Bashar al-Assad (بشار الاسد), nado o 11 de setembro de 1965 é o presidente de Siria dende 2000, á morte do seu pai o presidente Hafez al-Assad.
Estudou oftalmoloxía en Londres, inicialmente tiña poucas aspiracións políticas, o seu pai educara ao seu irmán máis vello, Basil al-Assad como futuro presidente, pero a morte deste en accidente de automóbil mudou a situación, e Bashar converteuse no herdeiro político de seu pai.