Lista de monarcas de Francia
Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis[1][2] foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751,[3] seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).
Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.
Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.
Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.
Dinastía merovinxia (486-751)
[editar | editar a fonte]Os Merovinxios[4] foron unha dinastía Franco-Salia que gobernou aos Francos arredor de 300 anos na rexión coñecida como Francia en latín, desde mediados do século V. O seu territorio correspondía ao da Galia, así como ao das Provincias romanas de Raetia, Xermania Superior e a parte sur de Xermania. A dinastía merovinxia acadou relevancia histórica con Khilderico I (457-481), fillo de Meroveo, líder dos salios, pero foi Clodoveo I (481-511) o que unificou a Galia baixo o mandato dos merovinxios.[5]
Imaxe | Nome | Desde | Ata | Morte | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Clodoveo I (Clovis I) |
481 | 511 | Finou por causas naturais aos 46 anos. | Fillo de Khilderico I | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Trala morte de Clodoveo I, o seu reino foi dividido entre os seus catro fillos, que se estableceron en diferentes cidades. O número e extensión das partes do reino variou ao longo dos anos. Clotario I, reunificou o reino. | ||||||
Teodorico I | 511 | 533 ou 534 | Finou con 48 anos. | Fillo máis vello de Clodoveo I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Reims | |
Teodeberto I | 533 ou 534 | 547 ou 548 | Morto nun accidente de caza. 47 anos. | Fillo de Teodorico I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Reims | |
Teodebaldo I | 547 ou 548 | 555 | Finou con 20 anos. | Fillo de Teodeberto I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Reims | |
Clodomiro (Chlodomir) |
511 | 25 de xuño de 524 | Morto na batalla de Vézeronce con 29 anos. | Segundo fillo (que sobreviviu) de Clodoveo I. | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Orleáns | |
Childeberto I | 511 | 13 de decembro de 558 | Finou con 64 anos. | Terceiro fillo (que sobreviviu) de Clodoveo I. | Rei dos Francos (Roi des Francs) en París | |
Clotario I o Vello | 511 | 29 de novembro de 561 | Tiña 64 anos. | Fillo máis novo de Clodoveo I. | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Soisson | |
Trala morte de Clotario, o reino dividiuse entre os seus catro fillos. As partes do reino variaron ao longo do tempo e desenvolvéronse como tres reinos diferentes. Neustria, con capital Soisson e París, Austrasia, con capital en Metz, e Borgoña, con capital en Orleáns. Clotario II, neto de Clotario I, reunificou o reino. | ||||||
Cariberto I | 29 de novembro 561 | 567 | Morreu con 50 anos. | Fillo máis vello de Clotario I. | Rei dos Francos (Roi des Francs) en París | |
Gontran I | 29 de novembro de 561 | 592 | Morreu con 59 anos. | Segundo fillo de Clotario I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Orleáns | |
Sixeberto I | 29 de novembro de 561 | 575 | Asasinado en Vitry-en-Artois, con 40 anos. | Terceiro fillo de Clotario I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Metz | |
Khildeberto II | 575 | 595 | Morreu con 24 anos. | Fillo de Sixeberto I. Fillo adoptivo de Gontrán. | Rei dos Francos (Roi des Francs) Rei de Austrasia e (desde 592) de Borgoña. | |
Teodeberto II | 595 | 612 | Asasinado con 26 anos. | Fillo máis vello de Khildeberto II. | Rei dos Francos (Roi des Francs) Rei de Austrasia | |
Teodorico II | 595 | 613 | Finou con 26 anos. | Fillo máis novo de Khildeberto II. | Rei dos Francos (Roi des Francs) Rei de Borgoña (595-613) e de Austrasia (612-613) | |
Sixeberto II | 613 | 613 | Executado aos 11 anos de idade. | Fillo de Teodorico II | Rei dos Francos (Roi des Francs) Rei de Borgoña e de Austrasia | |
Khilperico I | 29 de novembro de 561 | 584 | Morreu con 45 anos. | Fillo máis novo de Clotario I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Soisson | |
Clotario II o Grande, o Mozo | 584 | 18 de outubro de 629 | Morreu con 45 anos. | Fillo de Khilperico I | Rei dos Francos (Roi des Francs) en Soisson Rei de Neustria (595-639) Rei de Borgoña (613-629) Rei de Austrasia (613-623) | |
Trala reunificación do reino, Neustria e Borgoña permaneceron baixo o control directo do Rei dos Francos, mentres que Austrasia quedou ao mando dun rei vasalo. Os reis que aparecen a partir deste punto só o foron de Neustria e Borgoña. | ||||||
Dagoberto I | 18 de outubro de 629 | 19 de xaneiro de 639 | Morreu con 36 anos. | Fillo de Clotario II | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Clodoveo II o Vago | 19 de xaneiro de 639 | 31 de outubro de 657 | Morreu con 20 anos. | Fillo do anterior | Rei de Neustria e Borgoña (Roi de Neustrie et de Bourgogne) | |
Clotario III | 31 de outubro de 657 | 673 | Morreu con 21 anos. | Fillo do anterior | Rei de Neustria e Borgoña (Roi de Neustrie et de Bourgogne) Rei de Austrasia (661–662) | |
Khilperico II | 673 | 675 | Morreu con 22 anos. | Fillo de Clodoveo II. Irmán de Clotario III. | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Teodorico III | 675 | 691 | Morreu con 37 anos. | Fillo de Clodoveo II. Irmán de Khilperico II. | Rei de Neustria (Roi de Neustrie) Rei dos Francos (Roi des Francs) (687–691) | |
Clodoveo IV | 691 | 695 | Morreu con 13 anos. | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Khildeberto III o Xusto | 695 | 23 de abril de 711 | Morreu con 41 anos. | Fillo de Teodorico III Irmán do anterior |
Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Dagoberto III | 23 de abril de 711 | 715 | Morreu con 14 anos. | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Khilperico II (Chilpéric II) |
715 | 13 de febreiro de 721 | Morreu con 49 anos | Probablemente fillo de Khilderico II | Rei de Neustria e Borgoña (Roi de Neustrie et de Bourgogne) Rei dos Francos (Roi des Francs) (719–721) | |
Teodorico IV | 721 | 737 | Morreu con 25 anos. | Fillo de Dagoberto III | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Os últimos reis merovinxios, non tiveron realmente o poder político, sendo o Mordomo do Palacio o que gobernaba no seu lugar. Cando Teodorico IV morreu no 737, o Mordomo de Palacio Carlos Martel deixou o trono vacante e continuou gobernando ata a súa propia morte no 741. Os seus fillos Pipino o Breve e Carlomán restauraron brevemente a dinastía merovinxia baixo o mando de Khilderico III no 742. No 751 Pipino depuxou ao rei e proclamouse a si mesmo como monarca. | ||||||
Khilderico III | 743 | novembro de 751 | Morreu con 37 anos. | Fillo de Khilperico | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía carolinxia (751-888)
[editar | editar a fonte]A dinastía carolinxia foi unha familia da nobreza franca con orixes nos clans dos Pipínidos e Arnúlfidos do século VII. A familia consolidou o seu poder a finais do século VIII, exercendo cargos como o de mordomo de palacio e dux et princeps Francorum de xeito hereditario e converténdose no verdadeiro poder detrás dos reis merovinxios. No 751, Pipino o Breve, destronou aos merovinxios co consentimento do Papado e a aristocracia e converteuse no Rei dos Francos.[6]
Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Pipino o Breve | 751 | 24 de setembro de 768 | Fillo de Carlos Martel | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Carlomán I | 24 de setembro de 768 | 4 de decembro 771 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Carlomagno | 24 de setembro de 768 | 28 de xaneiro de 814 | Fillo de Pipino o Breve | Rei dos Francos (Roi des Francs) Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (Imperator Romanorum) (800–814) | |
Lois I o Piadoso | 28 de xaneiro de 814 | 20 de xuño de 840 | Fillo de Carlomagno | Rei dos Francos (Roi des Francs) Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (Imperator Romanorum) | |
Carlos II o Calvo | 20 de xuño de 840 | 6 de outubro de 877 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (Imperator Romanorum) (875–877) | |
Lois II | 6 de outubro de 877 | 10 de abril de 879 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Lois III | 10 de abril de 879 | 5 de agosto de 882 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Carlomán II | 5 de agosto de 882 | 6 de decembro de 884 | Fillo de Lois II | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Carlos III o Gordo | 20 de maio de 885 | 13 de xaneiro de 888 | Fillo de Lois o Xermánico. Primo de Lois II e Carlomán II. Neto de Lois I o Piadoso. | Rei dos Francos (Roi des Francs) Emperador de Occidente (Imperator Romanorum) (881–887) |
Dinastía robertina (888-898)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía robertina.
Os Robertinos eran unha familia da nobreza franca que debían lealdade aos Carolinxios, e antepasados da Dinastía capetiana. Eudes, Conde de París, foi escollido polos Francos occidentais para ser o seu rei logo de derrocar a Carlos III o Gordo. Foi coroado en Compiègne en febreiro do 888 polo arcebispo de Sens.[7]
Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Eudes de París | 29 de febreiro de 888 | 1 de xaneiro de 898 | Fillo de Roberto de Anjou. Elixido rei en contra de Carlos III. | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía carolinxia (893–922)
[editar | editar a fonte]Carlos, o fillo póstumo de Lois II, foi coroado por unha facción oposta a Eudes na Catedral de Reims. Porén, só se converteu en monarca trala morte deste no 898.[8]
Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Carlos III o Simple | 28 de xaneiro de 898 | 30 de xuño de 922 | Fillo póstumo de Lois II. Medio-irmán de Lois III e Carlomán II. | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía robertina (922–923)
[editar | editar a fonte]Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Roberto I | 30 de xuño de 922 | 15 se xuño de 923 | Fillo de Roberto o Forte. Irmán de Eudes. | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía bosónida (923–936)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía bosónida.
Os Bosónidas foron unha familia nobre descendente de Bosón o Vello. Un membro da dinastía foi elixido Rei dos Francos no 923.
Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Raúl | 13 de xullo de 923 | 14 de xaneiro de 936 | Fillo de Ricardo, Duque de Borgoña. Xenro de Roberto I. | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía carolinxia (936–987)
[editar | editar a fonte]Retrato | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|
Lois IV | 19 de xuño de 936 | 10 de setembro de 954 | Fillo de Carlos III | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Lotario | 12 de novembro de 954 | 2 de marzo de 986 | Fillo de Lois IV | Rei dos Francos (Roi des Francs) | |
Lois V | 8 de xuño de 986 | 22 de maio de 987 | Fillo de Lotario | Rei dos Francos (Roi des Francs) |
Dinastía capetiana (987-1792)
[editar | editar a fonte]Trala morte de Lois V de Francia, o fillo de Hugo o Grande e neto de Roberto I, Hugo Capeto, foi elixido pola nobreza como Rei de Francia. A dinastía capetiana, composta por descendentes directos varóns de Hugo Capeto, gobernou Francia de xeito continuado desde o 987 ata 1792 e máis tarde de novo entre 1814 e 1848. Eran descendentes directos dos reis robertinos. As ramas menores desta dinastía, que gobernaron a partir de 1328, adoitan recibir os nomes de Valois e Borbón.
Rama principal (987-1328)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dinastía dos Capetos.
A liña principal de descendentes de Hugo Capeto adoita coñecerse como os Capetos directos. Esta liña extinguíuse en 1328, provocando unha crise sucesoria coñecida como a guerra dos Cen Anos. Aínda que houbo moitas ramas de pretendentes, as máis importantes foron a Casa de Valois e a Casa de Plantagenet.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Hugo Capeto | 3 de xullo de 987 | 24 de outubro de 996 | Neto de Roberto I | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Roberto II | 24 de outubro de 996 | 20 de xullo de 1031 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Henrique I | 20 de xullo de 1031 | 4 de agosto de 1060 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Filipe I | 4 de agosto de 1060 | 29 de xullo de 1108 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Lois VI | 29 de xullo de 1108 | 1 de agosto de 1137 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Lois VII | 1 de agosto de 1137 | 18 de setembro de 1180 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) | ||
Filipe II Augusto | 18 de setembro de 1180 | 14 de xullo de 1223 | Fillo do anterior | Rei dos Francos (Roi des Francs) primeiro monarca en utilizar o título Rei de Francia (Roi de France) | ||
Lois VIII | 14 de xullo de 1223 | 8 de novembro de 1226 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Lois IX | 8 de novembro de 1226 | 25 de agosto de 1270 | Fillo de Lois VIII | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Filipe III | 25 de agosot de 1270 | 5 de outubro de 1285 | Fillo de Lois IX | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Filipe IV | 5 de outubro de 1285 | 29 de novembro de 1314 | Fillo de Filipe III | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois X | 29 de novembro de 1314 | 5 de xuño de 1316 | Fillo de Filipe IV | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Xoán I | 15 de novembro de 1316 | 20 de novembro de 1316 | Fillo de Lois X | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Filipe V | 20 de novembro de 1316 | 3 de xaneiro de 1322 | Fillo de Filipe IV | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Carlos IV | 3 de xaneiro de 1322 | 1 de xaneiro de 1328 | Fillo de Filipe IV | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) |
Casa de Valois (1328-1589)
[editar | editar a fonte]A morte do último descendente directo de Hugo Capeto foi a causa da guerra dos Cen Anos entre a Casa de Valois e a Casa de Plantagenet polo control do trono de Francia. Os Valois reclamaban o dereito de sucesión por liña masculina de primoxenitura tendo eles o descendente directo máis próximo ao último rei francés, sendo este descendente do cuarto fillo de Filipe III. Os Plantagenet basearon as súas reclamacións en que eran descendentes dun rei máis recente, Filipe IV a través de Isabel de Francia e o seu fillo Eduardo III. As dúas casas reais combateron na guerra dos Cen Anos para reforzar as súas reclamacións, resultando finalmente vitoriosos os Valois. Un Plantagenet, Henrique VI de Inglaterra, exerceu o control de jure do trono francés grazas ao Tratado de Troyes, que foi a base da reclamación dos monarcas ingleses do trono francés ata 1801. A rama dos Valois viu extinta a súa rama principal en 1422, durante as guerras de relixión de Francia.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Filipe VI | 1 de abril de 1328 | 22 de agosto de 1350 | Neto de Filipe III | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Xoán II | 22 de agosto de 1350 | 8 de abril de 1364 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Carlos V | 8 de abril de 1364 | 16 de setembro de 1380 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Carlos VI | 16 de setembro de 1380 | 21 de outubro de 1422 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) |
Casa de Lancaster (1422-1453) (disputado)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Casa de Lancaster.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Pretendente | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Henrique VI de Inglaterra | 21 de outubro de 1422 | 19 de outubro de 1453 | Por dereito do seu pai Henrique V de Inglaterra, quen se converteu en herdeiro e rexente de Francia no Tratado de Troyes. | Rei de Francia (Roi de France) |
Casa de Valois (1328-1589)
[editar | editar a fonte]Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Carlos VII | 21 de outubro de 1422 | 22 de xullo de 1461 | Fillo de Carlos VI | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Lois XI | 22 de xullo de 1461 | 30 de agosto de 1483 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Carlos VIII | 30 de agosto de 1483 | 7 de abril de 1498 | Fillo do anterior | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Lois XII | 7 de abril de 1498 | 1 de xaneiro de 1515 | Bisneto de Carlos V Xenro de Lois XI Por segundo matrimonio, marido de Ana da Bretaña, viúva de Carlos VIII. |
Rei de Francia (Roi de France) | ||
Francisco I | 1 de xaneiro de 1515 | 31 de marzo de 1547 | Tátara-neto de Carlos V. Xenro de Lois XII. | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Henrique II | 31 de marzo de 1547 | 10 de xullo de 1559 | Fillo de Francisco I. Neto (materno) de Lois XII. | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Francisco II | 10 de xullo de 1559 | 5 de decembro de 1560 | Fillo de Henrique II | Rei de Francia (Roi de France) Rei de Escocia (1558–1560) | ||
Carlos IX | 5 de decembro de 1560 | 30 de maio de 1574 | Fillo de Henrique II | Rei de Francia (Roi de France) | ||
Henrique III | 30 de maio de 1574 | 2 de agosto de 1589 | Fillo de Henrique II | Rei de Francia (Roi de France) Rei de Polonia e Gran Duque de Lituania (1573–1575) |
Casa de Borbón (1589-1792)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Casa de Borbón.
A Casa de Valois parecía forte trala morte de Henrique II, quen deixou tres herdeiros varóns. O primeiro deles, Francisco, morreu sendo menor de idade. O segundo, Carlos IX non tivo herdeiros lexítimos para herdar. Tralo asasinato de Henrique III, Francia volveu a sumirse nunha crise sucesoria na que un curmán distante do rei herdaría o trono. O pretendente mellor situado foi o rei Henrique de Navarra, mais era protestante, un feito inaceptable para a maior parte da nobreza francesa. Tras gañar numerosas batallas na defensa dos seus dereitos, Henrique converteuse ao catolicismo e foi coroado rei, nacendo así a Casa de Borbón.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Henrique IV | 2 de agosto de 1589 | 14 de maio de 1610 | Décima xeración de descendentes varóns de Lois IX. Xenro de Henrique II, cuñado de Francisco II, Carlos IX e Henrique III. | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois XIII | 14 de maio de 1610 | 14 de maio de 1643 | Fillo do anterior | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois XIV o Rei Sol | 14 de maio de 1643 | 1 de setembro de 1715 | Fillo do anterior | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois XV | 1 de setembro de 1715 | 10 de maio de 1774 | Bisneto de Lois XIV | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois XVI | 10 de maio de 1774 | 21 de setembro de 1792 | Neto de Lois XV | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) (1774–1791) Rei dos Franceses (Roi des Français) (1791–1792) | ||
Lois XVII | 21 de xaneiro de 1793 | 8 de xuño de 1795 | Fillo de Lois XVI | (Disputado) Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) |
Primeira República Francesa (1792-1804)
[editar | editar a fonte]A Primeira República Francesa estivo vixente desde 1792 ata 1802, cando o Primeiro Cónsul Napoleón Bonaparte, foi proclamado Emperador dos Franceses.[4]
Casa de Bonaparte, Primeiro Imperio (1804-1814)
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Casa de Bonaparte e Primeiro Imperio Francés.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Napoleón I | 18 de maio de 1804 | 11 de abril de 1814 | - | Emperador dos Franceses (Empereur des Français) |
Dinastía capetiana (1814–1815)
[editar | editar a fonte]Trala derrota de Napoleón e o seu exilio na Illa de Elba, a monarquía dos Borbóns foi restaurada. O irmán do destronado Lois XVI, foi coroado rei baixo o nome de Lois XVIII de Francia. O fillo de Lois XVI foi considerado por moitos monárquicos como Lois XVII, aínda que nunca foi coroado e nunca gobernou antes da súa morte. Napoleón regresaría ao poder durante o período coñecido como os Cen Días en 1815. Trala súa derrota definitiva na Batalla de Waterloo, os Borbóns volveron a ascender ao trono e continuaron gobernando Francia ata a Revolución de Xullo de 1830 na que foron substituídos por unha rama menor, a Casa de Orleáns.
Casa de Borbón (1814–1815)
[editar | editar a fonte]Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Lois XVIII | 11 de abril de 1814 | 20 de marzo de 1815 | Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) |
Casa de Bonaparte, Primeiro Imperio (Cen Días, 1815)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cen Días.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Napoleón I | 20 de marzo de 1815 | 22 de xuño de 1815 | - | Emperador dos Franceses (Empereur des Français) | ||
Napoleón II | 22 de xuño de 1815 | 7 de xullo de 1815 | Fillo de Napoleón I | (Disputado) Emperador dos Franceses (Empereur des Français) |
Dinastía capetiana (1815–1848)[4]
[editar | editar a fonte]Casa de Borbón (1815–1830)
[editar | editar a fonte]Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Lois XVIII | 7 de xullo de 1815 | 16 de setembro de 1824 | Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Carlos X | 16 de setembro de 1824 | 2 de agosto de 1830 | Neto de Lois XV. Irmán de Lois XVI e Lois XVIII. | Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Lois XIX Antón | 2 de agosto de 1830 | 2 de agosto de 1830 (20 minutos) |
Fillo de Carlos X | (Disputado) Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) | ||
Henrique V | 2 de agosto de 1830 | 9 de agosto de 1830 (7 días) |
Neto de Carlos X Sobiño de Lois Antonio |
(Disputado) Rei de Francia e de Navarra (Roi de France et de Navarre) |
Casa de Orleáns (1830–1848)
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Casa de Orleáns e Monarquía de Xullo.
A Restauración dos Borbóns chegou ao seu fin coa Revolución de Xullo de 1830, na que se depuxo a Carlos X e ascendeu ao trono Lois Filipe de Orleáns. A monarquía cambiou as costumes do Antigo Réxime, substituíndoas por costumes máis populistas (o título de Rei de Francia pasou a ser de novo Rei dos Franceses). Lois Filipe mantívose no poder ata a Revolución de 1848, na que se instaurou a Segunda República Francesa.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Lois Filipe I | 9 de agosto de 1830 | 24 de febreiro de 1848 | Descendente, en sexto grado, de Lois XIII. | Rei dos Franceses (Roi des Français) |
Segunda República Francesa (1848-1852)
[editar | editar a fonte]A Segunda República Francesa estivo vixente desde 1848 ata 1852, cando o seu presidente Lois Napoleón Bonaparte, foi proclamado Emperador dos Franceses.[4]
Casa de Bonaparte, Segundo Imperio (1852-1870)
[editar | editar a fonte]Cando foi proclamado emperador, Lois Napoleón Bonaparte tomou o nome de Napoleón III de Francia. Anos máis tarde foi derrocado durante a guerra franco-prusiana. Foi o último monarca que gobernou en Francia, desde entón sucedéronse no país varios Gobernos republicanos.
Retrato | Armas | Nome | Desde | Ata | Relación co predecesor(es) | Título |
---|---|---|---|---|---|---|
Napoleón III | 2 de decembro de 1852 | 4 de setembro de 1870 | Sobriño de Napoleón I | Emperador dos Franceses (Empereur des Français) |
Pretendentes ao trono de Francia
[editar | editar a fonte]Varios pretendentes descendentes dos monarcas franceses reclamaron o seu dereito a ser o lexítimo monarca de Francia, rexeitando as reclamacións do Presidente de Francia, e as dos outros. Estes grupos son:
- Pretendentes lexitimistas ao trono de Francia: descendentes dos Borbóns.
- Pretendentes lexitimistas-Anjou ao trono de Francia: descendentes de Lois XIV de Francia.
- Pretendentes orleanistas ao trono de Francia: descendentes de Lois Filipe de Francia.
- Pretendentes bonapartistas ao trono de Francia: descendentes de Napoleón Bonaparte.
- Reclamacións inglesas ao trono de Francia: os Reis de Inglaterra e máis tarde do Reino Unido. Renunciaron en 1800.
- Pretendentes xacobitas ao trono de Francia: Descendentes de Eduardo III de Inglaterra. Tamén reclaman os tronos de Inglaterra, Escocia e Irlanda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sullivan, William. Historical causes and effects, from the fall of the Roman empire, 476, to the reformation, 1517. p. 213
- ↑ Grimshaw, William. The history of France from the foundation of the monarchy to the death of Louis XVI. p. 11
- ↑ Claudio Rendina & Paul McCusker, The Popes: Histories and Secrets, (New York : 2002), p. 145.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Hansen, M.H. (1967). Sterling Publishing Co., Inc., ed. Kings, Rulers, and Statesmen. NY, USA. pp. 103–107.
- ↑ Brown, Peter (2003). Blackwell Publishing Ltd., ed. The Rise of Western Christendom. Malden, MA, USA. p. 137.
- ↑ Babcock, Philip (1993). Merriam-Webster, ed. Webster's Third New International Dictionary of the English Language, Unabridged. MA, USA. pp. 341.
- ↑ Gwatking, H. M.; Whitney, J. P. (1930). Cambridge University Press, ed. Cambridge Medieval History: Germany and the Western Empire. Volume III. London.
- ↑ Parisse, Michael (2005). "Lotharingia". En Cambridge University Press. The New Cambridge Medieval History: c. 900–c. 1024 III. Cambridge, UK. pp. 313–315.