en Wildegg, Lenzburg e Aarau. Estudou química na Universidade de Zürich con Alfred Werner e logo de obter o doutoramento en 1911, pasou uns anos como asistente no Instituto Químico. Posteriormente, obtivo un posto no Instituto Quimioterápico George Speyer de Frankfurt, onde foi axudante de Paul Ehrlich. En 1918 volveu a Zürich como profesor auxiliar de química orgánica e en 1919 chegou a ser profesor de química da Universidade de Zürich e a director do seu Instituto de Química.
Karrer casou co Helena Froelich e tivo dous fillos.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]As súas investigacións máis notables estiveron relacionadas cos carotenoides e as flavinas, descubrindo que algúns deles, como o caroteno e a riboflavina, actúan como provitaminas A e B2, respectivamente. En 1938 conseguiu sintetizar o composto denominado alfatocoferol, que corrixe a esterilidad carencial de xeito análogo á vitamina E.
En 1937 foille outorgado o premio Nobel de Química, que compartiu con Walter Norman Haworth, polas súas investigacións sobre os carotenoides, flavinas e a vitamina A e vitamina B2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1937 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Paul Karrer en NNDB (en inglés)
Predecesor: Peter Joseph Wilhelmus Debye |
Premio Nobel de Química 1937 con Walter Norman Haworth |
Sucesor: Richard Johann Kuhn |