Manuel Iglesias Constenla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1893 Barro, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Cónxuxe | Lourdes Rodríguez Tovar |
Manuel Iglesias Constenla, nado en Barro o 15 de xuño de 1893,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi nomeado mestre interino de Xesta (A Lama) en decembro de 1924.[2] Aprobou as oposicións e foi nomeado mestre de Noalla en abril de 1925.[3] En xaneiro de 1936 foi elixido presidente de Izquierda Republicana de Sanxenxo.[4]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 na causa 832/36 co tamén mestre Estanislao Víctor Torres Pérez,[5] foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 25 de abril de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Vilaboa).[6] Como resultado do proceso de depuración, foi separado do servizo e dado de baixa na escala.[7] En 1942 pasou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda de onde saíu en liberdade provisional en 1944. Traballou como administrativo no balneario da Toxa.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Arbo coa tamén mestra Lourdes Rodríguez Tovar en 1930.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 40.
- ↑ Galicia Nueva, 21-12-1924, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 14-4-1925, p. 2.
- ↑ El País, 17-1-1936, p. 1.
- ↑ El Progreso, 19-1-1937, p. 3.
- ↑ "Iglesias Constenla, Manuel". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-6-1940, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego 14-2-1958, p. 4.
- ↑ El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2.