Saltar ao contido

Neoliberalismo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No ámbito económico, é habitual identificar a Milton Friedman (na imaxe) e a Friedrich von Hayek como principais expoñentes do chamado neoliberalismo, namentres que dende un punto de vista político adoitan ser citados os nomes do presidente dos Estados Unidos de América Ronald Reagan eda ex-primeira ministra británica Margaret Thatcher.

O neoliberalismo[1] é unha corrente de pensamento que fai referencia a unha política económica con énfase tecnocrático e macroeconómico que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social, defendendo o libre mercado capitalista como mellor garante do equilibrio institucional e o crecemento económico dun país, salvo ante a presenza dos denominados fallos do mercado.

O neoliberalismo en canto que corrente de pensamento económico e político de relevancia dende os comezos da década de 1970, consolidaríase durante as seguintes dúas décadas da século XX, mantendo a vixencia durante o XXI. Se ben a súa orixe se atopa na Segunda guerra mundial, ao ser herdeiro de teorías neoclásicas de finais do século XIX, só nos anos 70 acadou uin eco internacional. Tras a citada guerra, a economía de Europa presentou un crecemento, e entre 1969 e 1971 apareceu un fenómeno denominado estanflación, o cal provocou unha grave crise de especial transcendencia nos países capitalistas dependentes (Terceiro mundo) e que afectoyu seriamente os socialistas. Dende principios dos anos 80, o liberalismo volveu ocupar un lugar preponderante como forma de goberno. Adopta entón o nome de neoliberalismo. Os gobernos de Margaret Thatcher en Gran Bretaña e de Ronald Reagan nos Estados Unidos de América trouxeron de volta as vellas ideas económicas para aplicalas sobre a economía doméstica. Thatcher xustificou o seu programa cun acrónimo, TINA: There is no Alternative (Non hai alternativa). A súa doutrina, e o neoliberalismo en si mesmo, baséase na competencias entre nacions, rexións, empresas e individuos.

En América do Norte, Europa e o Xapón dan comezo diferentes procesos de estabilización económica a través da diminuación das cargas fiscais e recortes no gasto social; isto estimula o comercio exterior e afonda na división internacional do traballo: considerouse que estas medidas eran a plataforma para comezar un ciclo de crecemente económico.

Macroeconomía

[editar | editar a fonte]

As políticas macroeconómicas recomendadas polos teóricos ou ideólogos neoliberais inclúen:

  • Políticas monetarias restritivas. Aumento das taxas de xuro ou redución da oferta de diñeiro até lograr unha inflación próxima a cero e evitar o risco de desvalorización da moeda. Os partidarios do neoliberalismo cren que estas medidas evitan os chamados ciclos de mercado.
  • Políticas fiscais restritivas. Redución dos impostos sobre a produción, a renda e os beneficios empresariaiss. Proponse tamén a eliminación de réximes especiais e a diminución do gasto público.
  • Liberalización/desregulación. Defenden as liberalización ou desregulación para o comercio e os investimentos, por consideralos positivos para o crecemento económico. Tamén ve postivia a eliminación de regras e normativas até o mínimo imprescindible. Promóvese a mobilidade de capitais e a flexibilidade laboral.
  • Privatización. Considérase que os axentes privados tenden a ser máis produtivos e eficientes cós públicos e que o Estado debe minguar para permitir que o sector privado sexa o encargado da creación de riqueza.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Neoliberalismo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.