Eduard Campabadal
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1993 (31 anos) Tarragona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Eduard 'Edu' Campabadal Clarós, nado o 26 de xaneiro de 1993 en Tarragona, é un futbolista profesional español da canteira do Barcelona, que xoga como lateral esquerdo, aínda que tamén pode xogar de central, no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Tarragona, Cataluña, Campabadal comezou a forxarse como futbolista nas categorías inferiores do Futbol Club Barcelona. Tras seis anos no filial do equipo barcelonés, en xullo de 2012 asina polo Wigan Athletic da Premier League.[1] O seu debut co primeiro equipo chegaría o 19 de maio de 2013, última xornada da "Premier", onde o seu equipo empataría 2-2 ante o Aston Villa.
Tras acabar a temporada, Campabadal regresa a España e o 21 de xullo asina un contrato por dúas temporadas co Córdoba CF da Segunda División.[2] Nun comezo foi asignado ao filial cordobés da Segunda División B, aínda que antes de final de ano, o 8 de decembro, debuta co primeiro equipo. Esta estrea sería cunha derrota no Estadio de La Romareda por 1-2 ante o Real Zaragoza.[3] A partir desa data Campabadal xoga até 17 partidos, colaborando no ascenso do seu equipo á Primeira División. O seu debut na máxima categoría prodúcese o 12 de setembro, saíndo como titular no empate do seu equipo 1-1 contra a UD Almería no Estadio de los Juegos Mediterráneos. Con todo, sería substituído no minuto 68 por mor dunha lesión.
Trass xogar catroce partidos na Primeira División, doce deles como titular, asina polo RCD Mallorca da segunda categoría. Nos dous seguintes anos xoga até 60 partidos de liga para o equipo mallorquín, a maioría como titular, aínda que sen poder evitar o descenso do seu equipo tras o final da temporada 2016−17. O 6 de xullo de 2017 anúnciase a súa fichaxe por dúas temporadas con opción a outra polo Club Deportivo Lugo.[4]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Wigan Athletic | Premier League | 2012−2013 | 1 | 0 |
Córdoba B | Segunda B | 2013−2014 | 5 | 0 |
Córdoba | Segunda | 2013−2014 | 17 | 0 |
Córdoba | Primeira | 2014−2015 | 14 | 0 |
Mallorca | Segunda | 2015−2016 | 34 | 0 |
Mallorca | Segunda | 2016−2017 | 26 | 0 |
Lugo | Segunda | 2017−2018 | 16 | 0 |
Lugo | Segunda | 2018−2019 | 29 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barcelona pair join Wigan as Martinez signs Campabadal and Guillermo". Mail Online (en inglés). Associated Newspapers Ltd. 18-07-2012.
- ↑ "Eduard Campadabal ficha por el Córdoba". Marca (en castelán). 21-07-2013.
- ↑ "El Zaragoza se acerca a los puestos de ascenso". Marca (en castelán). 08-12-2013.
- ↑ "Campabadal, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 06-07-2017.