Montserrat (monte)
Tipo | cordilleira montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Anoia, España, Baix Llobregat, España, Bages, España e Cataluña, España | |||
| ||||
Cordilleira | Cordilleira Prelitoral | |||
Características | ||||
Altitude | 1.237 m | |||
Dimensións | 5 () × 10 () km | |||
Punto máis baixo | Riera de Marganell (en) (130 m ) | |||
Punto máis alto | Sant Jeroni (1.237 m ) | |||
Material usado | Conglomerado (xeoloxía) | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Eoceno | |||
Montserrat é un macizo rochoso situado no nordés da Península Ibérica, considerado tradicionalmente a montaña máis importante e significativa de Cataluña. Está situada a 50 km ao noroeste da cidade de Barcelona entre as comarcas de Anoia, Baix Llobregat e Bages. Nesta montaña sitúase o santuario e mosteiro beneditino de Montserrat dedicado á Virxe de Montserrat.
O seu nome provén das palabras mont que significa monte, e serrat, que significa serrado en catalán. Tanto serrat como serralada (cordilleira) proveñen de serra, e precisamente esta palabra deriva do latín serra, que é o nome do instrumento para serrar, pola forma que teñen as montañas encadeadas consecutivamente, que fan pensar nos dentes dunha serra. Nas representacións heráldicas, Montserrat aparece como un grupo de montañas de ouro sobre campo vermello cunha serra de ouro que a curta por encima.
Trátase dun macizo de forma singular que se alza bruscamente ao oeste do río Llobregat ata os 1.236 metros de altura do pico de Sant Jeroni. Outros picos destacados son o Cavall Bernat, as Agulles, o Serrat del Moro, o Montgròs, Sant Joan e a Palomera. En 1987 foi declarado parque natural para garantir a súa conservación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montserrat |