Saltar ao contido

Operación chumbo fundido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Operación chumbo fundido
Parte de Conflito árabe-israelí

Mapa da franxa de Gaza (Palestina)
Data 27 de decembro de 2008 — 18 de xaneiro de 2009
Lugar Franxa de Gaza (Palestina) e sur de Israel
Resultado en curso
Belixerantes
Israel (Exército de Israel) Hamas
Jihad Islámica de Palestina
Brigadas dos Mártires de Al Aqsa
Comités de resistencia popular
Frente Popular para a Liberación de Palestina
Líderes
Ehud Barak (Ministro de Defensa)
Gabi Ashkenazi (Xefe das Forzas Armadas)
Yoav Galant (Comandante militar da rexión sur)
Ismail Haniyeh
Mahmoud az-Zahar
Ahmed al-Ja'abari
Forzas en combate
176.500 (10 mil homes participan da ofensiva, resguardados por tanques, artillaría, navíos de guerra e avións de combate) 15.000 - 20.000
Baixas
Civís: 3
Militares: 10
Totais: 13
Totais: Entre 1.387 e 1.417[1]

A operación chumbo fundido[2] (en hebreo: מבצע עופרת יצוקה, transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Franxa de Gaza contra os militantes de Hamas e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeral[3][4][5][6][7][8][9][10][11], que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudías[12]), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacre[13][14][15][16][17][18][19] e mesmo un xenocidio[20][21][22][23][24]. Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de Hamas[25][26], durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na franxa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamas na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridos[27]. Esta acción foi respondida co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinos[28]. Cómpre subliñar que a franxa de Gaza se atopaba en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentos[29], e afogándose a por de si precaria economía da franxa[30]. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamas asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelís[31], aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamas déraa por finalizada por non a ter respectado[32].

Características xerais

[editar | editar a fonte]

O primeiro día da operación israelí, o 27 de decembro de 2008, comezou cun bombardeo aéreo da franxa que rematou con aproximadamente 225 palestinos mortos[33] e ó redor de 700 feridos[34]. En resposta, os mísiles lanzados dende a franxa, acabaron coa vida dun israelí en Netivot. Os bombardeos israelís tiveron coma obxectivos as oficinas e cuarteis de Hamas[35], campos de adestramento, túneles para introducir mercadorías de contrabando, infraestruturas civís así como mesquitas, casas e escolas en tódalas principais cidades[36]: Cidade de Gaza, Beit Hanoun, Khan Younis e Rafah. Ademais do bloqueo preexistente, a Mariña de Israel procedeu a bombardear e a realizar un bloqueo por mar á franxa, da que unha mostra é o ataque a un barco que levaba 4 toneladas de axuda médica a Palestina[37]. Pola súa banda incrementáronse os lanzamentos de mísiles por parte de forzas palestinas cara ó sur do territorio israelí, causando en varios días 3 mortos, varios feridos e danos materiais. O 3 de xaneiro iníciase a ofensiva por terra do territorio palestino, coa entrada da artillaría canda os soldados e mailos tanques[38], sumando estes ataques ós aéreos e ós navais.

O saldo de vítimas é de cando menos 1.314 palestinos mortos[39][40] (1.417 segundo o Centro Palestino pro Dereitos Humanos[41], 1.387 segundo datos da oenegué B'Tselem[42] e 1.444 segundo as autoridades de Gaza[1]) e 13 israelís (4 deles como consecuencia de fogo amigo)[43]. O número de feridos na franxa de Gaza foi de ó redor de 5.300 persoas (algúns deles con feridas moi graves, dos que algúns presentan queimaduras interpretadas como consecuencia da utilización de fósforo branco[44][45]). Outros datos[46][47] do masacre falan de 4.000 fogares destruídos en Gaza, máis de 20.000 gravemente danados, 50.800 gazatís sen fogar e 400.000 sen auga corrente, ademais de aumenta-los traumas psicolóxicos nos nenos[48].

O 17 de xaneiro Israel anunciou un alto ó fogo de xeito unilateral que entraría en vigor ás dúas da mañá (hora local) do 18 de xaneiro. Un día despois Hamas declarou a súa propia tregua unilateral durante unha semana para que Israel retirara as súas tropas e finalizase a ofensiva[49]. Aínda así producíronse algunhas accións máis, como a morte dun soldado israelí polo estoupido dunha bomba ó paso dunha patrulla militar. En resposta o exército israelí matou un granxeiro palestino[50][51]. O 21 de xaneiro os derradeiros militares israelís retiráronse da franxa de Gaza[52]. Pese a todo, o bloqueo da franxa de Gaza continúa por parte de Israel, como demostra o feito de que Israel impedira a un buque libanés entregar axuda humanitaria na franxa de Gaza[53].

Artigo principal: Conflito árabe-israelí.

A franxa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo, xa que ten unha poboación de 1.500.202 habitantes nunha área de 360 quilómetros cadrados, nos que case a metade da poboación ten menos de 14 anos (44,7 en xuño de 2007)[54].

As eleccións lexislativas palestinas de 2006 deron como gañador á organización islámica Hamas, posteriormente denominada terrorista pola Unión Europea[55] e mailos Estados Unidos de América[56]. Hamas acadou o 44,45% dos votos (74 escanos) e Fatah, a segunda forza recibiu o 41,43% (45 escanos). Tralo conflito militar entre Hamas e Fatah, Hamas asumiu o control administrativo e Exipto pechou o paso fronteirizo de Rafah e Israel pechou os demais pasos fronteirizos e impuxo un bloqueo ó territorio en xuño de 2007. A situación de desesperación e de crise humana obrigou ós palestinos a racha-lo bloqueo mediante túneles subterráneos que conectaban a franxa de Gaza con Exipto, para levar comida e obxectos de primeira necesidade, así como produtos de contrabando. Israel afirmou que a través dos túneles Hamas estaba procedendo a armarse.

De acordo coa Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios, entre 2005 e 2008 116 israelís, incluíndo civís e membros das Forzas de Defensa Israelí, resultaron mortos tanto en Israel coma en Territorios palestinos e 1.509 resultaron feridos[57]. Durante este mesmo período de tempo, 1.735 palestinos, incluíndo civís e militantes de diversos grupos foron asasinados mentres que 8.308 resultaron feridos en ataques israelís[57].

Tregua entre Israel e Hamas de 2008

[editar | editar a fonte]
Número de mortos en Israel e na franxa de Gaza en 2008.
Foguetes lanzados a Israel en 2008.
Obuses de morteiro lanzados a Israel en 2008.

O 19 de xuño de 2008 entrou en vigor un cesamento do fogo entre Hamas e o goberno israelí, mediado polo goberno exipcio[58]. En rigor, este acordo nunca se chegou a cumprir, xa que o cesamento das hostilidades non se produciu na súa totalidade[59]. Entre a materia do acordo atopábanse a apertura dos pasos entre a franxa de Gaza e Israel, así como a apertura do paso de Rafah, entre a franxa e Exipto. Tamén se comtemplaba o inicio das negociacións para a liberación do soldado israelí secuestrado por Hamas Gilad Shalit[60]. Ademais, a parte palestina, agardaba a fin do bloqueo que Israel impuxera sobre Gaza, e que provocou unha verdadeira catástrofe humanitaria. Nun documento[60] do Intelligence and Terrorism Information Center israelí a tregua divídese en dous períodos:

  1. Do 19 de xuño ó 4 de novembro: hai un marcado descenso no lanzamento de foguetes ó oeste do Negev. Esporadicamente viólase a tregua
por organizacións terroristas non controladas, en certos casos en desafío a Hamas (especialmente por militantes ou simpatizantes de Fatah e Al-Qaeda). Hamas foi coidadosa en mante-la tregua.
Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center[60]

A ONU rexistrou entre o 19 de xuño e 26 do mesmo mes 8 violacións da tregua por parte das forzas israelís e 3 por forzas palestinas, non asociadas a Hamas[61].

  1. Do 4 de novembro até o 17 de decembro: o 4 de novembro o exército israelí realiza unha acción militar asasinando a seis membros de Hamas[62]. En resposta, Hamas e as outras organizacións armadas lanzaron un ataque masivo de foguetes, que devolveron na práctica a situación a niveis anteriores á tregua. O 3 de decembro un ataque aéreo israelí matou a dous adolescentes de 15 e 17 anos na vila de Rafah[63]. O 17 de decembro novamente a aviación israelí atacou dous brancos dentro da franxa: un acocho de armas no campo de refuxiados de Jabaliya (onde Salah Abu Akel, membro do FPLP, foi asasinado, e outros dous membros da fronte foron feridos) e un suposto taller de fabricación de armas en Khan Yunis. O 18 de decembro a aviación seguiu bombardeando preto do campo de refuxiados de Jabaliya, a equipos de lanzadores de foguetes[64].
    Anteriormente, o 4 de decembro, o ministro de defensa israelí mostrábase a favor da continuidade da tregua, instando a Hamas a pregarse ó acordo[65], mentres Hamas, ó día seguinte mostrou o seu interese en continua-la tregua mediante un novo acordo que asegurara o cumprimento do anterior, especialmente que Israel mantivera sempre abertos os pasos fronteirizos, non reducira o tráfico comercial e detivera os ataques contra a franxa. Porén, tralos xa comentados ataques israelís, o 19 de decembro as Brigadas de Izz ad-Din al-Qassam, brazo militar de Hamas, anunciou que non renovaría a tregua finalizada ese día (a posición israelí era que a tregua era ilimitada no tempo).

Acontecementos inmediatamente anteriores ó conflito

[editar | editar a fonte]

Trala non renovación da tregua por parte de Hamas, aducindo que Israel non cumprira cos termos do acordo, a propia Hamas pescudou un novo achegamento para renova-la tregua mediante o cumprimento dos termos do acordo orixinal. Así pois, o 23 de decembro, un dos líderes de Hamas, Mahmou az-Zahar, instou a renova-la tregua neses mesmos termos[66]. Ese mesmo día as Forzas de Defensa Israelís (FDI) mataron un membro de Hamas e feriron outros dous que supostamente estaban a lanzar foguetes[67].

Ó día seguinte máis de 60 morteiros e foguetes Qassam foron lanzados sobre Israel sen causar ningún ferido[68]. O ministro de defensa israelí, Ehud Barak, asegurou que ían responder ós foguetes, e que Hamas ía paga-lo prezo como responsables dos ataques. Na mesma liña o primeiro ministro Ehud Olmert afirmou a unha canle árabe esas ameazas: "estoullo dicindo agora, pode se-lo derradeiro minuto, estou dicindo que paren. Nós somos máis fortes"[69]. Xa daquela oficiais da defensa aseguraban estar a piques de lanzar unha operación de ataques aéreos contra as lanzadeiras de foguetes, que continuaría cunha invasión terrestre[69].

Planificación da operación

[editar | editar a fonte]

A planificación da operación iniciárase seis meses antes, e incluíu unha campaña de desinformación para dar unha falsa sensación de seguridade a Hamas e provocar o meirande número de vítimas posibles co seu primeiro ataque aéreo[70][71].

O argumento empregado de xeito público polo goberno israelí é o do autoproclamado dereito á defensa, que está por riba de calquera resolución das Nacións Unidas[72]. Porén, xúntanse moitos intereses máis:

  • Por unha banda a presión para derrotar a Hamas, quen exerce o poder na franxa de Gaza despois da vitoria nas eleccións de 2006, para evita-los lanzamentos de foguetes de fabricación artesá[73]. Isto mesmo confirmouno o viceprimeiro ministro israelí, Haim Ramon[74]. As declaracións neste senso eran habituais dende había tempo. En febreiro de 2008, un ministro israelí, Matan Vilnai, chegou a dicir:
Canto máis se intensifique o lanzamento de Qassam e máis alcance acaden os foguetes, traerán sobre eles mesmos unha maior shoah[75], porque empregaremos tódalas nosas forzas para nos defender.
Matan Vilnai[76].
  • Tamén cómpre salienta-la proximidade das eleccións israelís, marcadas para o 10 de febreiro de 2009. As enquisas preelectorais daban a vitoria a un partido da oposición[77], o Likud, cuxo candidato foi o ex-primeiro ministro Benjamin Netanyahu. Ademais presaxiábase un ascenso da ultradereita, especialmente de Yisrael Beiteinu, liderado por Avigdor Lieberman. Tanto Yisrael Beiteinu coma o Likud avogaban por unha resposta moito máis contundente contra os palestinos (o propio Lieberman falara de lanzar unha bomba nuclear sobre Gaza)[78][79]. Por ese motivo hai quen aduce que a coalición gobernante, o Kadima (cuxa candidata era a ministra de relacións exteriores, Tzipi Livni) e mailo Partido Laborista (cuxo candidato era o ministro de defensa Ehud Barak), decidiu actuar con dureza á vista do seu desplome nas sondaxes para as próximas eleccións. Pouco antes do inicio da operación, as enquisas amosaban que unha maioría da poboación apoiaban unha operación militar en Gaza[80]. Xa durante a operación militar, os partidos da coalición gobernante volvía a obter nas sondaxes mellores resultados[81]. A maioría da poboación israelí declaraba querer continuar coa operación ou estendela aínda máis, mentres que era unha minoría quen defendía unha tregua[82][83].
  • Certa importancia puido te-la mudanza de goberno nos Estados Unidos de América. A ofensiva israelí encadrouse no período de transición anterior á toma de posesión de Barack Obama (sucedida o 20 de xaneiro de 2009). A acción israelí pretendería, na opinión dalgúns, marcar unha posición de fortaleza fronte a un posible goberno menos partidario cara a Israel e máis aberto á solución dos dous Estados. Porén, o novo goberno estadounidense mantiña o seu forte apoio a Israel, expresado no nomeamento de Rahm Israel Emanuel como xefe de gabinete[84]. Durante o ataque israelí Obama evitou pronunciarse de ningún xeito[85], mentres a Cámara de representantes estadounidense aprobaba unha resolución de apoio á ofensiva[86]. Posteriormente á ofensiva, na visita de Hillary Clinton a Israel, renovouse o apoio ó estado hebreo, aínda que defendendo a opción dos dous estados[87].

Acontecementos

[editar | editar a fonte]

Ataque aéreo

[editar | editar a fonte]
27 de decembro

Ás 11:30 hora local (9:30 UTC) do 27 de decembro de 2008 Israel lanzou a súa operación chumbo fundido, cunha primeira vaga de ataques aéreos, a primeira delas desenvolveuse en menos de 4 minutos e consistiu no bombardeo de aproximadamente 100 instalacións gobernamentais por parte de 88 avións[88] F-16[89]. Trinta minutos máis tarde unha segunda vaga de 60 jets e helicópteros atacou outras 60 instalacións: cuarteis de Hamas, oficinas do goberno e 24 comisarías de policía[1]. Nun dos obxectivos, na Cidade de Gaza, mataron cando menos 40 persoas nunha cerimonia de graduación para policías[90]. Finalmente estímase que neste primeiro día morreron uns 235 policías (a maioría do total da ofensiva)[91], incluído o xefe de policía Tawfiq Jabber. Ó final do día xa se calculaban os mortos en máis de 200 e os feridos en máis de 700[92]. Porén, lonxe da inmediatez dos cálculos no día, calculouse o número en 334[93]. Os palestinos rapidamente alcumaron o día como sábado negro[94][95]. As morgues estaban cheas e os mortos apilábanse á espera do enterro[96].

28 de decembro

O domingo 28, Israel continuou o ataque aéreo con obxectivos diversos: edificios, túneles para contrabando, unha mesquita e o edifico da televisión Al-Aqsa TV[97]. Milleiros de palestinos tentaron fuxir ó Exipto pola fronteira, no medio de enfontamentos coa policía exipcia[98]. Nun dos incidentes consecuentes dos bombardeos deste día morreron 5 irmás palestinas, de entre 4 e 17 anos: Tahrir (17), Ikram (15), Samar (12), Dina (8) e Jawaher (4). O seu pasamento produciuse mentres elas durmían, en Jabaliyah[99][100][101]. O Concilio de Seguridade das Nacións Unidas clamou polo cesamento do ataque, a fin do bloqueo e a apertura da fronteira[102]. A cifra de mortos ergueuse a cando menos 282 mortos e 600 feridos[103].

29 de decembro
Incidente Dignity
O 29 de decembro o iate Dignity do movemento Free Gaza partiu de Chipre cun cargamento de 3,5 toneladas de axuda médica[104]. No barco ían 15 persoas: a activista irlandesa pro dereitos humanos Caoimhe Butterly, a congresista estadounidense Cynthia McKinney, a cirurxiá e membro do parlamento chipriota Elena Theoharous, canda outros dous cirurxiáns, e xornalistas como Karl Penhaul da CNN[105]. Aínda a 90 millas da costa[106], en augas internacionais, a embarcación foi interceptada por embarcacións militares israelís, unha delas batendo contra ela causando graves danos, e despois disparando con metralladora contra a auga para impedi-lo seu avance.

Un portavoz israelí indicou que o barco si que se atopaba en augas pertencentes a Israel, e que os pasaxeiros do barco non responderan ó contacto por radio dos buques da armada.

Ningún dos pasaxeiros resultou gravemente ferido. O barco non puido acudir en axuda de Gaza, e volveu, seriamente danado, ó Líbano.

O ataque aéreo continuou sobre a franxa. A aviación israelí bombardeou a Universidade Islámica de Gaza, considerada un símbolo cultural de Hamas[35], por sospeitaren que funcianaba como almacén de explosivos. Tamén foi albo dos mísiles israelís o edificio do ministerio do interior palestino[35]. Ámbolos dous obxectivos atópanse no mesmo barrio, Tel al-Hawa.

Na cidade israelí de Ashkelon un traballador da construción árabe morreu[107] e outros 17 traballadores, tamén árabes, resultaron feridos polo lanzamento dun foguete BM-21. Na comunidade de Nahal Oz, tamén no sur de Israel, un morteiro matou un soldado e en Ashdod foi unha muller a que resultou morta. Estas tres mortes meteron presión ó goberno para adiantar canto antes a invasión terrestre[108]. Pola súa banda, un portavoz das Forzas de Defensa Israelís confirmou que a Mariña estaba a tomar parte do ataque a Gaza, mediante ataques con mísiles terra-terra e mediante o sistema Typhoon[109].

Israel procedeu a declarar zona militar pechada unha área de entre dous e catro quilómetros, alén de Gaza, e obrigaron a marchar ós xornalistas. En Cisxordania, a carraxe dalgúns palestinos pola sorte dos palestinos da franxa fixo que saíran ás rúas armados con pedras, ante o cal o exército de Israel disparou contra a poboación, matando a dous cisxordanos. A situación era crítica (xa o era mesmo antes dos bombardeos) e a Cruz Vermella indicaba que os hospitais non daban de si[110]. Os mortos ascendían os 300 e os feridos os 1.400.

30 de decembro

O ataque aéreo israelí tivo como albos cinco edificios ministeriais, unha estrutura propiedade da Universidade Islámica, un recinto deportivo, e varios obxectivos de Hamas, como Abdel-Karim Jaber, cuxa casa nun campo de refuxiados de Jalabiya foi atacada sen estar el presente, matando 7 persoas[111]. Tamén as oficinas da Fronte Popular para a Liberación de Palestina foron esnaquizadas[112]. O número de mortos ascendía a 384[113] e Amnistía Internacional indicaba que non había sitios seguros en Gaza para os civís[114].

Nun radio de 50 quilómetros da fronteira con Gaza Israel pechou as escolas por temor ós foguetes. Desta vez eses foguetes acadaron Be'er Sheva, o punto máis afastado cara ó leste ó que chegaran[115]. Nesta e outras cidades caeron máis de 40 foguetes, sen causar vítimas.

Xornalistas estranxeiros demandaron acceso a Gaza[116]. A secretaria de Estado estadounidense Condoleezza Rice, o ministro de exteriores ruso Sergei Lavrov, o secretario xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon e o xefe da política exterior da UE Javier Solana pediron o cesar do fogo[117]. Asemade, o ministro de exteriores do Reino Unido pediu unha solución política ó conflito[118]. O ditador exipcio Hosni Mubarak dixo que non abriría totalmente o paso da fronteira mentres o posto fronteirizo non estivese baixo a autoridade da Autoridade Nacional Palestina[119].

31 de decembro

Israel rexeitou a proposta francesa dun alto o fogo de 48 horas para o paso de axuda humanitaria a Gaza[120]. Hamas mostrouse receptivo a negociar un alto o fogo de se elimina-lo bloqueo económico[121].

O Exército israelí continuou co bombardeo: volvéronse atinxi-lo Ministerio do Interior, o porto de Gaza, unha mesquita e os túneles fronteirizos entre Gaza e Exipto, neste último caso coa utilización de bombas sísmicas, que deixaron furados de 30 metros de profundidade[122]. Un médico palestino foi asasinado mentres tentaba axudar ós feridos por mor dun proxectil, deixando ademais outros dous feridos[122]. Tamén se bombardeu a oficina do primeiro ministro Ismail Haniyeh.

A resistencia palestina lanzou foguetes a territorio israelí sen causar vítimas. Dous caeron en Beersheba, causando severos danos nunha escola que estaba baleira[123]. Outros dous caeron en Ashkelon e outras cidades[124].

Os mortos palestinos alancaban até os 393 (un 40% deles civís), e os feridos superaban os 1.900[125].

1 de xaneiro

Os ataques israelís bateron en Gaza contra o edificio do Parlamento e as oficinas do ministerio de xustiza, deixando catro mortos e vinte e cinco feridos[126]. Rexistráronse danos nun hospital infantil[127].

Foi asasinado un dos líderes de Hamas, o profesor da Universidade Islámica Nizar Rayan, nun ataque na súa casa que resultou na morte a maiores de 9 mulleres, incluíndo 4 esposas e 11 dos seus fillos[128]. Cinco persoas resulatron mortas nun ataque da aviación en Rafah, outra morreu no sur, e unha muller morreu tras un ataque a unha mesquita en Jabaliya.

Os foguetes lanzados dende territorio palestino seguiron caendo nas cidades próximas israelís, sen causar feridos.

Os mortos palestinos seguían medrando: 417 mortos e sobre 2.000 feridos[129].

2 de xaneiro

Hamas arengou un "día da ira" e enchéronse as rúas de Gaza e Cisxordania de protestas. Os ataques aéreos israelís alcanzaron as casas de 20 militantes de Hamas e, en resposta, militantes palestinos lanzaron máis de 60 foguetes lesionando a catro persoas en Ashkelon. Noutro dos ataques israelíns resultaron mortas cinco persoas, entre elas tres menores[130]. Abriuse brevemente o paso de Erez para deixar saír de Gaza a unhas 440 persoas con pasaporte estranxeiro[131], o cal se interpretou como un indicio da ceda invasión terrestre de Gaza. Os xornalistas continuaron a ter prohibida a súa entrada na franxa, pese a que a corte suprema os autorizou. En Gaza unha ambulancia do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella que levaba axuda despois dun primeiro ataque israelí foi bombardeada, ferindo ós seus dous ocupantes. Nas protestas en Cisxordania polo masacre de Gaza, tamén foron atacados persoal de ambulancias, manifestantes e xornalistas[132]. Os mortos palestinos chegaron os 428 e os feridos superaban os 2.100[132].

  1. 1,0 1,1 1,2 Informe da ONU Arquivado 07 de outubro de 2009 en Wayback Machine., páxina 10 (en inglés).
  2. O nome da operación fai referencia a unha canción infantil xudía, For Chanukah, do poeta Hayyim Nahman Bialik. Why Israel Named Its Gaza War After a Hanukkah Poem, Daily Beast (en inglés).
  3. Soldiers’ Testimonies from Operation Cast Lead, Gaza 2009, Breaking the silence (en inglés).
  4. Matanza nun colexio de Gaza ateigado de refuxiados Arquivado 04 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., A Nosa Terra.
  5. Alberto Arce: "Israel impide evacuar a los heridos al bombardear blancos por segunda vez", rtve.es (en castelán).
  6. Testimony: Eight young men killed when army bombs truck of metal workshop in Gaza City, Dec. '08, B'tselem (en inglés).
  7. Five sisters killed in Gaza while they slept, The Independent (en inglés).
  8. Eccidio sionista: 70 membri di una famiglia chiusi in una casa e bombardati dall'esercito di Israele Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Infopal.it (en italiano).
  9. ONU denuncia que Israel concentró a un centenar de palestinos en una casa y luego la bombardeó Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).
  10. IDF in Gaza: Killing civilians, vandalism, and lax rules of engagement Arquivado 21 de marzo de 2009 en Wayback Machine., (en inglés).
  11. Gaza: soldados israelíes admiten la ejecución de civiles palestinos Arquivado 23 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Clarín (en castelán).
  12. Rebelión judía contra el ataque de Israel Arquivado 24 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Público.es (en castelán).
  13. Israeli Gaza 'massacre' must stop, Syria's Assad tells US senator, Agence France-Presse.
  14. Factions refuse Abbas' call for unity meeting amid Gaza massacre Arquivado 24 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Ma'an News Agency no Turkish Weekly.
  15. "Iraqi leaders discuss Gaza massacre.". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de xaneiro de 2009. 
  16. Arab Leaders Call for Palestinian Unity During "Terrible Massacre" Arquivado 22 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Associated Press, en Foxnews.com.
  17. Gulf leaders tell Israel to stop Gaza "massacres", Reuters.
  18. Manifesto Arquivado 21 de outubro de 2017 en Wayback Machine. lido por Lluís Llach nunha manifestación en Barcelona Arquivado 21 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. o 10 de xaneiro de 2008.
  19. Manifesto[Ligazón morta] lido en Compostela o 18 de xaneiro de 2008.
  20. Palestina denuncia en el Consejo de Derechos Humanos el 'genocidio' israelí en Gaza, elmundo.es (en castelán).
  21. Milleiros galegos saen á rúa para berrar contra o xenocidio en Palestina[Ligazón morta], gznación.com.
  22. Madrid berra: "paremos o xenocidio palestino" Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia-Hoxe.
  23. Israel accused of Gaza 'genocide'. Miguel d'Escoto Brockmann, presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas condenou o asasinato de palestinos en Gaza coma un xenocidio.
  24. Chávez expulsa al embajador de Israel en protesta por el genocidio contra los palestinos, Red Voltaire (en castelán).
    No comunicado da chancelaría dise:
    (...) Con el genocidio del Pueblo palestino, el Estado de Israel nunca podrá ofrecerle a su Pueblo la perspectiva de una Paz tan necesaria como duradera.
  25. Olmert asegura que el Ejército israelí ha logrado casi todos sus objetivos en Gaza Arquivado 16 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., cuatro.com (en castelán).
  26. Livni pide comprensión y tiempo a la comunidad internacional, europapress.es (en castelán).
  27. Crece la tensión en Gaza tras la muerte de seis miembros de Hamás, El País (en castelán).
  28. Ataques com mísseis ameaçam cessar-fogo em Gaza, BBC Brasil.com (en portugués).
  29. Israel mata de hambre a Gaza por Navidad (en castelán).
  30. The Gaza Strip: A humanitarian implosion Arquivado 20 de xullo de 2008 en Wayback Machine..
  31. Hamas accede a renovar la tregua en Gaza si Israel levanta el bloqueo (en castelán).
  32. Hamas declares Israel truce over, BBC.com (en inglés).
  33. Map: Gaza offensive - Week One, BBC.com (en inglés).
  34. Hundreds die in Israel raid on Gaza, aljazeera.net (en inglés).
  35. 35,0 35,1 35,2 Israel strikes key Hamas offices, BBC.com (en inglés).
  36. Israeli Troops Mass Along Border; Arab Anger Rises, New York Times (en inglés).
  37. Israel ataca a un barco con ayuda humanitaria, El País (en castelán).
  38. Os tanques israelís entran en Gaza, Vieiros.
  39. Counting casualties of Gaza's war, BBC.com (en inglés).
  40. Field update on Gaza from the humanitarian coordinator Arquivado 05 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., United Nations Office for the Coordination of Humanitarian Affairs.
  41. Confirmed figures reveal the true extent of the destruction inflicted upon the Gaza Strip; Israel’s offensive resulted in 1,417 dead, including 926 civilians, 255 police officers, and 236 fighters Arquivado 01 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., Palestinian Centre for Human Rights (en inglés).
  42. ONG israelense diz que civis foram maioria das vítimas de ofensiva em Gaza, Folha Online (en portugués).
  43. Five Israeli soldiers killed in 24 hours, as IDF closes in on Gaza cities Arquivado 11 de agosto de 2009 en Wayback Machine., haaretz.com (en inglés).
  44. Gaza - Lo que Israel no queria que vieramos, feridos hospitalizados a partir do minuto 3 e 30 segundos (as imaxes poden feri-la súa sensibilidade).
  45. Israel sancionó militares por uso de fósforo blanco, BBC Mundo (en castelán).
  46. Gaza: Humanitarian situation, BBC.
  47. Gaza 'looks like earthquake zone', BBC.
  48. "Historias del genocidio en Gaza: La niña palestina Christine murió de miedo.". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 07 de febreiro de 2009. 
  49. Hamas, Israel set independent cease-fires Arquivado 02 de setembro de 2010 en Wayback Machine., cnn.com.
  50. Un soldado israelí y un granjero palestino muertos en la frontera de Gaza, elmundo.es.
  51. Clashes follow Israeli 'cessation', aljazeera.net.
  52. Last Israeli troops 'leave Gaza', BBC.
  53. Israel bombardea nave libanesa con ayuda humanitaria para Gaza, telesurtv.net (en castelán).
  54. CIA The World Factbook Arquivado 08 de xuño de 2014 en Wayback Machine..
  55. Council Decision Arquivado 05 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Consello da Unión Europea, 21-12-2005.
  56. Chapter 6 Terrorist Groups, U.S. State Dept., 27 de abril de 2005.
  57. 57,0 57,1 Reports to the end of october 2008 Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., outubro de 2008 (en inglés).
  58. Rockets hit Israel, breaking Hamas truce, International Herald Tribune (en inglés).
  59. Gaza Truce May Be Revived by Necessity, The New York Times (en inglés).
  60. 60,0 60,1 60,2 The Six Months of the Lull Arrangement, Intelligence and Terrorism Information Center at the Israel Intelligence Heritage & Commemoration Center (en inglés).
  61. FACTBOX-Israel, Palestinians trade blame for truce violations, Reuters (en inglés).
  62. Gaza truce broken as Israeli raid kills six Hamas gunmen, The Guardian (en inglés)
  63. Raid aérien israélien tue 2 adolescents à Gaza Arquivado 08 de setembro de 2014 en Wayback Machine. (en francés).
  64. Nouvelle escalade des attaques de la bande de Gaza alors que le Hamas annonce la fin de la trêve, Centre d'Etudes Spéciales (en francés).
  65. Israel in favor of extending Gaza lull (en inglés).
  66. Hamas: Willing to renew truce (en inglés).
  67. Flare-up dims truce hopes along Israel-Gaza border, Reuters (en inglés).
  68. IDF gets green light to strike Hamas after rocket barrage Arquivado 19 de setembro de 2010 en Wayback Machine., The Jerusalem Post (en inglés).
  69. 69,0 69,1 Olmert Delivers 'Last Minute' Warning to Gaza Arquivado 28 de decembro de 2008 en Wayback Machine., FOX News (en inglés).
  70. Disinformation, secrecy and lies: How the Gaza offensive came about Arquivado 15 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Haaretz (en inglés).
  71. Six months of secret planning - then Israel moves against Hamas, The Guardian (en inglés).
  72. Olmert defiende Israel alegando que ningún país habría ejercido la misma contención contra Hamás[Ligazón morta], (en castelán).
  73. Análise: Israel quer neutralizar Hamas, mas rendição é improvável, BBC Brasil (en portugués).
  74. El objetivo israelí en Gaza es la caída de Hamas[Ligazón morta], Diario Las Américas (en castelán).
  75. O termo shoah emprégase habitualmente para se referir ó holocausto xudeu perpetrado polo réxime nazi. Emporiso non adoita empregarse referido a outros acontecementos, e de facerse causa certa polémica.
  76. Israeli minister warns of Palestinian 'holocaust', The Guardian (en inglés).
  77. Israel Election Polls: Likud 30-32; Kadima 23-26; Labor 11-14, (en inglés).
  78. Gaza merece una bomba nuclear, lasextanoticias.es (en castelán).
  79. Israeli politician calls for nuclear strike on Gaza Arquivado 10 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Ma'an News Agency (en inglés).
  80. Poll after rockets slam into Israel: Israelis support military operation in Gaza 60%:23%, IMRA (en inglés).
  81. Poll: Kadima and Labor jump since operation started Kadima 28 Labor 16 Likud 30 - Support operation 81%:12%, IMRA (en inglés).
  82. Poll: Most Israelis support continuing Gaza military op, Haaretz (en inglés).
  83. 5 Polls show radically different results for Likud and Kadima. 9.3% want ceasefire now, IMRA (en inglés).
  84. Obama elige a un pro-israelí de la línea dura como jefe de gabinete Arquivado 31 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., mundoarabe.org (en castelán).
  85. Obama is losing a battle he doesn't know he's in, The Guardian (en inglés).
  86. [1] Arquivado 24 de marzo de 2010 en Wayback Machine., elEconomista.es (en castelán).
  87. Clinton renueva el apoyo de EE UU a Israel y defiende la ´solución´ de los dos Estados Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo (en castelán).
  88. Most Hamas bases destroyed in 4 minutes, Haaretz.com, 29/12/2008 (en inglés).
  89. Massive Israeli air raids on Gaza, BBC (en inglés).
  90. Gaza humanitarion situation report Arquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (28 de decembro ás 16:00), Office for the Coordination of Humanitarian Affairs (en inglés)
  91. Situación de los derechos humanos en Palestina y otros territorios árabes ocupados, Richard Falk (traducido ó castelán en rebelion.org).
  92. Israel kills scores in Gaza air strikes, Reuters (en inglés)
  93. Lista de asasinados Arquivado 13 de outubro de 2009 en Wayback Machine. do Centro Palestino pro Dereitos Humanos. Inclúe data da morte, profesión, idade, lugar de residencia e lugar do ataque.
  94. Israeli jets kill ‘at least 225’ in strikes on Gaza Arquivado 29 de abril de 2011 en Wayback Machine., Times Online (en inglés).
  95. Imaxes do día, El País (en castelán).
  96. Inside Gaza: 'The hospital morgues were already full. The dead were piled on top of each other outside' Arquivado 24 de abril de 2009 en Wayback Machine., Sami Abdel-Shafi en The Independent (en inglés).
  97. Israel's Shock & Awe Planned 6 Months Arquivado 29 de maio de 2009 en Wayback Machine., IslamOnline.net (en inglés).
  98. Hundreds of Gazans breach Egyptian border Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Jerusalem Post (en inglés).
  99. Five sisters killed in Gaza while they slept, The Independent (en inglés).
  100. 'I didn't see any of my girls, just a pile of bricks', The Guardian (en inglés).
  101. Imaxes do funeral.
  102. Security Council (en inglés).
  103. Israeli tanks gather as Gaza raids continue Arquivado 30 de decembro de 2008 en Wayback Machine., The National (en inglés).
  104. Gaza aid boat 'rammed by Israel', BBC (en inglés).
  105. Gaza relief boat damaged in encounter with Israeli vessel, CNN.com (en inglés)
  106. Israel accused of ramming Gaza aid boat, Guardian (en inglés).
  107. Three Israelis killed as Hamas launches revenge attacks, The Independent (en inglés).
  108. Israel expands Gaza campaign as militants fire rockets, Reuters (en inglés).
  109. Vídeo onde se amosan os dous métodos, 29 de decembro de 2008, Youtube.
  110. Israel despeja las áreas próximas a Gaza ante una posible incursión Arquivado 06 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Público (en castelán).
  111. Israel rejeita pressão por cessar-fogo e ataca casa de líder do Hamas, Folha Online (en portugués).
  112. Alberto Arce: "El ataque de Israel no es contra Hamás, sino contra los palestinos", 20 minutos (en castelán).
  113. Israel and Hamas under pressure for Gaza aid truce, Reuters (en inglés).
  114. Amnesty International: there are no safe places in Gaza, Palestine News Network (en inglés).
  115. 4 rockets hit south as 'special situation' status extended to 40 kilometers from Gaza border Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
  116. Foreign journalists demand Gaza access, The Guardian (en inglés).
  117. El Cuarteto para Oriente Próximo pide el alto el fuego inmediato entre Israel y Hamás, Europa Press (en castelán).
  118. Reino Unido diz que Hamas só poderá ser derrotado politicamente, UOL (en portugués).
  119. Mubarak: We'll open Gaza crossing only if PA takes control Arquivado 31 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Haaretz (en inglés).
  120. Israel rebuffs Gaza truce call, mobilises troops Arquivado 02 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Reuters.
  121. Israel decides to push on with Gaza op until 'all goals reached', Haaretz.
  122. 122,0 122,1 El 15 por ciento de los 376 muertos en Gaza eran mujeres y niños, según el Ministerio de Sanidad de Hamás, europapress.es.
  123. Rocket barrages hit Beersheba, Ashkelon; 5 lightly hurt, ynet.
  124. 4 rockets hit south as 'special situation' status extended to 40 kilometers from Gaza border, Haaretz.
  125. Tras cinco días de bombardeos continuados, Gaza comienza a identificar a sus muertos, El mundo.
  126. Israel resumes bombardment of Gaza, Al Jazeera English.
  127. Gaza violence goes into sixth day, BBC.
  128. IDF targets senior Hamas figures, Haaretz.
  129. Las autoridades médicas aumentan a 417 muertos y 2.000 heridos, 250 graves, el balance de los bombardeos, europapress.
  130. Hamas warns against ground attack, BBC (en inglés).
  131. Gaza mourns as strikes continue, Al Jazeera (en inglés).
  132. 132,0 132,1 Ambulances fired upon, crews and journalists injured, PNN (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]