Saltar ao contido

Minami Torishima

Modelo:Xeografía políticaMinami Torishima
南鳥島 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 24°17′12″N 153°58′50″L / 24.286666666667, 153.98055555556
EstadoXapón
Metropolitan prefecture (en) TraducirToquio
Aldeia no Japão (pt) TraducirOgasawara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2012) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1,46 km² Editar o valor en Wikidata
Medición1,5 (ancho) × 1,5 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal110-2100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do océano Pacífico. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe unha área de 1,2 km². É o territorio máis oriental do Xapón a 1.848 km ao sueste de Toquio, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Toquio e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao leste-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.

Administrativamente forma parte do concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Toquio no Xapón.

A illa foi descuberta polo capitán español Andrés de Arriola en 1694, na viaxe de retorno desde Manila a Acapulco, pero a súa localización non foi rexistrada ata o século XIX. É mencionada por primeira vez en 1864, dando unha posición por unha nave de observación dos Estados Unidos en 1874 e en 1879, Kiozaemon Saito pisou terra. O Xapón oficialmente reclamou a illa o 19 de xullo de 1898.

Durante a segunda guerra mundial 4.000 soldados xaponeses estiveron estacionados na illa, a cal foi atacada pola Mariña dos Estados Unidos en 1943, sen conseguir a súa rendición ou ocupación. A illa é usada na actualidade para a observación meteorolóxica e ten unha pequena estación de radio.