Saltar ao contido

Moctar Sidi El Hacen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMoctar Sidi El Hacen
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Arafat, Mauritania Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2014 ASAC Concorde
2016–2018 Levante Unión Deportiva B 31(2)
2017–2018   Levante UD 2(0)
2018–2020 Real Valladolid Club de Fútbol B 31(1)
2018–2022   Real Valladolid 1(0)
2020–2021 cesión   CD Lugo 38(6)
2022–2023   CD Lugo 32(0)
2023– Mesaimeer SC 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–   Mauritania 46(8)
2016–   Mauritania sub-20

Moctar Sidi El Hacen El Ide (en árabe: مختار سيدي الحسن), nado o 31 de decembro de 1997 en Arafat, é un futbolista profesional mauritano da canteira do Levante, que dende 2023 xoga como mediocampista no Mesaimeer SC.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Arafat, nas aforas de Nouakchott, Mauritania, El Hacen comezou a súa carreira no ASAC Concorde local. En agosto de 2014, con 16 anos, uniuse ao Valencia CF despois de chamar a atención do club no Torneo Internacional de Fútbol da Alcúdia,[1] mais escolleu unirse ao Levante UD no seu lugar. Asignado ao xuvenil, El Hacen fixo o seu debu co filial da Segunda División B o 14 de xaneiro de 2016, entrando como suplente na segunda parte na derrota fóra da casa por 1–3 Segunda División B ante o CD Llosetense. Na temporada 2016−17 foi subido definitivamente ao equipo B, anotando o seu primeiro gol o 6 de novembro para axudar á vitoria por 2–0 ante a UE Llagostera.

O seu debut co primeiro equipo chegou o 28 de novembro de 2017 no empate 1−1 ante o Girona FC na Copa do Rei desa temporada. Tres días despois debuta en Primeira División, entrando como suplente no empate a domicilio por 0−0 ante o Málaga CF. O 24 de xullo de 2018, El Hacen asina polo Real Valladolid B, aínda que tamén debuta co primeiro equipo. O 31 de xaneiro de 2020 é cedido ao CD Lugo da Segunda División.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]