Saltar ao contido

Manua Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manua
Manua Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 110,51 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 35,78° N 321,73° O[1]
Procedencia do nome Deus hawaiano do Sol.[1]

Manua Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 110,5 kms de diámetro e está situado a 35,78° N 321,73° O. O nome de Manua provén da mitoloxía hawaiana, onde Manua era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1][2] Cara ó suroeste está Fuchi Patera, e cara ao leste está Amaterasu Patera.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Manua Patera on Io". Consultado o 18-07-2010. 
  2. lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 19-10-2007. 
  3. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]