Lois VI de Francia
Lois VI de Francia[1] ou Luís VI de Francia, o Gordo ou o Batallador[2], nado en París o 1 de decembro de 1081 e finado en Bethisy (Picardía) en 1137, foi rei de Francia entre 1108 e 1137.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Nado en París no seo da dinastía Capeto, foi o segundo fillo, o primeiro varón, do rei Filipe I de Francia e a súa primeira esposa, Berta de Holanda.[3] Era neto por liña paterna de Henrique I de Francia e Ana de Kíiv, e por liña materna de Florián I de Holanda e Xertruda de Saxonia.
Matrimonios e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou no 1104 con Lucía de Rochefort, filla de Guido II de Rochefort e Isabel de Crecy. Desta unión naceu unha filla, a princesa Isabel de Francia (1105 - 1175), casada en 1119 co seu primo Guillerme de Vermandois.
En 1107, Lois VI de Francia conseguiu divorciarse da súa muller para casar de novo. Casou, en segundas nupcias, o 4 de maio de 1115 en París con Adelaida de Savoia, filla do conde Humberto II de Savoia e Xisela de Borgoña. Desta unión naceron:
- O príncipe Filipe de Francia (1116 - 1131), morto dun accidente de cabalo
- O príncipe Lois VII o Mozo (1120 - 1180), rei de Francia.
- O príncipe Henrique de Francia (1121 - 1175), bispo de Beauvais e arcebispo - duque de Reims.
- O príncipe Hugo de Francia (c. 1123 - morto moi novo).
- O príncipe Roberto I de Dreux (1123 - 1188), conde de Dreux.
- A princesa Constanza de Francia (1124 - 1180), casou en 1140 con Eustaquio IV de Boloña e 1154 con Ramón V de Tolosa.
- O príncipe Filipe de Francia (1125 - 1161), bispo de París.
- O príncipe Pedro de Courtenay (1126 - 1183), casou en 1152 con Isabel de Courtenay.
Ascenso á coroa
[editar | editar a fonte]Foi nomeado herdeiro e coroado rei en 1101, como mandaba a tradición capeta en vida aínda do monarca. Á morte do seu pai en 1108 sucedeuno na coroa francesa a pesar da oposición da segunda esposa do rei francés, Bertrada de Montfort. Esta tentou matalo en varias ocasións para que o fillo que tivera co rei puidese sucedelo.
Lois VI de Francia estivo a piques de caer en mans inglesas durante a batalla de Bremule en 1119, en Normandía, contra o exército de Henrique I. Un soldado normando conseguiu coller as rendas do seu cabalo e, eufórico, clamou: "Capturei o rei!". Non obstante, o monarca galo, enfadado, bateu no seu captor e, mentres fuxía, dixo: "Nunca se pode capturar un rei, nin sequera no xadrez!" [4].
Foi un rei enérxico, que tivo como colaborador o abade Suger de Saint-Denis. Pasou a maior parte do seu reinado pacificando a rexión da Illa de Francia e combatendo incursións dos señores feudais. Foi un administrador capaz e consolidou o patrimonio, outorgando privilexios ás cidades e creou comunidades rurais, ás que atraeu os agricultores mediante a concesión de franquías.
Lois VI o Gras morreu o 1 de agosto de 1137 no castelo de Béthisy, preto de Amiens, sendo enterrado na catedral de Saint-Denis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ Académie des inscriptions et belles-lettres Histoire littéraire de la France 1841 pàgina 656
- ↑ Philippe Delorme (2001). Aliénor d'Aquitaine : épouse de Louis VII, mère de Richard Coeur de Lion (en francès).
- ↑ Isabel Margarit. Historia y Vida - 495 - Tesoros del Nil (en castellà). Prisma Publicaciones. ISSN 0018-2354.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois VI de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Luís". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1259–1260. ISBN 978-84-8288-942-9.
Nome de dezaoito reis de Francia...