Estanislao Víctor Torres Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1892 Meaño, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Estanislao Víctor Torres Pérez, nado en Dena (Meaño) o 21 de xullo de 1892,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre de Ansemil (Celanova) en 1927,[2] e despois do pósito de Vilalonga (Sanxenxo).[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 co tamén mestre Manuel Iglesias Constenla,[4] foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 14 de marzo de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Pontevedra).[5] Despois pasou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda de onde saíu en liberdade condicional en febreiro de 1944.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 86.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 11-7-1927, p. 3.
- ↑ "Historia das Telleiras I". Onde queda Vilalonga.
- ↑ El Progreso, 19-1-1937, p. 3.
- ↑ "Torres Pérez, Estanislao Víctor". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ BOE, 20-3-1944, p. 2315-2319.