Manuel Basulto Jiménez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1869 Adanero, España |
Morte | 12 de agosto de 1936 (67 anos) Puente de Vallecas, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Catedral de Xaén |
Bispo de Xaén | |
18 de decembro de 1919 – 12 de agosto de 1936 ← Juan Manuel Sanz y Saravia (pt) – Rafael García y García de Castro (pt) → Diocese: diocese de Xaén | |
Bispo de Lugo | |
4 de setembro de 1909 – 18 de decembro de 1919 ← Benito Murúa y López – Plácido Ángel Rey Lemos → Diocese: diocese de Lugo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1910–), sacerdote católico (1893–) |
Consagración | Antonio Vico (pt) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 12 de agosto |
Manuel Basulto Jiménez, nado en Adanero (Ávila) o 17 de maio de 1869 e finado en El Pozo del Tío Raimundo (Madrid) o 12 de agosto de 1936, foi un prelado español e bispo de Xaén e Lugo. Foi un dos trece bispos asasinados polo bando republicano durante a Guerra Civil Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun muiñeiro, realizou os seus estudos eclesiásticos na diocese de Ávila, e foi ordenado presbítero en 1892. Licenciouse en Dereito na Universidade de Valladolid. Foi cóengo maxistral de León e lectoral de Madrid. En 1909 foi elixido bispo de Lugo, e consagrado o 16 de xaneiro de 1910 polo nuncio Antonio Vico na igrexa dos Padres Paúles de Madrid. Foi nomeado senador en 1916.
En 1919 Bieito XV nomeouno bispo de Xaén, diocese da que tomou posesión por poderes o 14 de xuño de 1920, celebrando a súa primeira misa o 29 de xuño. No seu escudo rezaba o lema: Quien a Dios tiene, nada le falta.
Martirio
[editar | editar a fonte]O 2 de agosto de 1936 foi detido no seu domicilio do palacio episcopal xunto coa súa irmá Teresa Basulto e o esposo desta, Mariano Martín, así como o deán da catedral, Félix Pérez Portela. Encarcerado na catedral de Xaén, o 11 de agosto foi incluído na segunda expedición de “Trens da morte” que partiu de Xaén con destino á prisión de Alcalá de Henares. Esta expedición foi asaltada na estación de Santa Catalina (Madrid), e desviada. O bispo e 190 presos máis foron metrallados, e os seus cadáveres saqueados.
Dous dos superviventes, dixeron que o bispo caeu de xeonllos, exclamando:
Perdona, Señor, mis pecados y perdona también a mis asesinos.
Está enterrado na cripta da igrexa do Sagrario da Catedral de Xaén.
Proceso de beatificación
[editar | editar a fonte]O 21 de xuño de 2010 a Congregación para as Causas dos Santos aprobou o carácter martirial da morte do bispo e os seus cinco compañeiros de martirio.[1][2]
Predecesor: Pedro Murúa López |
Bispo de Lugo 1909 - 1919 |
Sucesor: Plácido Ángel Rey Lemos |
Predecesor: Juan Manuel Sanz Saravia |
Bispo de Xaén 1920 - 1936 |
Sucesor: Rafael García García de Castro |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cárcel Ortí, Vicente (2000): La gran persecución: España, 1931-1939 Barcelona, Planeta. ISBN 84-08-03519-3
- Montero Moreno, Antonio (1999 [1961]): Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. Madrid, Edicionas Católicas. ISBN 84-7914-383-5
- Redondo, Gonzalo (1993): Historia de la Iglesia en España, 1931-1939, en dos tomos. Madrid, Ediciones Rialp. ISBN 84-321-2984-4
- García Oro, José (2002). BAC, ed. La Iglesia de Lugo en el mundo contemporáneo. Del señorío temporal a la comunidad eclesial. Madrid. pp. 182–184. ISBN 84-7914-541-2.