Saltar ao contido

Manuel Jabois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Jabois

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Jabois Sueiro Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Sanxenxo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
IES Sánchez Cantón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País (2015–)
El Mundo (2013–2015)
Onda Cero (2013–2016)
Jot Down (pt) Traducir (2011–2012)
Diario de Pontevedra (1998–2013) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmanueljabois.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6347371 Facebook: manueljabois Twitter: manueljabois BNE: XX1726898 BUSC: jabois-sueiro-manuel-1978 Editar o valor en Wikidata

Manuel Jabois Sueiro, nado en Sanxenxo o 30 de xullo de 1978, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia vinculada ao negocio hostaleiro e turístico[1], Manuel Jabois estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Comezou varias carreiras -Dereito, Filoloxía, Filosofía, Historia-[1] sen rematar ningunha,[2] polo que é un claro exemplo de autodidactismo.[3] Mais a finais de 1998, iniciou a súa relación co xornalismo, mentres estudaba Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo como correspondente do Diario de Pontevedra[4] na súa localidade.

Xa desde novo caracterizouse por un estilo irónico, un tanto despegado da realidade política, cunha mirada escéptica non exenta dun agudo sentido do humor, e no que nalgunha ocasión citou como referentes a Arcadi Espada ou Emmanuel Carrère.[5][6]​ Recoñece as influencias de Scott Fitzgerald, Hemingway, John Dos Passos, Fernández Flórez, Julio Camba ou Álvaro Cunqueiro. Eloxiou a figuras como Chesterton, Óscar Wilde, Woody Allen, Fernando Savater, Elvira Lindo, Rosalía de Castro ou ao tamén ao autodidacto Francisco Umbral; deste último afirmou que Leyenda del César Visionario, La noche que llegué al Café Gijón e Memorias de un niño de derechas eran tres monumentos á lingua. Con todo, mostrouse crítico con Fernando Sánchez Dragó e confesou curarse das lecturas de Paulo Coelho, “terapeuta de famosos” segundo el, grazas a Charles Bukowski.

Ten colaborado cos xornais El Progreso, De luns a venres, Diario de Pontevedra (1998-2013), a revista de humor Retranca, o diario El Mundo, (2013-2015, a onde chegara da man do seu director, Pedro J. Ramírez). En xaneiro de 2015 pasou a escribir no diario El País. Tamén colaborou na cadea de radio Onda Cero (2013-2016), no magazine cultural dixital Jot Down (2011-2012), e na Cadena SER en Hoy por Hoy (con Pepa Bueno); e en televisión en LaSexta. Como xornalista autodidacta sempre sentiu profundo respecto cara á profesión e unha sa obsesión pola gramática e o bo uso do idioma.

En 2008 apareceu a súa primeira novela, en galego, A estación violenta. En 2011 publicou, na editorial Pepitas de calabaza, Irse a Madrid y otras columnas[7],​ unha recompilación de artigos publicados no Diario de Pontevedra, El Progreso e a revista dixital FronteraD[8], recibido con boas críticas.[9][10] En abril de 2012 publicou un breve ensaio de carácter autobiográfico sobre fútbol, Grupo Salvaje.[11] En 2013 publicou Manu, novela en castelán. En 2016 publicou Nos vemos en esta vida o en la otra,[12] unha reportaxe novelada sobre O Gitanillo, o único menor implicado na trama dos atentados do 11 de marzo de 2004.​ En maio de 2019 saíu a súa novela en castelán Malaherba.

Declaracións

[editar | editar a fonte]

En moitas ocasións sinaláronlle o seu parecido físico co cantautor Quique González.​ Nunha entrevista no número 222 de GQ, ademais de recalcar a súa total ausencia de sectarismo e de sentirse privilexiado pola positiva impresión que adoita suscitar entre o público e os seus lectores, recoñeceu, orgulloso do seu pelo, tomar Propecia de maneira preventiva para tentar evitar unha temperá alopecia e mostrouse totalmente sen prexuízos e sen tabús en calquera ámbito, incluído o sexual, afirmando que lle gusta experimentar.

Afirmou nun dos seus artigos que "Un mundo sen Deus sería un mundo obxectivamente mellor. Sería, para empezar, un mundo sen coartadas. Tanto para facer o mal como para facer o ben".​[13] Mostrouse partidario do aborto e defendeu a Rita Maestre preguntándose que facía Deus (tendo unha capela) na Universidade considerando que a condena social por parte dalgúns sectores conservadores cara a Maestre debeuse non á súa actuación na devandita capela, senón a ser a portavoz no Concello de Madrid sendo, por tanto, un intento dos sectores dereitistas de desgastar o goberno municipal liderado por Manuela Carmena.​[14]

En Zenda falou do seu nexo coa Xeración perdida, das súas orixes e, respecto das súas posicións políticas mostrou o seu ideario progresista manifestando ter absoluta liberdade sempre para defender as súas ideas:​

"Levo moitísimos anos escribindo en prensa. Nas miñas columnas pódese ver cales son as ideas que defendo: unha educación pública e universal, máis impostos para manter unha sanidade gratuíta, Creo no Estado como corrector de desigualdades. A favor do aborto, da eutanasia e do matrimonio homosexual. Dun Estado laico radical, non o enredo que existe agora. Todo está escrito, e fíxeno sen pedir o voto a ninguén e sen aliñarme publicamente con ningún partido. Non estou en manifestos, plataformas sociais nin políticas, nin reclamei votos nin vetos. E cando tiven que criticar a alguén que defende cousas parecidas ás que creo, fíxeno"[1]

É tamén coñecido por ser o autor da letra da canción que o Real Madrid lanzou en maio de 2014 para conmemorar a obtención da Décima Copa de Europa[15]. O 21 de outubro de 2016 Íñigo F. Lomana escribiu un artigo no que criticaba a articulistas como Manuel Jabois, Arturo Pérez Reverte, Antonio Lucas ou Juan Tallón por practicaren o estilo cipotudo, "que vive dacabalo entre a taberna e a biblioteca e desenvolveu un mecanismo expresivo que combina virís coloquialismos cunha pirotecnia lírica" etiquetándoos como "neocolumnismo de extremo centro"[16].​ Anos atrás xa fora sinalada esa equidistancia, froito do seu carácter independente, por autores como Ernesto Castro, quen, aludindo ao “carácter anfibio de Jabois" reflectía "esa capacidade de cultivar seguidores tanto en FAES como en Lavapiés, [que] pode ilustrarse mencionando simplemente quen edita os seus textos”.[17]

En galego

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
Presentación de Miss Marte na Libraría Paz de Pontevedra. Con Adrián Rodríguez
  1. 1,0 1,1 1,2 "Manuel Jabois: “Soy un gran explotador de mis pocos recursos”". zendalibros.com (en español). 5/06/2016. 
  2. "Manuel Jabois: “Me interesa Madrid por desconocida”". compostimes.com. 16/04/2013. Arquivado dende o orixinal o 20/12/2018. 
  3. "Manuel Jabois: «Siempre he estado de moda, lo que pasaba es que nadie se había enterado»". madrilanea.com. 17/03/2012. 
  4. "Un corresponsal de guerra". fronterad.com. 11/06/2011. 
  5. "Manuel Jabois: “El primer deber de un columnista es pasar de los lectores”". jotdown.es. 12/2012. 
  6. "Manuel Jabois: periodista y escritor". www.periodistadigital.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-29. 
  7. Irse a Madrid, entrevista a Manuel Jabois (You Tube). 25/06/2011. 
  8. "Manuel Jabois o el divertido arte de escribir artículos". pompasdepapel. 08/06/2011. 
  9. Amat, Kiko (21/09/2012). "Admirando a Jabois". lavanguardia.com. 
  10. Lindo, Elvira (17/07/2011). "Humor y sangre". elpais.com. 
  11. "Ficha de Grupo salvaje" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 16 de setembro de 2012. 
  12. ""No me voy a poner a hacer poesía con el 11M"". eldiario.es. 29/04/2016. 
  13. Jabois, Manuel (27/06/2015). "El mal Dios. Tras los atentados asistiremos hoy, entre otros espectáculos, a uno particularmente tóxico: el de ensalzar a las religiones". elpais.com (en español). 
  14. Manuel Jabois con Pepa Bueno ¿Qué hace Dios en la universidad? (You Tube). 18/02/2016. 
  15. "El Real Madrid presentó la canción de la décima". realmadrid.com. 25/05/2014. 
  16. F. Lomana, Íñigo (21/10/2016). "En la era de la prosa cipotuda". elespanol.com (en español). 
  17. "El extraño caso de Manuel Jabois. Cómo conseguir seguidores en FAES y en Lavapiés y no morir en el intento.". castracastro.blogspot.com (en español). 02/11/2013. 
  18. "Manu. Pepitas de calabaza". www.pepitas.net (en castelán). Consultado o 2019-05-29. 
  19. Clabuig, Ernesto (28/06/2013). "Manu". elcultural.com (en castelán). Consultado o 29/05/2019. 
  20. Nos vemos en esta vida o en la otra - Manuel Jabois. Planeta de Libros (en castelán). 
  21. Sarabia, Bernabé (10/06/2016). "Nos vemos en esta vida o en la otra". elcultural.com (en castelán). Consultado o 29/05/2019. 
  22. Megustaleer. Malaherba (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  23. Cruz, Juan (2019-05-16). "“Siempre escribes de tus obsesiones”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-29. 
  24. Jabois, Manuel (2019-01-16). "Hay más cuernos en un “buenas noches”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-05-18. 
  25. "Manuel Jabois recibe el Julio Camba por su texto «Man de Camelle»". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-04-28. Consultado o 2019-05-29. 
  26. Pontevedra, Diario de (2013-02-06). "Manuel Jabois gana el premio literario Bodegas Olarra & Café Bretón". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2019-05-29. 
  27. Pontevedra, Diario de (2022-02-02). "O xornalista Manuel Jabois recibirá o Premio Puro Cora pola súa calidade literaria". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-02-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]