Saltar ao contido

Thor (volcán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thor
Imaxe do volcán Thor, tomada pola sonda Galileo en outubro do 2001.[1]
Tipo de accidente xeolóxico Volcán
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 239,44 km[2]
Altitude ?
Coordenadas 39,15° N 133,14° O[2]
Procedencia do nome Deus nórdico no trono.[2]

Thor é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio 'oculto' (cara oculta) da lúa, nas coordenadas 39,15° N 133,14° O. O 6 de outubro do ano 2001, a sonda Galileo puido observar unha grande erupción cunha grande emisión termal, cando a sonda sobrevoou as rexións máis externas da pluma puido facer observacións máis directas. A erupción continuo no transcurso do seguinte sobrevoo da Galileo, acontecido en outubro do 2001.[1][3] Tal coma se ve nas imaxes de alta resolución tomadas durante a erupción, Thor está composto dunha serie de escuros regueiros de lava que emanan dunha depresión volcánica próxima.[1] Antes da erupción, a área era unha serie de planicies dunha especie de vermello-marrón, composto de sulfuros, típicas de latitudes intermedias e latitudes polares do hemisferio norte, e tamén existían solos amarelos, posiblemente compostos de sulfuros ou capas de silicatos parcialmente cubertas de depósitos difusos de sulfuros.[4] Durante o encontro da sonda New Horizons con Ío de febreiro do 2007, Thor estaba aínda activo, a sonda estivo observando a emisión termal nas lonxitudes de onda próximas ó infravermello, e tamén estivo observando a pluma do volcán.[5]

Thor recibiu oficialmente o seu nome actual no ano 2006, na mitoloxía nórdica, Thor é o deus do trono.[2]

Erupción do 2001

[editar | editar a fonte]

Antes do 2001, non foi observada actividade volcánica en Thor.[3] A aparencia da rexión permanecera estable dende as observacións da Voyager, feitas en 1979 ata as observación feitas pola Galileo en decembro do 2000.[6] Na primeira observación en detalle de Thor, feita en xullo de 1999, foron mapeados varios regueiros amarelos brillantes. Estes regueiros están compostos principalmente de xofre, ou son regueiros compostos de silicatos arrefriados que foron cubertos polo xofre condensando sobre deles.[4] De calquera xeito, no se observaron cambios nos regueiros, nin de cor, nin de tamaño, nin sequera na súa forma ou distribución, ata pouco despois de decembro do 2000, o cal suxire que foron creados antes da chegada da Voyager.[4][6] Tampouco foi observada emisión termal en Thor ata finais de maio do 2001, así pois, a erupción observada con posterioridade debeu comezar despois destas observacións.[3]

Agosto do 2001

[editar | editar a fonte]
Imaxe en contraste tomada pola Galileo en agosto do ano 2001 que amosa a pluma de Thor[1]

O 6 de agosto do 2001, a sonda Galileo sobrevoou o polo norte de Ío a unha altitude duns 194 kms.[7] O maior éxito deste sobrevoo foi a imaxe tomada da fonte da pluma de Tvashtar en alta resolución e sobre unha mostra directa.[1] O procesado de imaxes durante o encontro foi impedido a causa dunha anomalía na cámara, aínda que a distancia para tomar imaxes era boa uns días antes e uns días despois do encontro. Tomáronse imaxes de Ío durante a súa fase lunar crecente o 4 de agosto do 2001, para ter unha imaxe ampla, do contexto no que estaba a pluma Tvashtar e coma referencia para as observacións feita máis de preto e in situ que se ían tomar con posterioridade, durante o encontro en si. Pero no canto dunha pluma en Tvashtar, as imaxes revelaron unha pluma de orixe volcánica sobre Thor, suxerindo que estaba en marcha unha grande erupción.[1] A pluma de Thor tiña dous compoñentes: unha pluma de interior de po duns 100-125 kms de alto e ancho, e por outra banda un halo difuso duns 440 kms de altitude. Esta pluma é unha das plumas máis grandes observadas en Ío (só a pluma de Grian Patera, vista en xullo do ano 1999, era máis grande).[8] O halo exterior estaba composto por gas e po de dióxido de xofre, os grans de po de SO2 tiñan un tamaño de 0,5-10 nanómetros.[8] Cando o halo exterior era visiblemente máis difuso có interior, a masa deste halo era con todo bastante grande (ó redor de 108 kg, en comparación cós 106-107 kg para a pluma típica de po).

Durante este encontro, a cámara non funcionou correctamente, pero outros dos instrumentos científicos a bordo da Galileo si puideron obter datos sobre a erupción de Thor. Cando a Galileo estaba preto do punto máis próximo a Ío, o sistema de medición de plasma (PLS) da sonda puido tomar datos do material do halo externo da pluma de Thor, atopando 'flocos de neve' dun peso de 500-1000 uma.[9] Asumindo unha composición baseada en dióxido de xofre puro, daría que as partículas de po terían entre 15 e 20 moléculas de dióxido de xofre.[8][10] O espectrómetro da Galileo (NIMS) puido mapea-la emisión termal e o espectro infravermello ó longo da cara 'oculta' de Ío pouco despois do encontro, este mapeo detectou un intenso punto quente en Thor cun espectro próximo ó infravermello correlativo cunha erupción de tipo explosivo. O NIMS tamén atopou altas temperaturas na erupción de Thor, en concordancia co anteriormente exposto, con lavas de silicatos e cunha alta emisión de enerxía que indican unha moi baixa taxa de viscosidade para a lava de Thor. Antes de que recibise o seu nome oficial asignado pola UAI, os científicos encargados do NIMS designaron a erupción coma I31A, por se-la primeira erupción detectada pola Galileo durante a órbita I31.[3]

Outra observación en imaxes feita o 8 de agosto amosaba os efectos desta erupción na superficie de Ío, tal como era unha nova mancha escura observada nos arredores do volcán de Thor e un brillante anel de fresca e finamente granulada xeada de dióxido de xofre depositada pola pluma.[1][11] Nalgunhas áreas do deposito branco da pluma, a área cuberta pola xeada de SO2 incrementouse dun 60-70% ata un 100% coma resultado desta erupción.[11] A maior parte do tamaño do deposito da pluma formouse a partir do material da parte interna da propia pluma.[8] Os datos do NIMS suxiren a posibilidade de que a parte máis externa da pluma podería forma-lo deposito de dióxido de xofre finamente granulado que é transparente en lonxitudes de onda visibles, mentres que o deposito da parte interna da pluma é máis groso e contén grans máis grandes, polo cal pode aparecer brillante en lonxitudes de onda visibles.[11] De xeito contrario ó que aconteceu con outras grandes erupcións explosivas, non se observaron depósitos vermellos en Thor.[4]

Outubro 2001

[editar | editar a fonte]
Cambios na superficie de Thor acontecidos entre xullo de 1999 e outubro do 2001[1]

Galileo sobrevoou Ío outra vez o 16 de outubro do 2001, desta vez pasando por riba da rexión polar sur da lúa, a unha altitude duns 184 kms. Coma resultado do descubrimento da erupción en Thor que acontecera no anterior sobrevoo, a axenda das observacións foron axustadas para que a cámara e o espectrómetro próximo ó infravermello puidesen tomar imaxes de alta resolución do novo punto eruptivo. A cámara tomou un simple fotograma filtrado do volcán cunha resolución espacial de 334 m. por píxel.[7] A imaxe revelou varios novos regueiros escuros de lava composta por silicatos, moitos deles rodeados de depósitos escuros de fluxos piroclásticos.[1] Estes regueiros escuros normalmente cubriron os regueiros amarelos observados previamente, pero durante outubro do 2001, algúns destes vellos regueiros permaneceron visibles. A fonte destes longos regueiros escuros na cara leste do volcán, aparenta ser unha fisura de 50 por 17 kms. Esta fisura podería ser un patera, ou unha depresión volcánico en proceso de formación.[4] Unha imaxe distante en cor tomada poucas horas despois do sobrevoo amosaban que a pluma volcánica sobre Thor seguía sendo visible.[1][12]

Thor tamén foi observado a través do espectrómetro NIMS. Atopouse con que Thor seguía baixo unha erupción vigorosa, aínda que a enerxía emitida era menor que a emitida en agosto do 2001.[3] A zona máis intensa da erupción (en termos de enerxía emitida) estaba centrada na parte leste dos regueiros de lava observados polo equipo das cámaras. O NIMS tamén observou emisión termal en varios paterae próximos, nos que non se tiña observado actividade con anterioridade. Esta actividade coincide co escurecemento dos chans destes volcáns, coma resultado dos novos chans de lava fresca ou da sublimación dos depósitos de xofre observados pola sonda Galileo. A actividade nos voñcáns próximos suxire que a cámara magmática que está debaixo de Thor, tamén se entende (ou esta conectada) a estes outros volcáns e paterae, producido unha actividade volcánica a escala rexional.[3]

Despois da Galileo

[editar | editar a fonte]

As observacións feitas pola Galileo de Thor en outubro do ano 2001, foron as últimas para esta sonda, pero a erupción do 2001 continuou sendo estudada polos astrónomos dende observatorios terrestres. A emisión termal de Thor foi observada dende o telescopio Keck en Hawai o 22 de decembro do 2001.[13] A actividade volcánica continuou inclusive ata a chegada da New Horizons, en febreiro do 2007, cando foi detectado un punto quente e unha pluma volcánica difusa duns 100 kms de altitude sobre Thor. Pero, a pluma e boa parte do material piroclástico escuro depositado pola mesma, esvaeceuse ou foi cuberto por unha nova pluma de Tvashtar que estaba activa por esas mesmas datas.[5]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Turtle, E. P.; e o seu equipo. (2004). "The final Galileo SSI observations of Io: orbits G28-I33". Icarus 169: 3–28. doi:10.1016/j.icarus.2003.10.014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Eruptive center: Thor on Io". Consultado o 17-09-2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2004). "Lava lakes on Io: Observations of Io’s volcanic activity from Galileo NIMS during the 2001 fly-bys". Icarus 169: 140–174. doi:10.1016/j.icarus.2003.11.013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Williams, D. A.; e o seu equipo. (2005). "The Zamama–Thor region of Io: Insights from a synthesis of mapping, topography, and Galileo spacecraft data". Icarus 177: 69–88. doi:10.1016/j.icarus.2005.03.005. 
  5. 5,0 5,1 Spencer, J. R.; e o seu equipo. (2007). "Io Volcanism Seen by New Horizons: A Major Eruption of the Tvashtar Volcano". Science 318: 240–243. doi:10.1126/science.1147621. 
  6. 6,0 6,1 Geissler, P.; e o seu equipo. (2004). "Surface changes on Io during the Galileo mission". Icarus 169: 29–64. doi:10.1016/j.icarus.2003.09.024. 
  7. 7,0 7,1 Perry, J.; e o seu equipo. (2007). "A Summary of the Galileo mission and its observations of Io". En Lopes, R. M. C.; e Spencer, J. R. Io after Galileo. Springer-Praxis. pp. 35–59. ISBN 3-540-34681-3. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Geissler, P. E.; M. T. McMillan (2008). "Galileo observations of volcanic plumes on Io". Icarus 197: 505–518. doi:10.1016/j.icarus.2008.05.005. 
  9. Frank, L. A.; W. R. Paterson (2002). "Plasmas observed with the Galileo spacecraft during its flyby over Io’s northern polar region". Journal of Geophysical Research 107 (A8). doi:10.1029/2002JA009240. 
  10. Meltzer, Michael (2007). National Aeronautics and Space Administration, ed. Mission to Jupiter: A History of the Galileo Project (pdf). NASA History Series. p. 251. NASA SP-2007-4231. Consultado o 26-02-2010. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Douté, S.; e o seu equipo. (2004). "Geology and activity around volcanoes on Io from the analysis of NIMS spectral images". Icarus 169: 175–196. doi:10.1016/j.icarus.2004.02.001. 
  12. Stryk, Ted (30-10-2009). "Io from Galileo's 32nd Orbit". Planetary Images from Then and Now. Consultado o 25-02-2010. 
  13. Marchis, F.; e o seu equipo. (2005). "Keck AO survey of Io global volcanic activity between 2 and 5μm". Icarus 176: 96–122. doi:10.1016/j.icarus.2004.12.014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]